Esta páxina web vai estar en funcionamento mentres o alumnado permaneza na súa casa. Cada alumno/a accederá na columna da dereita ao seu respectivo curso ou materia para visualizar as tarefas que ten que realizar durante este tempo.
Lembramos ás familias que o curso non rematou, e que polo tanto é importante que fagan un seguimento das tarefas e respondan cando o profesorado o pida. Somos conscientes de que non todo o alumnado está a traballar nas mellores condicións, e valoramos o esforzo das familias para seguir as tarefas, por iso tamén os invitamos a que transmitan ao profesorado os problemas que poidan atopar para seguir o blog co obxecto de buscar solucións. Ánimo, xa queda menos!