1º Primaria

AVISO PARA ESTA SEMANA


Bo día.

O profe Javi, de 1ºB, terá a última videoconferencia cos nenos e nenas da clase o próximo xoves día 18 de xuño ás 16.15
A participación será voluntaria.
Así mesmo, se teñen cascos os nenos poden utilizalos para poder escoitar mellor. 
Lembren conectar a cámara e o micro para que os nenos se podan ver e podan falar. Se a conexión a través do ordenador lles da problemas, conéctense a través do teléfono móbil, pois co teléfono a conexión soe ir bastante ben.
O enlace para participar é o mesmo que nas anteriores videoconferencias.
Agardamos que o próximo contacto xa sexa presencial no mes de setembro.
Os titores de 1º reiterámoslles o noso agradecemento por toda a colaboración que nos prestaron durante estes últimos meses.
Gracias por todo e bo verán.









15 de xuño de 2020


Esta é a última semana de clase.
Ante todo queremos agradecer ás familias a involucración total nestes meses tan complicados para todos.

Agardamos poder retomar o vindeiro curso coa maior normalidade posible.

O plan de traballo para esta semana é o seguinte:

semana do 15 o 20 de xuño

Si tedes calquer dúbida ou necesitades algunha información, non dubidedes en poñervos en contacto con nós a través do correo electrónico.












AVISO PARA ESTA SEMANA

Bo día.
O profe Javi, de 1ºB, terá a seguinte videoconferencia cos nenos e nenas da clase o próximo venres día 12 de xuño ás 16.15
A participación será voluntaria, pero volvo a animar a que os nenos que aínda non participaron participen nesta.
Así mesmo, se teñen cascos os nenos poden utilizalos para poder escoitar mellor. 
Lembren conectar a cámara e o micro para que os nenos se podan ver e podan falar. Se a conexión a través do ordenador lles da problemas, conéctense a través do teléfono móbil, pois co teléfono a conexión soe ir bastante ben.
O enlace para participar é o mesmo que na anterior videoconferencia.

Vémonos o venres ás 16.15!!

https://meet.jit.si/primeiroarxentina




Luns, 8 de xuño de 2020

O plan de traballo para esta semana é o seguinte:

semana do 8 - 12 de xuño








AVISO PARA ESTA SEMANA

Bo día.
O profe Javi, de 1ºB, terá a seguinte videoconferencia cos nenos e nenas da clase o próximo venres día 5 de xuño ás 16.15. Poñémola pola tarde porque algunha familia pediume se podía ser de tarde.
A participación será voluntaria, pero animo aos nenos e nenas que non participaron na anterior a que participen nesta.
Así mesmo, se teñen cascos os nenos poden utilizalos para poder escoitar mellor. 
Lembren conectar a cámara e o micro para que os nenos se podan ver e podan falar. Se a conexión a través do ordenador lles da problemas, conéctense a través do teléfono móbil, pois co teléfono a conexión soe ir bastante ben.
O enlace para participar é o mesmo que na anterior videoconferencia.
Vémonos o venres ás 16.15!!






1 de xuño de 2020

A tarefa para esta semana é a seguinte:

semana do 1 o 5 de xuño

Ánimo que xá está máis preto o fin de curso.









Aviso

O vindeiro venres día 29 de maio o mestre Javi, de 1ºB, terá unha videoconferencia ás 11.30 da mañá cos nenos e nenas da clase. Como non todas as familias teñen dispoñibilidade horaria nin a posibilidade de conectarse á mesma hora, a participación será totalmente voluntaria.

Cómo?

Para facer a videoconferencia imos empregar a aplicación jitsi.org. É moi doada de utilizar, non precisa rexistro de usuario, e é segura pois a comunicación está encriptada.

Cómo fago para conectarme?

O primeiro que teño que saber é a dirección do chat onde se vai facer a reunión. Sempre vai comezar así...meet.jit.si/aquivaionomedareunión, é dicir, nós temos que entrar escribindo no navegador a seguinte dirección:  

Para conectarme podo utilizar un ordenador portátil co navegador google chrome. Se é a primeira vez que entramos vainos pedir que lle demos permiso ao micrófono e a cámara, dámoslle que sí.

Se queremos acceder desde o teléfono móbil ou tablet temos que instalar a aplicación jitsi meet. Imos á tenda de aplicacións correspondentes e a instalamos. Cando nos conectemos poñemos no nome da sala primeiroarxentina, conectamos micro e cámara e xa estaría.

Vémonos o venres ás 11.30!! 




25 de maio de 2020

Ola, bos días a tod@s.

Ante a entrada na fase 2 de desconfinamento, e debido á incorporación o traballo de máis persoas, queremos recordarvos que estamos á vosa disposición para que nos plantexedes as posibles dificultades particulares que vos poidan xurdir para levar a cabo este proceso de coeducación dos vosos fill@s.

Para esta semana , o traballo que vos plantexamos é o seguinte.
Un saúdo.

semana do 25 o 29 de maio








18 de maio de 2020

Esta semana propoñemos o seguinte plan de traballo.
Gracias pola vosa colaboración.
Un saúdo.

semana 18 - 22 maio









11 de maio de 2020

Aquí vos deixamos o traballo desta semana.
Un saúdo.

semana 11 - 15 maio







4 de maio de 2020

Este é o traballo para esta semana.
Empezamos a traballar cos libros.
Ante calquera dúbida , tedes os nosos correos electrónicos para consultalas.
Esperamos que sexa máis doada a labor educativa pola vosa parte.
Un saúdo. 

semana 4 - 8 maio






26 de abril de 2020

Aquí vos deixamos o traballo para esta semana.
Ánimo que é máis curta.

Traballo semana 27 - 30 abril



24 de abril de 2020

Nota informativa



Estimadas familias:

Durante os vindeiros días recibiredes no voso fogar os libros e libretas de matemáticas, lingua e lengua.

Pregamos que nos vaiades comunicando por correo electrónico cando vos cheguen, para así poder comezar todos xuntos a traballar con eles.

Mentras, seguiremos facendoo como ata agora. Publicaremos no blog a programación semanal, e só cando teñamos confirmación de que todos tedes os libros, comezaremos a traballar neles.

Un saúdo.








19 de abril de 2020

Ola, bo día.
Para esta semana imos facer un pequeno cambio e xa vos adiantamos a planificación de traballo de toda a semana, para que vos poidades organizar mellor.
Facede as tarefas cada día e si tedes dificultades ou preguntas podedes seguir contactando cos profes no correo electrónico. 
Agardamos que vos divirtades tamén cos xogos que poñemos para cada xornada.
Así mesmo, sempre que queirades, podedes repetir calquera das actividades das semanas anteriores que vos gustasen máis.
Ánimo que esta é a última semana pechados de todo. Para a semana xa poderedes empezar a saír un pouquiño a dar unha voltiña pola rúa, cousa que agradeceredes tanto vós como vosas nais/pais .

1ºA- felix75@edu.xunta.es
1ºB- javigarcia@edu.xunta.es


Traballo semana 20-24 abril




17 de abril de 2020

Queridos nenos e nenas:
Hoxe non vos imos a poñer traballo de reforzo e repaso, para que os que aínda non acabastes teñades tempo de facelo. Estamos nun momento excepcional polo que os profes tamén queremos ser flexibles e non saturarvos, sobre todo tendo en conta que algún dos vosos pais e nais traballan, polo que igual a axuda que vos poden ofrecer non é a mesma en todos os casos.
O que sí que vos pedimos é que fagades fotos das tarefas que fixestes nos últimos días e as enviedes ao noso mail para valorar ese traballo que estades a facer (algún xa o fixo).
Polo demáis, deixámosvos hoxe un conto moi moi chulo titulado "Nube branca", cuxa protagonista é unha india moi especial, para que leades o fin de semana. Podedes facer algunha das actividades tan divertidas que vos propón o conto (de respiración, movemento de lingua para imitar a un determinado animal, emocións a través da cara...), e tamén se queredes podedes facer un debuxo.
Unha aperta!
Profes Félix e Javi

1ºA- felix75@edu.xunta.es
1ºB- javigarcia@edu.xunta.es

Nube branca






16 de abril de 2020

Queridos nenos e nenas:
Cómo vai todo?. Agardamos que moi ben☺
Hoxe propoñémosvos un conto titulado "El secreto de Kosp". É un fermoso conto no que tamén aprenderemos matemáticas. A actividade que vos propoñemos é que, como se fose un tangram, debuxedes algunha figura coas figuras que forman o corpo de Kosp (por exemplo cun cadrado e cun triángulo xa teríamos unha casa). A ver a vosa creatividade!
Tamén vos deixamos dúas fichas de lengua (lembrade que ao comezar unha frase e despois de punto poñemos sempre maiúscula).
Asimesmo deixámosvos para traballar en Valores un video curtiño titulado "Por cuatro esquinitas de nada". É unha fermosa historia que nos fala do respecto ao diferente. A actividade que vos propoñemos é que fagades un debuxo e escribades o que máis vos gustou da historia e o porqué. Os de relixión por suposto tamén podedes facelo.
Lembrade ir facendo fotos das actividades que facedes e enviádenolas por mail (algúns xa o fixestes) para poder valorar o traballo que estades a facer, e se é o caso, poder darvos algún consello, suxerencia, proposta de mellora...
Ánimo que xa queda menos para saír á rúa. Sabemos que para vós, como nenos, é difícil estar tanto tempo sen saír, pero estádelo a facer moi ben e os profes estamos moi orgullosos de vós.
Unha aperta!

Profes Félix e Javi.

Se tedes algunha dúbida podedes consultarnos via mail:
1ºA- felix75@edu.xunta.es
1ºB- javigarcia@edu.xunta.es

Lengua 1

Lengua 2  














15 de abril de 2020

Ola, bos días:
Para hoxe propoñemos un repaso de matemáticas e sociais. 

tarefa mércores



Se tedes algunha dúbida podedes consultarnos via mail:
1ºA- felix75@edu.xunta.es
1ºB- javigarcia@edu.xunta.es

Unha aperta




14 de abril de 2020

Queridos nenos e nenas:
Cómo vai todo?.
Agardamos que estedes ben e que levedes o mellor posible esta situación de estar na casa sen poder saír. A ver se nuns días xa nos deixan saír un pouquiño, inda que só sexa para dar un pequeno paseo.
Imos comezar o terceiro trimestre con dúas lecturas comprensivas, cunha ficha para que nos faledes do voso animal favorito, e cun vídeo de repaso sobre o ciclo da auga. Despois de ver o vídeo podedes facer un debuxo escribindo os pasos do ciclo da auga. 
No caso das lecturas comprensivas, se non tedes impresora, non é necesario copiar as lecturas, con copiar as preguntas chega.
Tamén é importante que vaiades gardando todos os traballos que ides facendo, e que os vosos pais lles vaian facendo fotos co móbil, porque seguramente nuns días/semanas os profes titores vos pidamos que nos enviedes dalgún xeito (via mail por exemplo) esas fotos para poder valorar o traballo que estades facendo. 
Por último lembrade ler todos os días. É moi importante acabar 1º lendo con soltura. Aos profes tamén nos encanta ler ☺
Se tedes algunha dúbida podedes consultarnos via mail:
1ºA- felix75@edu.xunta.es
1ºB- javigarcia@edu.xunta.es

Unha aperta

Fálanos do teu animal favorito

Lectura comprensiva

Video sobre o ciclo da auga











3 de abril de 2020


Estimados nenos/as:
Como algún de vós aínda está co traballo dos libros e outros aínda non rematastes o traballo que fomos poñendo no blog, ata despois de Semana Santa xa non imos a poñer máis traballo aquí. Estamos nunha situación excepcional e queremos darvos tempo a ir facendo o traballo sen que vos saturedes nin vos quededes atrás.
O que sí é importante é que durante as vacacións de Semana Santa leades todos os días un pouco. A lectura é a base de todo e por eso é importante ler todos os días.
Agardamos que o pasedes o mellor posible nestes días de vacacións e que pronto nos podamos ver polo cole.
Se tedes dúbidas podedes escribirnos ao correo electrónico.

A- felix75@edu.xunta.es
1ºB- javigarcia@edu.xunta.es

Unha aperta.

Profes Félix e Javi    







1 de abril de 2020



Lembramos que as familias que aínda non se puxeron en contacto con nós nos escriban canto antes a estes correos electrónicos para contarnos se os nenos están facendo estas actividades (ou outras que podan estar facendo na casa), se teñen dúbidas, cómo viven esta situación de confinamento tan dura para todos, etc...
                                      
                                                                                  1ºA - felix75@edu.xunta.es

                                                                            1º B - javigarcia@edu.xunta.es



Queridos nenos/as:
Cómo vai todo?. Ánimo que xa nos queda a todos un día menos de confinamento.
Aínda que é duro, sobre todo para vós, que estades acostumados a saír, ir ao parque...; debemos pensar que con algo tan simple como quedar na casa podemos estar salvando vidas. Así que moito ánimo.
Para os que fostes rematando o traballo do blog deixamos aquí unhas fichas de lengua de repaso (ca, co, cu, que, qui, ga, go, gu, gue, gui...). Esto está xa bastante traballado na clase, pero aínda tiñamos erros (é normal cando estamos aprendendo a ler e escribir), así que convén repasalo. Aquí o deixamos.
Lembrade tamén ler todos os días. Eso é moi importante.
Unha aperta

Profes Félix e Javi








31 de marzo de 2020    

Lembramos que as familias que aínda non se puxeron en contacto con nós nos escriban canto antes a estes correos electrónicos para contarnos se os nenos están facendo estas actividades (ou outras que podan estar facendo na casa), se teñen dúbidas, cómo viven esta situación de confinamento tan dura para todos, etc...
                                      
                                                                                  1ºA - felix75@edu.xunta.es
                                                                            1º B - javigarcia@edu.xunta.es



Esperamos que vos gustasen as actividades de onte.
As actividades que propoñemos a continuación non son obrigatorias. Poñemolas por si algún acabou as tarefas anteriores.
Non é necesario imprimilas, podedes contestar as preguntas directamente na vosa libreta.

comprensión lectora

enredo matemático




30 de marzo de 2020

Hoxe imos propoñervos unha actividade para repasar os animais vertebrados.
Primeiro mirade este vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=5Tg0J59MYII

Agora teredes que facer un debuxo de cada animal (un mamífero, unha ave, un peixe, un reptil e un anfíbio), e en cada un poñerás o seguinte:
- Se son vivíparos ou ovíparos.
- Se teñen pluma, pelo, escamas ou pel.
- Se respiran por pulmóns ou branquias.
- Se teñen patas, ás ou aletas.

Ánimo!!

E si o acabar, queredes sacar unha foto na casa cun animal salvaxe.......pedídelle axuda a mamá ou papá , e co movil, seguide estes pasos.
A ver que sucede!!!

https://www.youtube.com/watch?v=pGZXVVSc78Q








27 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE:

As familias que aínda non contactastes con nós via mail, por favor facédeo o antes posible. Nese mail contádenos se accedestes ao blog, se os nenos/as están traballando nas actividades aí propostas (e outras que podan estar facendo), se atopan algunha dificultade...; Tamén nos poden contar que tal están levando os nenos/as o confinamento e todo o que desexen sobre esta situación tan excepcional que estamos a vivir.
Lembramos os nosos correos electrónicos para que nos escribades:


1ºA (profe Félix): felix75@edu.xunta.es

1ºB (profe Javi): javigarcia@edu.xunta.es








25 de marzo de 2020

Lembramos os nosos correos electrónicos por se os nenos/as teñen algunha dúbida ou nos queren contar o que están facendo ou como viven esta situación tan difícil para todos.

1ºA (profe Félix): felix75@edu.xunta.es

1ºB (profe Javi): javigarcia@edu.xunta.es


Queridos nenos e nenas:

Como algún de vos xa foi rematando o traballo que vos puxemos (tanto dos libros como do blog), deixámosvos aquí algunha actividade máis de matemáticas (cálculo e resolución de problemas), lingua galega e naturais, para que fagades nos vindeiros días.
No caso de matemáticas, lede en alto os problemas, pensade o que vos preguntan e qué operación (suma ou resta) tedes que facer para poder resolvelos. Pensade con calma sen precipitarvos. Lembrade comezar a sumar e restar sempre pola dereita (unidades).
En naturais propoñémosvos un experimento que podedes facer con algún avó, avoa, pai, nai...; logo podedes recoller os datos que vos piden e escribilos nun papel.
O que non rematou o traballo dos días anteriores que non se preocupe, ide facendo os exercicios pouco a pouco.
Estamos nunha situación excepcional e os profes Javi e Félix respectamos os vosos ritmos de traballo na casa.
Se algún non ten impresora na casa, podedes ir facendo os exercicios nunha libretiña ou en folios. Estamos ante unha situación nunca vista e temos que ir adaptándonos todos como poidamos. Seguro que con boa vontade irémolo conseguindo.
Todo este traballo que vos imos poñendo estes días podedes organizalo con liberdade.
O que é importante é manter un hábito,unha certa rutina de traballo diario, e ler todos os días, eso sí que é importante.

Unha forte aperta.

Profes Félix e Javi

Matemáticas

Lingua galega

Naturais


23 de marzo de 2020

Lembramos os nosos correos electrónicos por se os nenos/as teñen algunha dúbida ou nos queren contar o que están facendo ou como viven esta situación tan difícil para todos.

1ºA (profe Félix): felix75@edu.xunta.es
1ºB (profe Javi): javigarcia@edu.xunta.es

Queridos nenos e nenas:
Como vai todo?
Sabemos que estar na casa durante tantos días sen poder saír é duro, especialmente para vós, que estades acostumados a movervos, xogar, ir ao parque...
Debemos ter todos un pouquiño de paciencia e pensar que se aguantamos un pouco máis pronto poderemos volver á normalidade e a estar xuntos no cole.
Ademais se estamos un pouco máis na casa estaremos axudando a que ese virus malo do que xa falamos na clase, corra menos e ataque a menos persoas.
O profe Félix e o profe Javi lembrámonos moito de vós e enviámosvos unha aperta forte.
Polo demais, o pasado sábado foi o Día Mundial da Poesía, co que vos queremos deixar aquí uns poemiñas de Antonio Machado cunhas preguntiñas para que fagades na casa.
Lembrade ler todos os días e facer as actividades de matemáticas que vos propuxemos nas indicacións do día 16 de marzo.

Unha aperta.

Profes Félix e Javi

Leyendo a Machado







17 de marzo de 2020

Queridos nenos e nenas :
Os mestres titores de 1º nivel deixámosvos aquí outra lectura cunhas preguntiñas.
Lembrade que a lectura é a base de todo, polo que é moi importante ler todos os días.
Ide facendo pouco a pouco o traballo que nos quedaba dos libros de texto, e logo podedes comezar a facer as actividades que vos propoñemos neste blog. Algunha delas, como a de palabras encadeadas, podedes facelas en familia.
Os profes botámosvos de menos.
Moito ánimo!

Lectura comprensiva





16 de Marzo de 2020

Estimadas familias:

Ante esta situación imprevista de parada da actividade escolar, e tras a primeira medida adoptada de enviar os libros de texto do segundo trimestre, para que os remataran ou repasaran coa vosa axuda, ofrecémosvos unhas novas medidas (complementarias) para que poidades repasar e afianzar algúns dos contidos traballados durante este curso, e amplialos (na medida do posible) durante o periodo que dure a presente situación.

Dentro da oferta de actividades que ofrecemos, teredes que tentar seleccionar as actividades que máis se adapten ao nivel dos vosos fillos.

A maiores, iremos colgando no blog do centro diversas actividades a medida que pase o tempo.

Recomendamos que elaboredes un plan de traballo para os vosos fillos, sobre todo para que non se corten moito as rutinas escolares (dentro do posible).

Cabe recordar que todas estas tarefas non terán carácter avaliable, son medidas de reforzo.

De tódolo xeitos, poderedes estar en comunicación con nós, a través do correo electrónico.




De non ser posible, comunicádevos por teléfono co centro, para que nos remitan as vosas dúbidas.

Moita paciencia e confiamos en que nos vexamos pronto.

                                                                   Un saúdo





************************************************************************************************************************************************************

Actividades Competencia Lingüística:

Lectoescritura- neste momentos as nenas e nenos están adquirindo a mecánica lectoescritora. Por iso e importante que lean e tamén que se lles lea. Case todos dominan as letras, estando no momento de adquisición das trabadas (bl, br, pl, pr, tr, …), polo que seredes vos os que teñades que elexir e afianzar aquelas nas que presenten máis dificultades.

Algúns exemplos poden ser:

-Lectura diaria dun conto ou texto (sirven dos do libro de texto ou dos colgados no blog)

-Copias ou ditados pequenos de palabras ou frases sinxelas (letra minúscula)

-Escribir/nomear palabras que comecen por unha determinada letra, xogos de palabras encadeadas (casa-sapo-pozo…) para reforzar a concienciación fonolóxica.

-No blog do centro estarán colgadas unhas lecturas con preguntas.




Actividades Competencia Matemática:

A numeración e o cálculo son o eixe das matemáticas neste primeiro curso.

-Reforzar a numeración ata o 70 (en números e letra), con exemplos como: xogar cun bingo (pódese facer cunha folla e que escriban os numeros con lapis).

-Número anterior e posterior.

-Facer series numéricas a partir dun número, de 1 en 1, 2 en 2,hacia diante e atrás,…)

-Contar obxectos que teñan na casa (fabas, lapis de cores, libros,…)

-Facer 4 sumas e 4 restas cada día (sin levadas ) :         2 4           8 5
                                                                                               + 4 5        - 6 3
                                                                                               --------     -------

IMPORTANTE: comezar pola dereita sempre, primeiro unidades e despois decenas.

-Traballar todos os días a data no calendario, repasando os días da semana e meses.

-Facer xogos con diñeiro (real ou debuxado por eles) con moedas de 1 e 2 euros, e billetes de 10 e 5 euros, sumando e restando cantidades.



-Empregar a cinta métrica ou a báscula para que se vaian familiarizando coas medidas e cantidades.


************************************************************************************************************************************************************


                                                     Sumas de dúas cifras sen levada











                                                     


                                                       Resta de dúas cifras sen levada






                                                               Lectura comprensiva