Educación Física



CORREOS DE CONTACTO COS MESTRES DE EDUCACIÓN FÍSICA:
ramon@vinclan.com
noemi@vinclan.com

AVISO PARA ALUMNADO QUE TEÑA ALGUNHA AVALIACIÓN SUSPENSA NA MATERIA DE EDUCACIÓN FÍSICA:
A familia do alumnado que teña algunha avaliación suspensa ten que poñerse en contacto obrigatoriamente a través do correo electrónico do mestre especialista correpondente para facilitarlle as tarefas de recuperación por privado. Grazas.


-----------------------------------------------------------------------------------





Os vosos mestres de Ed. Física vos desexan un feliz verán!



11 de Xuño de 2020


Para rematar o curso imos propoñervos tres xogos que xa fixéchedes algúns e algunhas nas clases de Educación Física e na xornada da celebración do Magosto. Podedes enviarnos ao correo unha ficha explicando un dos xogos cun debuxo ou podedes facer un vídeo explicando e realizando o xogo. Aproveitade o material que teñades na casa para reciclar e construir os xogos. Por exemplo cartón, chapas ou tapóns, botellas de plástico...
As propostas son:
Xogo das chapas


Xogo da rá



Xogo dos bolos



9 de Xuño de 2020

O xogo que vos presentamos hoxe é un dos máis extendidos e practicados na nosa terra, sobre todo con bo tempo. Trátase da BILLARDA. Malia que existe unha gran variedade de nomes e regras, a característica común do xogo consiste en darlle cun pau (panca, palán, palín, palén ou varal) a outro máis pequeno (billarda, o que dá nome ao xogo, ou estornela), para elevalo e despois envialo o máis lonxe posible.
Os elementos necesarios son dous paus, duns 2 ou 3 cm de ancho. O máis longo debe ter 50 cm, e o máis curto, duns 15 cm, debe agudizarse polos dous extremos. 
Para xogar entón o primeiro será construir estos dous elementos. Cando xa os teñades retade aos vosos familiares ou amigos a ver quen é quen de golpear a billarda situada no chan  co palán (para elo deberemos impactar nun dos dous extremos da billarda) e unha vez que colla altura  golpeala de novo forte co palán mandandoa o máis lonxe posible. 





4 de Xuño de 2020

O TIRACHINAS


O Tirachinas, tamén coñecido como tirapedras, é un xogo popular de lanzamentos de precisión que serve para practicar a puntería a diferentes dianas: poden ser tixolas colgadas dunha parede ou mesmo pirámides de tubos ou latas. Como munición pódese empregar pedras, bólas pequenas metálicas, garavanzos, granos do millo...
Nos campionatos de tirapedras lanzan a uns platos que están colgados dunha corda a 10 metros de distancia.


Como mañá 5 de Xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente, imos propoñervos facer o tirachinas con material reciclado: rolos de papel hixiénico, un globo e un tapón de corcho. No vídeo hai unha pequena demostración do xogo.

 

Outra forma de facer o noso tirachinas podería ser cun vaso de plástico, un globo e poderíamos utilizar unha pelota de ping-pong para lanzar.


Esperamos que vos divirtades moito xogando e que nos enviedes fotos ou vídeos dos vosos tirachinas. Seguro que algún ou algunha de vós se lle ocorre facelo con outro material.


2 de Xuño de 2020

Seguimos cos XOGOS POPULARES, e hoxe vos imos  falar dun xogo moi extendido e que case todos coñecedes, estamos a falar da PETANCA. É un xogo importado de Francia baseado no lanzamento de precisión. Para xogar usamos varias bolas metálicas, duns 7 cm de diámetro, e un boliche ( bola moito máis pequeña similar a unha canica, que soe ser de madeira ). Podemos practicalo de xeito individual ou por equipos. Escollido o equipo que empeza, fan unha tirada, o xogador / a escolle lugar de lanzamento e traza arredor del un círculo dus 50 cm de diámetro. Lanza, entón, o boliche. A continuación, o mesmo xogador / a ou alguén do seu mesmo equipo, lanzará a primeira bola, tratando de arrimala ó boliche ( este xogador / a recibe o nome de arrimador ). Seguidamente, os xogadores / as do outro equipo lanzan tantas veces como sexa necesario ata que conseguen situar unha das súas bolas máis preto do boliche que a bola lanzada en primeiro lugar. Volve, entón, o equipo orixinal a lanzar. Gaña punto aquel equipo que consiga situar unha das súas bolas máis preto do boliche. O xogador / a gañador será o encargado de iniciar o novo tanto lanzando o boliche cara o lado contario do campo.
Vinilo Pixerstick Bolas de Petanca con un gato (cochonnet ...
            BOLAS DE PETANCA e BOLICHE

Materiais alternativos: Para xogar a este divertido xogo podedes fabricar as vosas propias bolas con follas de periódico ben prensadas e recubertas de cinta aillante ou celo, ou simplemente empregar as pelotas que teñades na casa ainda que sexan de diferentes tamaños. Coñecendo as regras do xogo, a imaxinación non ten límites. Ánimo e a divertirse!.




28 de Maio de 2020
Xogos populares

Como sabedes, os xogos populares son aqueles que  practicaban os nosos avós ou os nosos pais e que se foron transmitindo de xeración en xeración ata chegar a nós. Pensade que moitos anos atrás non había as cousas que hai agora (televisión, móviles, videoconsolas,...) e practicar estes xogos populares era a principal forma de entreterse nas aldeas, pobos ou cidades. Dependendo da zona na que se practicase, o mesmo xogo se podía chamar de diferente forma e incluso ter regras diferentes. 
O coñecer e practicar estes xogos populares na actualidade é unha forma de divertirse e de manter as tradicións e a cultura dun pobo, de ahí  que sexa importante lembralos.
Durante estos días ímos  lembrar algúns dos xogos que practicamos aquí no cole, e que son propios desta zona, para que os os poñades en práctica nas vosas casas ou na rúa cos vosos familiares e/ou amigos. Seguro que pasades ratos moi divertidos.  Como sempre non esquezades mandarnos fotos ou pequenos vídeos practicando estes xogos.
O primeiro xogo que vos imos a presentar é o da "MARIOLA", seguro que o coñecedes tod@s. Premede na imaxe que figura a continuación para lembrar as regras e como tedes que deseñar a vosa para poder xogar. 



                           XOGOS POPULARES NA CASA                         

Os irmáns Éric de 1º B e Hugo de 4º B son uns profesionais dos xogos populares. Aquí vos deixamos todo o que estiveron facendo neste días.






Hugo golpeando a billarda. 

Éric xogando á Billarda. 


Éric xogando á Mariola

Hugo xogando á Mariola

Iván de 4º A amósanos a súa destreza co tirachinas.

Hector Porto de 6º B nos manda este  vídeo practicando o xogo popular do tirachinas.



Laura Álvarez de 6ºA nos manda unha foto da súa Mariola feita na súa casa.

Diego Camaño de 5º A estivo practicando tamén xogos populares na súa casa, e como mostra estos dous vídeos que nos envía.








Éric de 1º B e Hugo de 4º B envíanos un vídeo xogando á Petanca. Moi atentos á cadela Nala que vai comprobar rapidamente quen gañou a partida!

Noa de 1º A envíanos este video saltando na Mariola.





25 de Maio de 2020

Tarefa final Baile Galego

Para rematar a práctica do baile galego, hoxe vos propoñemos facer esta versión da canción "Pousa" de Uxía Lambona e a Banda Molona. Nela repetiremos algúns dos puntos aprendidos a semana pasada. Esperamos os vosos vídeos bailando esta canción. Como os vídeos longos tardan moito en enviarse, recomendamos que enviedes un anaco da canción, mesmo o estribillo ou un dos puntos executados. 


22 de Maio de 2020


Máis puntos da Muiñeira

Co vídeo que vos amosamos a continuación invitámosvos a practicar tres novos puntos da muiñeira (lembrade que tal como vos decíamos o día anterior hai infinidade deles dependendo da zona xeográfica na que nos atopemos). Son moi sinxelos de executar. Practicádeos de cara a unha proposta de baile que vos poñeremos para a semana que ven.  Ánimo e a bailar!.




18 de Maio de 2020


                               Bailamos unha muiñeira?

Como sabedes así se chama o baile tradicional de Galicia. Imos aproveitar que recentemente celebramos o "Día das Letras Galegas" para afondar e practicar un pouco a muiñeira, unha das manifestacións culturais da nosa terra. Como cada baile tradicional, a muiñeira ten infinidade de "pasos", que no caso do noso baile se chaman "puntos", dependendo da zona na que se baile. 
Co seguinte vídeo podedes comezar a practicar algúns puntos básicos. Animade á vosa familia a bailar e non vos olvidedes de mandarnos os vosos propios vídeos amosándonos a vosa arte ao bailar a muiñeira. 

                                                                   


BAILE GALEGO NA CASA

Abril Freijeiro de 5º A nos manda este vídeo practicando os puntos do baile da muiñeira.


Xabi Losada tamén quixo compartir con nós a práctica dos puntos da muiñeira.





14 de Maio de 2020

 Coñecedes o xogo do Suavi-ball? 
Os materiais que precisades son:
- Obxectos para lanzar e recoller como pelotas de tenis, ping-pong, pompones, pelotas de papel ou mesmo as indiacas caseiras que xa fixemos no mes de marzo.
- Botella de suavizante, deterxente ou mesmo das grandes da auga que teñen un asa para agarrar. Pasos para a súa construcción:
1. Limpar ben a botella.
2. Cortar a botella pola parte inferior coa axuda dun adulto.
3. Podedes protexer o borde cortado con cinta ou precinto e decorar o suavi-ball con pegatinas, rotus permanentes...

PROPOSTA PARA O QUECEMENTOMovilidade articular. e un baile:




PROPOSTA DE XOGOS "SUAVI-BALL"

Para xogar de forma individual:
-Lanzar cunha man a pelota e recoller co suavi-ball. Despois cambiar de man.
-Aumentar a altura de lanzamento.
-Lanzar a unha parede e recoller co suavi-ball. Practicar as dúas mans.
-Aumentar a distancia á parede.
-Lanzar por enriba dunha corda (tendal por exemplo), pasar correndo por debaixo ó outro lado para recoller co suavi-ball.
-Lanzar hacia arriba e facer un xiro completo sobre sí mesmo antes de recoller a pelota.
- Se temos diferentes obxectos: pelotas diferentes, pompones, indiacas... comprobamos con cal nos resulta máis doado.

Para xogar en parellas cun familiar:
-Un lanza e outro recolle. Intercambiar roles. Lanzamentos altos e baixos.
-Lanzar de espaldas á parella. (Lanzamento alto).
-Lanzar entre as pernas. (Lanzamento baixo).
-Lanzar por enriba da rede (tendal ou similar). Lanzar por baixo tamén.
-Intercambio de obxecto. (No caso de que cada un teña un suavi-ball e unha pelota). Facer o intercambio ao mesmo tempo.

Para xogar en familia:
- Partidillos familiares, se todos temos un suaviball podemos xogar cunha corda que faga de rede e sería obrigatorio lanzar por enriba sumando un punto o equipo cada vez que un dos seus xogadores consegue recoller a pelota dentro do suavi-ball.

XOGOS ALTERNATIVOS NO CASO DE NON PODER FACER O SUAVI-BALL
- Palas de praia
- Badminton
- Tenis
....
Seguro que algo desto tedes pola casa o incluso cun libro e una pelotiña de papel podedes traballar a coordinación óculo-manual. 

ALONGAMENTOS DE BRAZOS

E rematamos con estos alongamentos de brazos despois de tanto lanzamento.

APROVEITAR OS PASEOS Á RÚA PARA FACER EXERCICIO FÍSICO!
MOITO ÁNIMO PARA TOD@S.


SUAVI-BALL NA CASA
Os irmáns Éric de 1º B e Hugo de 4º B envían o vídeo xogando ao Suaviball.


Miriam de 3º B nos manda a súa foto e vídeo desta actividade.

Preme na imaxe para ver o video


Kayla Rodiño de 5º B amósanos o seu suavi-ball todo decorado. Agora a practicar con el!



Neste vídeo vemos como Hector Porto de 6º B practica co seu suavi-ball.





11 de Maio de 2020

As tarefas do inicio desta semana son para facer no ordenador. Son uns xogos que comezan cunha breve explicación teórica para dar logo paso a  unhas actividades divertidas nas que vós mesmos podedes avaliar os resultados. O tema é o dos DEPORTES, para 1º, 2º e 3º de Primaria, e o VOLEI para 4º, 5º e 6º. Pinchade no enlace correspondente segundo o voso curso. 

(É necesario para poder traballar no voso ordenador que teñades activado o Flash Player). 

A divertirse!.


                         
                 1º- 2º  e 3º de Primaria                           4º, 5º e 6º de Primaria



7 de Maio de 2020

QUECEMENTO ARTICULARhttps://youtu.be/CRqOiihUly4

BAILE DEL SAPITO 

PROPOSTA DE XOGOS: SALTOS
ALTURITAS 

RETO: CHICLE CHICLE AMERICANO


Deixamos aquí outro vídeo con diferentes movementos e vos animamos a que nos enviedes ao correo as letras das cancións que coñecedes vós ou as vosas familias ou ben escritas ou se preferides nun video caseiro amosando o xogo. 


ALONGAMENTOS
Manter o alongamento durante 15 ou 20 segundos.




RETO E XOGOS COA GOMA ELÁSTICA NA CASA


Éric de 1º B e Hugo de 4º B envían os seus retos do xogo da goma Chicle, chicle americano.





Hector Porto de 6º B nos manda dous vídeos xogando coa súa familia á goma elástica: o reto de "Chicle, chicle americano" e "Alturitas".










5 de Maio de 2020

CADRADOS DE AXILIDADE-COORDINACIÓN


Continuando coa COORDINACIÓN, que xa os dixemos que é moi importante, esta vez vos propoñemos un xogo para facer só ou entre varios a través duns CADRADOS DE AXILIDADE.

-Marcaremos no chan tantos cadrados como participantes. O cadrado deberá ser o suficientemente grande para que nos collan os pés sen problema. No caso de ser varios deixaremos espazo suficiente entre eles.

-O xogo consiste en construir e repetir estructuras rítmicas cos nosos pés pisando nos lados, nos vértices, no centro ou no exterior dos cadrados cunha sucesión de movementos.

-Trataremos de facelo cada vez máis rápido.

-Cada estructura de movementos a manteremos durante 1 minuto aproximado.

-Se poden facer as coreografías entre varios, propoñendo un movemento cada un de cada vez, para que o resto reproduzca a secuencia de movementos.

-No vídeo que vai a continuación tedes exemplos de estructuras que podedes seguir, pero seguro que a vós se vos ocurren moitas máis. Aceptades o desafío?, ánimo e a moverse!.

-Lembrade mandarnos os vosos vídeos aos correos dos profes de Educación Física.







30 de Abril de 2020
Continuamos co traballo de coordinación. Para a proposta de hoxe, antes tedes que preparar o material. Podedes facelo de varias formas: ou como na explicación do seguinte vídeo ou imprimindo as pegadas do PDF que os deixo aquí:


Antes de comezar co xogo de coordinación, imos quentar un pouco cun baile que coñeces tod@s, incluídos os papis, mamis, tíos, tías, avós, avoas... 

EXPLICACIÓN DE PASOS 



BAILE DE QUECEMENTO: LA YENKA

XOGOS PROPOSTOS DE COORDINACIÓN, EQUILIBRIO E LATERALIDADE.
Colocades as pegadas como na plantilla do PDF ou se queredes, modificades a orde das pegadas. Nesta plantilla hai 15 filas, pero para os cursos de 1º e 2º podedes facer menos filas. E claro,se tedes un pasillo pequeno, adaptades o número de pegadas ao voso espazo.



Podedes cambiar a orde das pegadas, facer competicións na familia para ver quen consegue facer máis filas sen erros ou cronometrar o tempo para saber quen o fai máis rápido.  Esperamos que nos envíedes algún vídeo facendo este novo reto coa vosa familia e que o disfrutedes como nós na casa.

E PARA REMATAR SEMPRE : ALONGAMENTOS




28 de Abril de 2020

COORDINACIÓN
Imos traballar a coordinación, que é moi importante, empregando unha “escaleira de coordinación” que podedes facer na vosa casa. No vídeo tendes unha serie de propostas aínda que podedes probar os vosos propios movementos. Lembrade que se queredes facer alguna consulta ou amosar o voso traballo na escaleira con fotos ou vídeos (de curta duración), só tedes que enviárnolos ao correo electrónico dos profes de Ed. Física para deste xeito compartilo con tod@s. Ánimo e a moverse!.

Quecemento: algún dos vídeos que puxemos en semanas anteriores.
Parte Principal: Tal como se amosa no vídeo, despois de debuxar a vosa escaleira de coordinación podedes repetir cada exercicio catro veces, cada vez máis rápido, e engadir os vosos propios movementos.

Estiramentos: como en días anteriores ou como xa sabedes.



COORDINACIÓN NA CASA


Éric de 1ºB nos envía o seu exercicio no cadrado de coordinación.



E aquí temos a Hugo de 4º B facendo tamén o seu exercicio no cadrado de coordinación.



Os irmáns Éric e Hugo traballan moitísimo. Hoxe enviaron os vídeos xogando ás pegadas.





Éric de 1º B e Hugo de 4º B nos envían fotos realizando os exercicios na escaleira de coordinación.


Iria de 2º envía o seu vídeo co xogo das pegadas.

Xavi Losada de 5º B nos manda estos dous vídeos practicando diferentes movementos no cadrado de coordinación.







E agora vémolo en acción  na súa escaleira de coordinación.






Jose Antonio Barral de 5º A amósanos a súa práctica no xogo de coordinación mans-pés.






Pedro de 3º A envíanos o vídeo co reto da coordinación de mans e pés. Grazas por compatir!



Jario de 2º amósanos a súa axilidade nas plaquetas da súa casa. Fenomenal!



Iván de 4º A nos manda un vídeo cos exercicios de coordinación no cadrado de axilidade.

Hector Porto de 6º B nos manda un vídeo de coordinación coas pegadas de pés e mans no chan. Seguro que pasou un rato ben divertido!.






César de 3º A comparte a súa práctica de coordinación empregando as baldosas. Gracias familia!





23 de Abril de 2020


1. QUECEMENTO: El baile del cuerpo

2. MÁIS SOBRE HOCKEY. Recordade que son propostas e que sempre podedes inventar outros movementos.




3. ACTIVIDADE LIM recomendado para o alumnado a partir de 4º curso.

Preme na imaxe para acceder ao xogo (Precisa ter activado o Adobe Flash Player)

 HOCKEY NA CASA

Éric de 1º B e Hugo de 4º B xogando aos bolos cada un co seu stick caseiro personalizado.


Iván de 4º A nos envía a súa práctica de hockey en casa co stick feito co material de refugallo.  Moi bo dominio da bóla!



Lidia de 3º B envíanos os seus exercicios de hockey. Mirade no segundo vídeo como introduce a bóla no tubo. Impresionante!



Xavi Losada de 5º B nos manda estas fotos do seu stick feito na casa

Tamén temos vídeo de Hector Porto de 6º B co seu flamante stick





21 de Abril de 2020
1. PREPARACIÓN DO MATERIAL
Podedes empregar unha vasoira e pelotas de papel ou.... se vos poden axudar na casa, podedes intentar facer un stick caseiro. Aquí deixo o enlace para facelo: https://youtu.be/Q1gQKPGKoUU
No vídeo empregan un envase de fairy pero eu fixen o meu cun tetrabrick. Facédeo como queirades.
 
2. QUECEMENTO: Bailes coa vasoira ou co stick.
Baile: "La marcha de la escoba" de Yola Polastry.
Coreografía "Caballito de palo" do Mundo Gury.

3. HOCKEY EN CASA: Proposta de exercicios e xogos.
Desprazamentos 

Exercicios de control da bóla





A xogar...aos bolos


Tamén podedes facer tiros á portería, poñendo botellas como postes ou calquera outro xogo que se vos ocurra. Xa sabedes que a vosa creatividade e imaxinación é infinita.

4. ALONGAMENTOS

                    

RETOS DE ACROSPORT EN FAMILIA

Imos publicar neste apartado as fotos do reto de Acrosport en familia que nos van chegando.

Estas son algunhas das fotos que Roberto de 1º A fixo coa súa nai. Grazas familia por compartir!





Xabier Torres de 6º B fai esta figura co seu pai





A familia numerosa dos irmáns Éric e Hugo Rial comparten con nós as súas acrobacias deste reto. Gracias familia!
 

Alba Handt de 6º A e seu pai fannos esta figura de acrosport en parella



 Hector Porto de 6º B amósanos esta pirámide humana de tres membros 




Aquí temos as tres figuras que fixo Jario de 2º. Estades feitos uns acróbatas!



A familia de María de 1º B e Sofía de 4º B fixo unhas figuras moi chulas co seu curmán Fran, antigo alumno do noso centro. Grazas familia, sodes estupendos!


Aquí tedes as figuras feitas por Xavi Losada, de 5º B e a súa irmá. Premede na foto para ver as fotos máis amplas.


16 de Abril de 2020

Aproveitando que nos seguen chegando fotos de figuras de acrosport do reto acrobático "Quédate na casa" que vos plantexamos en semanas anteriores, imos  repasar uns conceptos desta modalidade deportiva que xa vístedes moitos de vós en cursos anteriores:

"El Acrosport o gimnasia acrobática, incorporada en la Federación Internacional de Gimnasia en 1999, es una modalidad deportiva de cooperación donde varias personas sincronizan sus movimientos para conseguir figuras o pirámides humanas.
Para lograr la ejecución de figuras, algunas extremadamente difíciles, tiene que existir armonía y coordinación entre el grupo. La persona que se sitúa en la parte superior, llamada ‘ágil’, es la más pequeña y ligera. La que hace de base se la conoce como ‘portor’, que soporta el peso de la pirámide.  Y los denominados ‘ayuda’ facilitan la formación de la pirámide y previenen posibles incidentes."
Ahí vai o reto, atrevédesvos a facer unha figura ou pirámide en familia, con dous ou máis membros? . A continuación vos poñemos uns exemplos de figuras de dúas e tres persoas. Se queredes compartir este reto mandádenos fotos ou vídeos aos correos dos profes. Ánimo e a divertirse!

-Exemplos de figuras (por suposto as vosas poden ser orixinais). Premede nas imaxes para velas máis grandes:

                    
         





CIRCUITOS DE HABILIDADES MOTRICES

Jairo de 2º envía o seu circuito de desprazamentos. Imparable este deportista!

Nora de 4º B comparte con nós un vídeo espectacular coa súa cadela Coba.
Preme na foto
María de 1º B nos envía o seu circuito cun montón de obstáculos por toda a casa. Moi ben!
Preme na foto para acceder ao vídeo

Gala de 1º A comparte o seu circuito de desprazamentos engadindo unha dificultade: levando unha boliña coa culler na boca. Es unha artista!


Sabela de 4º B comparte con nós o seu circuito de desprazamentos e engadiu a súa aportación doutras habilidades como os xiros. Grazas familia!
Sofía de 4ºA  mándanos un vídeo do circuito que montou na súa casa. Menuda canasta! e o salto da banqueta... que boa idea! Grazas por compartir.


OUTRAS ACTIVIDADES MOTRICES

Miriam de 3º B nos envía un vídeo santaldo á comba. Preme na foto para acceder ao vídeo.


Preme na foto


Alba Handt de 6º A amósanos o ben que baila na súa casa cunha das nosas propostas.





Lidia de 3º B envionos moitos vídeos facendo abdominais, sentadillas, subindo e baixando escaleiras, bailando... pero o que máis nos gustou foi este no seu xardín, facendo saltos e lanzamento a canasta. Grazas por compartir!

Nestes dous vídeos vemos como Jacobo de 5º A aproveita para facer exercicio na súa casa empregando unha cinta andadora e unha elíptica. 







Valeria de 4ºA tamén comparte con nós un vídeo moi especial do Club Biqueira onde participa ela xunto con outras alumnas do noso cole.
Fantástico chicas!

As irmás Marta de 1º B e Sofía de 5º B enviaron o exercicio da carretilla que fixeron en familia. Estupendo chicas!

A familia de Jairo de 2º envíanos estes videos onde están a practicar Voleibol e Balonmán. Gracias por compartir! 



14 de Abril de 2020

1. QUECEMENTO
Baile: "Quédate en casa" de Ariel de Cuba.
Explicación de pasos sen música. Se tedes uns cintos ou algo similar para marcar no chan, os axudarán a seguir os pasos.

Realización do baile con música.



2. PROPOSTA DE DESPRAZAMENTOS

- Retos para hoxe: 
Cantos pasos necesitas para percorrer toda a casa andando? e en carreira?... canto tempo tardas?
De cantas formas diferentes podes facelo?
Podes practicar todos os tipos de desprazamentos que fixemos nos anteriores trimestres. 
Para recordar deixo aquí algunhas pistas:
Marchas e carreiras en diferentes direccións
Podemos imitar animais: cabalos (skipping), gatiños (gateo), cangrexos (apoio de mans e pés co abdome arriba) e serpes (arrastre).

- Xogos de fortalecemento para facer en familia:

Carretilla
A caballito (Preme na imaxe)

Xogo: Cadeira da raíña

- Competións de pasillo coa familia:
Proposta: sentados, arrastrando o cú polo chan e facendo forza coas abdominais e cos pés (sen poder usar as mans).

- Montar un circuito pola casa.
Realizar carreira de ida e volta arredor dunhas botellas colocadas en liña.
Facer zig-zag entre as botellas.
Saltar as botellas.
Pasar por debaixo das cadeiras do salón ou da cociña.
Pasar por debaixo das mesas...

3. VOLTA Á CALMAO saúdo ao sol.


-------------------------------------------------------------------------




RETOS CONSEGUIDOS!
Aquí deixo algúns dos traballos que están a compartir o alumnado con nós. 
Soamente publicaremos aqueles que vós autoricedes por escrito no correo enviado. 
Moitas grazas familias, a vosa labor é moi importante nestes momentos.


Jimena de 5º A amósanos como construiu o seu nome aplicando o inxenio.

Outra familia numerosa que se une ao reto é a de Miriam de 3º B, Raquel de 6º Infantil e Irene de 4º de Infantil. Dende o primeiro día seguen os bailes e os exercicios do blog e hoxe decidiron mandar a súa frase do reto: Lava as mans!





A palabra que escolleron os irmáns Éric de 1º B e Hugo Rial de 4º B é Unidos

Grazas familia. Sodes estupendos!

Aquí tedes as figuras feitas por Xavi Losada, de 5º B coa súa familia, que nos recorda o causante de toda esta situación que estamos a vivir: Covid 19. Premede na imaxe para vela máis ampla.


A familia de Eloy de 3º B e Julia de 5º B nos mandan a mensaxe: Quedo na casa






A familia de Gala de 1ºA e Iria de 2º envionos un vídeo moi bonito coa menxaxe: En casa y tú?


Aquí está a mensaxe da primeira familia en participar no reto: Uxía de 5º A, Xyan de 2º e a súa familia coa súa palabra: JUNTOS (Encántame a palabra que escollíchedes, porque nestes días temos que estar máis unidos ca nunca tod@s: alumnado, familias e mestres, formamos un gran equipo!
--------------------------------------------------------------------------------



3 de Abril de 2020

Imos coñecer cales son os xestos técnicos que se empregan en VOLEIBOL, ese deporte no que durante o xogo a pelota non se agarra, se non que se golpea. Por iso os xestos técnicos aos que nos referimos van  ser "golpeos". E se queredes saber máis cousas sobre este deporte de equipo, ollade o menú da esquerda do seguinte enlace. Premede na imaxe e adiante!.


Se dispoñedes de globos na casa practicade o voleibol. Cantos toques ou golpeos seguidos sodes capaces de facer sen que caia ao chan?, Cantos toques seguidos podedes facer a base de pases cos vosos irmáns, pais ou familiares?... .

------------------------------------------------------------------------------------


2 de Abril de 2020

1. PREPARACIÓN DE MATERIAL: CARIOCAS


Deixo aquí outro enlace onde explican diferentes formas de facer as cariocas,
sobre todo para os que non podedes descargar ben os vídeos:

2. PROPOSTAS: QUE PODEMOS FACER COA CARIOCA?

- Xiros para diante coa man dereita colocando a carioca a un lado do corpo. 
- Facer o mesmo no lado esquerdo coa man esquerda.
- Xiros para atrás coa dereita e tamén coa esquerda.
- Xiros por enriba da cabeza. Tamén practicar con ambas mans.
- Xiros debuxando "oitos" no aire por diante do corpo. Practicar dereita e esquerda.
- Se fixeches dúas cariocas podedes practicar estes mesmos exercicios coas dúas ao mesmo tempo.

Aquí vos deixo un vídeo práctico doutros movementos para os máis atrevid@s....


BAILE FIN DE TRIMESTRE: ISTO BAILASE ASÍ de Uxía Lambona e a Banda Molona.




------------------------------------------------------------------------------------
-------------------------------------------------------------------------


30 de Marzo de 2020
1. QUECEMENTO 


2. REPASAR EL RAP DE LOS DEPORTES

3. BAILE: I LIKE MOVE IT


4. XOGAMOS CON GLOBOS?


Se tedes algún globo pola casa podedes practicar os saques e os golpeos de voleibol con esta idea.
Para o saque alto e o toque de dedos, colgamos o globo como no vídeo, á altura da nosa man cando o brazo está levantado e estirado para arriba.
Para facer saque baixo e o toque de antebrazos, colgamos o globo moito máis abaixo empregando dúas cintas ou un fío máis longo. 

XESTOS TÉCNICOS DE VOLEIBOL 


5. VOLTA Á CALMA

RETO ACROBÁTICO "QUEDO NA CASA"

Escoller da imaxe do ABECEDARIO DE ACROSPORT as letras para facer coa túa familia unha frase do estilo: "Quedo na casa" ou outra que se vos ocurra que sexa positiva. Podedes facer fotos das letras e enviarmas ao correo noemi@vinclan.com.

TEDES TAMÉN OUTRAS PROPOSTAS PARA FACER EN FAMILIA NO BLOG DA BIBLIO.

PARTICIPA!!


------------------------------------------------------------------------------

26 de Marzo de 2020


1. QUECEMENTO DAS ARTICULACIÓNS






3. BAILE: MEU O MUNDO É (de Paco Nogueiras)

4. PROPOSTA DE XOGOS

LANZAMENTOS CON INDIACAS

Aquí tedes un vídeo tutorial para facer a vosa indiaca. Só precisades tres follas dun xornal, revista ou papel para reciclar e dúas bolsas de plástico. Se queredes que quede máis brandiña a podedes rellenar cun calcetín enrolado ou trociños de tea no lugar do papel.



As miñas indiacas quedaron así. Espero ver as vosas á volta das clases. 

Como xogar?
Golpéase pola parte da bóla coa palma da man aberta, como se fose unha pala ou raqueta. 
Podedes:
-golpear cara adiante no pasillo por exemplo, a ver ata onde chega.
-golpeala cara arriba, a ver quen chega ao teito da casa.
-contar o número de toques que conseguides facer seguidos sen que caiga ao chan.
-lanzar a un punto fixo: unha caixa, a papeleira, un peluche que coloquedes nun estante alto... o que queirades. A vosa imaxinación sabedes que é enorme!!
-se tedes con quen xogar, podedes facer pases sen rede ou con rede (cordel do tendal por exemplo).
-se podedes facer moitas porque tedes os materiais, podedes facer a Batalla de indiacas en familia.
Marcades dous campos de xogo (mitad do salón para cada un ou parella). Durante 1 minuto aproximadamente tedes que lanzar as indiacas ao campo contrario e o que teña menos indiacas no seu campo gaña a partida. Eso sí, recordar golpear coa palma da man. Non vale doutro xeito.

5. RELAXACIÓN.
Como sabedes hai que rematar a actividade física cunha volta á calma. Hoxe deixo este vídeo con alongamentos cunha bonita canción de Guadi Galego: O mundo está parado.



Houbo quen xa me escribiu ao correo e comentoume que algún vídeo non os dan descargado polo volume que ocupa. Intentarei que os próximos videos sexan máis curtos para que non teñades problemas.

Para o traballo dos maiores de 5º e 6º tedes recursos e información no blog da biblioteca na pestana: 

OS NOSOS TRABALLOS 


ATA SEMANA! 

--------------------------------------------------------------------------------
25 de Marzo de 2020


ACTIVIDADE PARA 5º e 6º de PRIMARIA


Ola!. Como levamos este confinamento?. Paciencia, en pouco tempo voltaremos á actividade. 
Aproveitando que estades nas casas, que mellor ocasión para investigar un pouco sobre o que facían os vosos pais e nais, ou avós, cando eran pequenos. Refírome aos XOGOS POPULARES que se practicaban na rúa como forma de entretenemento. Por iso vades a cubrir nunha cara dun folio unha ficha sobre un xogo que practicaban os vosos familiares. A mesma levará os seguintes apartados:

XOGOS POPULARES
-NOME:
-BREVE DESCRIPCIÓN:
-MATERIAIS NECESARIOS:
-REGRAS BÁSICAS:
-DEBUXO:

Ánimo, á volta tentaremos poñelos en práctica!
----------------------------------------------------------------------------------


23 de Marzo de 2020



Ola a tod@s.
Imos coa clase de hoxe.

1. QUECEMENTO: BAILE DA CANCIÓN "TE MUEVES TÚ, SE MUEVEN TODOS"

2. REPASAMOS O 1º BAILE DO PROXECTO "LOS JUEGOS OLÍMPICOS" 


3. REPETIR O 2º BAILE PARA O PROXECTO " El RAP DE LOS DEPORTES"

4. BAILE CON RITMO MÁIS INTENSO: SALTA!


5. PROPOSTA DE XOGOS

LANZAMENTOS DE PRECISIÓN

Á CESTA!
Podemos xogar a facer canasta nunha caixa , cubo da fregona, papeleira... o que teñades. Lanzamos diferentes obxectos: pelotas de tenis, peluches, gorras, pompones, calcetíns enrolados, guantes...

Á BOTELLA!
Lanzar a dar a unha botella de plástico. Podemos cambiar o tamaño das botellas para aumentar  a dificultade. Utilizar os mesmos obxectos que no xogo anterior.

BOLOS
Podedes usar botellas de plástico baleiras do leite o da auga. Colocamos en triángulo as botellas e lanzamos dende unha distancia de 2 a 4 metros segundo a vosa capacidade. Ide aumentando a distancia do punto de lanzamento a medida que conseguide derribar máis bolos. Podedes empregar os mesmos obxectos para lanzar que os xogos anteriores.

LANZAMENTOS  E RECEPCIÓNS
MALABARES
 Podedes utilizar "pelotas ou obxectos" de diferentes tamaños. Canto máis pequeño sexa o obxecto maior será a dificultade. 
-Lanzar cunha man ao aire hacia arriba e recoller coas dúas mans.
-Lanzar e recoller cunha soa man.
-Intentar lanzar dous obxetos ao mesmo tempo.
-Intentar con 3 (reto para os máis maiores)
Aquí tedes un vídeo explicativo moi sinxelo para practicar



VIDEO TUTORIAL PARA FACER PELOTAS DE MALABARES




E ATA AQUÍ A SESIÓN DE HOXE. 

ANIMO A TODOS A VISITAR O NOSO BLOG DO PROXECTO ARDIA 2020 E RECORDAR O QUE LEVAMOS FEITO O LONGO DESTE CURSO.

MOITAS APERTAS!!
-------------------------------------------------------------------------------------




18 de Marzo de 2020

Ola alumnas, alumnos, mestres e familias!

Imos xogar ao SCAPE ROOM ou Xogo de escape. Estamos encerrados nas nosas casas e para conseguir que os científicos dean coa saída, teremos que bailar, saltar, lanzar... XOGAR!



1. BAILE DE QUECEMENTO: MÓVETE!
Canción de Paco Nogueiras. (Seguro que o coñecedes, podedes buscalo nas redes sociais, ten moitas cancións en galego)



2. PASOS BÁSICOS DO SEGUNDO BAILE DO PROXECTO ARDIA 2020:
 EL RAP DE LOS DEPORTES de Juan "D" e Beatriz.



Este baile estaba preparando para o último día antes das vacacións de Semana Santa. Se para entonces estamos no cole, espero que tod@s xa o saibades. É moi sinxelo. Repetilo as veces que queirades porque non require gran esforzo físico.

3. PROPOSTA DE XOGOS

A BOLERA HUMANA.
Precisamos unha pelota branda. Se non tedes podedes facelo con esponxas, calcetíns enrolados, peluches... ou calquera obxecto que se vos ocurra que non faga dano.
Un da familia fai de lanzador e o resto da familia colócanse diante dunha parede. O lanzador intentar darlles coa pelota e o resto esquiva saltando cos pés xuntos, non se pode correr. O que sexa dado, pasa a lanzar.

O CERDITO DO MEDIO.
Temos dúas formas de xogar. 
1. Dous pásanse a pelota e o do medio intenta quitarlla.
2. O do medio ten que esquivar a pelota.

QUE NON CAIGA
Xogamos a pasar a pelota sen que caiga ao chan. Reto: facer o maior número de pases consecutivos.

CANTO SALTO PARA ARRIBA?
Saltar preto dunha parede o máis alto que se poida. Partimos da posición de pés separados a mesma distancia que temos entre os ombreiros, flexionamos ben as pernas para coller o impulso e saltamos. 

SALTO DE LONXITUDE
Saltar dende a mesma posición do xogo anterior cara adiante. Podemos poñer un obxecto no chan para marcar ata onde chegamos e logo medir. Despois intentar batir esa marca.

COMBA
Se non tedes comba podedes empregar cordel do tendal, cinturóns de karate, as correas dos cans se tedes... eu que sei. A ver que se vos ocurre! 
1º e 2º Primaria: Saltos ao galope alternando a perna ou intentar facer saltos dando coa comba para diante ou para atrás. Ide probando. Algúns xa sabedes, outros a seguir practicando igual que na clase.
3º e 4º Primaria: Saltos dando a comba adiante e atrás. Saltos a pata coxa dereita e esquerda.

ALONGAMENTOS



BICOS VIRTUAIS PARA TOD@S! 




3 comentarios: