CONTADES CONNOSCO!
Profe Elena: elenafernandezcorras@gmail.com
Profe Laura: laurarios@vinclan.com
_____________________________________________________
18 de xuño de 2020
Dende o Departamento de
Orientación as profes Elena e Laura queren despedir a unha moi grande alumna e a un alumno grande grande tamén. Os dous
deixan o noso cole para iniciar unha nova andaina. Desexamos que todo lles vaia moi ben e
agradecemos todo o que nos deron durante estes cursos. Non podemos estar máis orgullosas
do voso paso polas nosas aulas.
Feliz verán a todos e a
todas!
________________________________________________
15 de xuño de 2020
CORTOS PIXAR
Ola familias !!
Hoxe recomendámosvos algúns cortos como "Pajaritos", "La luna" , "El regalo"
Despois de velos podedes contar a historia ou facer un debuxo do que máis vos gustou.
E se vos animades podedes enviarlo.
_____________________________________________________
2 de xuño de 2020
MERENDAS EN FAMILIA
Hoxe propoñemos cociñar en familia. Deixamos no enlace seis receitas
sinxelas de merendas explicadas con debuxiños.
Así os máis cativos poderán
axudar a preparar algo rico.
Poderán elixir entre un batido, un
zume, macedonia, un emparedado... E recomendamos a profe Elena a tarta ou o biscoito cos nosos
parabéns para este venres. Sairá todo riquísimo!
_____________________________________
1 de xuño de 2020
GUÍA PARA O ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL NA CASA DURANTE O
CONFINAMENTO
Hoxe traemos un material útil xenial e precioso. Lorena Conde Vázquez, unha
mestra de AL, fixo unha guía para o acompañamento emocional na casa durante o
confinamento que esta causando sensación nas redes. Pretende ser unha
axuda sobre a maneira de abordar as emocións durante o período de
confinamento. O obxectivo principal é que o alumnado sexa capaz de
sentirse mellor por si mesmo, axudándose con ela sempre que o precisen.
Deixamos enlace para descargala:
https://drive.google.com/file/d/1nIZQaFRTuEh2qERhzHVN-N6XOxewwnrf/view?usp=sharing
25 de maio de 2020
Boas familias!!
A. Sánchez publicaba na web de “educapeques”
un conto escrito por un neno chamado Adrián. Consideramos que é moi apropiado
para dar visibilidade a diversidade sensorial e para que as nosas nenas e os
nosos nenos coñezan a historia de Malala.
“Erase una vez una niña que nació en Mingora, un pueblecito de Pakistán. La pequeña, quería ir al colegio pero estaba prohibido para las niñas.
Cuando ya supo leer y escribir lo suficientemente bien, empezó a escribir y defender a las mujeres de su tierra, a pedir su derecho a la educación y explicando su vida y como habían logrado cerrar los colegios para que las niñas no pudieran asistir.
Poco a poco, Malala fue cada vez más conocida en su tierra, Pakistán, y su fama como defensora de la educación de las niñas, traspasó las fronteras de su país.
Quienes allí mandaban, la consideraban ya como una enemiga, pues cada vez eran más las personas que pensaban como ella y en uno de los recorridos del colegio a su casa, al que asistía a pesar de las amenazas, unas personas enviadas por quienes gobernaban su territorio, intentaron matarla al bajar del autobús disparando sobre ella.
Por suerte, Malala sobrevivió y, tras ser operada y trasladada a un hospital de Inglaterra, la pequeña volvió al colegio y lleva un implante coclear. Este implante ayuda a que Malala pueda oír mejor. El disparo daño su oído.
Desde entonces, la pequeña Malala ha seguido luchando porque se cumplan los derechos de los niños y, sobre todo, que niñas como ella tanto en su país como en todo el mundo, reciban su educación y puedan estudiar sin miedo a que les ocurra nada malo.
Ahora, aparte de seguir con sus estudios de secundaria, la joven Malala es defensora del Derecho Universal de las niñas a la educación y ha ganado con ello ser hoy en día la primera niña que ha ganado el Premio Nobel de la Paz con tan solo 17 años.”
_____________________________________________
21 de maio de 2020
Boas familias!!
Nesta situación que estamos a vivir o uso
de mascarillas forma parte do noso día a día. O blog “Avanzando con emociones”
reflexiona na súa última actualización sobre as dificultades que poden xurdir ao
noso alumnado con diversidade funcional ante este tema. Deixámosvos nos
seguintes links, como posible solución ou axuda, unhas pautas prácticas de uso e
unhas autoinstrucións pictoadaptadas.
https://drive.google.com/open?id=1TN80LkJaQ2DThxc6hRCbqRvgq7tDteEf
18 de maio de 2020
Ola familias!!
Comezamos a semana neste Día Internacional dos Museos. Este ano é especialmente importante para nós debido ao seu lema: "DIVERSIDADE E INCLUSIÓN". Debido a situación actual que estamos a vivir non podemos facer ningunha visita presencial en familia aos museos. Pero se vos apetece podedes facer unha visitiña virtual. Deixamos o enlace da web do Museo Reino Sofía que nos da a opción de poder visitalo virtualmente.
Non queríamos deixar pasar esta data sen felicitar a Aroa de 3ºA polo seu aniversario. Parabéns!
___________________________________________________________
14 de maio de 2020
Ola familias!!
Hoxe compartimos un xogo moi divertido para traballar as emocións. Podedes descargar o taboleiro no enlace seguinte:

https://www.orientacionandujar.es/2020/05/10/super-juego-la-oca-de-las-emociones-y-el-autoconcepto/
E un material para contar historias, traballando a expresión oral e a creatividade, deixamos o enlace para que podades descargalo.

https://albances.wordpress.com/2020/05/03/crea-tu-historia-%f0%9f%a6%84/
Aprendemos xogando!!!
_____________________________________________________
12 de maio de 2020
CONCIENCIA FONOLÓXICA
Ola!!
Hoxe compartimos con vos un material para traballar a articulación e representación mental das sílabas trabadas.
Tamén algúns enlaces de conciencia fonolóxica e xogos con fonemas.
https://albances.wordpress.com/2020/04/28/que-empieza-por-3/
https://www.pelsiteayuda.com/fonetica-fonologia
E un xogo moi divertido que podedes descargar no enlace seguinte:

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2016/01/Tablero-de-juego-jugamos-las-silabas-trabadas.jpg
Este material vai enfocado aos primeiros niveis de primaria e alumnado que precise reforzar a lecto-escritura.
Esperamos que sexa do voso agrado. Moito ánimo!!
_____________________________________________________
09 de maio de 2020
PIPER: A importancia do erro e da autonomía para a aprendizaxe
Cómo animar aos nosos nenos e nenas a ser autónomos?
Cal é a mellor actitude que debemos tomar cando cometen erros?
Reflexionamos sobre este tema con Piper, unha cortometraxe gañadora dun Oscar, protagonizada por unha cría de gaivota que non quere buscar alimento por si mesma.
Esperamos que vos guste moito.
Ánimo!!!
_____________________________________________________
5 de maio de 2020
XOGOS EDUCATIVOS EN FAMILIA
Nunca describir foi tan divertido! No enlace que atoparedes ao final do texto poderedes descargar o taboleiro da OCA PARA DESCRIBIR. É un recurso do blog "con derecho a volar".
Lanza o dado en familia e describe o físico da persoa debuxada na casilla que che toque.
Agardamos que o pasedes moi ben!
https://drive.google.com/file/d/1JNWBGTSquDtWOauThB-qELQuGoD6g6Uy/view?usp=sharing
_____________________________________________________
CONTADES CONNOSCO!
Ante o estado de alarma por mor do COVID-19, dende o Departamento de Orientación do centro intentaremos prestar axuda e asesoramento en todo aquilo que estea nas nosas mans, ofrecendo unha serie de recursos que esperemos sirvan para afrontar, da mellor forma posible, esta situación tan excepcional que nos toca vivir. Non antes sen agradecer a todos eses valentes, nenos, nenas e familias, o incrible esforzo que estades a facer, porque todos e todas sabemos que non é nada sinxelo. Este é un enorme acto de solidariedade e de xenerosidade. Vós, agora mesmo, estades escribindo “A Historia”: unha das maiores proezas a nivel global. Por iso, cada un de vós sodes tan importantes.
Contamos con vós! e tamén
... contades con nós!
Non esquezades de pór no corpo da mensaxe para quen vai dirixido:
- Mestra Especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT): Laura
- Mestra Especialista en Audición e Linguaxe (AL): Elena
- Orientadora: Sandra
e o nome e curso do neno ou nena.
En caso de preferir contactar vía telefónica, deixar na mensaxe un número de teléfono e procurarase realizar a chamada o antes posible.
Moitas grazas e moito ánimo.
O Departamento de Orientación.
_____________________________________________________
Xoves, 23 de abril do 2020
POR FIN... AIRE PURO!!
As nosas nenas e nenos, a partir deste domingo 26 de abril, poderán volver a respirar aire fresco. Deberemos ter en conta unha serie de limitacións e medidas de seguridade polo ben de todas e todos. A continuación, recollemos dende o Departamento de Orientación as condicións para poder saír, así como unhas breves orientacións para preparar aos nosos pequenos ante esa primeira saída.
Clica no enlace para visionar o PowerPoint:
https://drive.google.com/a/vinclan.com/file/d/1CfZetIjCXZhpR6fRDQR0RfsQ3Aim-9fa/view?usp=drivesdk
https://www.youtube.com/watch?v=75wvTlOXkJY#action=share (video explicativo)
Dende ARASAAC ofrécennos o seguinte material con pictos:
http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2280/Que_es_el_coronavirus.pdf
http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2472/Coronavirus_Historia_social_salir_calle_Orientaciones_familiares.pdf
E un conto moi chuli...
.https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/04/El-Oso-goloso-CUENTO-DESCONFINAMIENTO.pdf
https://www.youtube.com/watch?v=75wvTlOXkJY#action=share (video explicativo)
Dende ARASAAC ofrécennos o seguinte material con pictos:
http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2280/Que_es_el_coronavirus.pdf
http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2472/Coronavirus_Historia_social_salir_calle_Orientaciones_familiares.pdf
E un conto moi chuli...
.https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/04/El-Oso-goloso-CUENTO-DESCONFINAMIENTO.pdf
Por fin poderán respirar aire puro!
Estamos convosco!!!
NOTA: podedes deixarnos, en calquera momento, o que queirades abaixo de todo, no apartado de comentarios.
__________________________________________________Orientacións para pais e nais
Impacto psicolóxico
O Servizo Galego de Saúde ofrécenos unhas pautas para reducir o impacto psicolóxico que pode ocasionar a situación de confinamento.
Podedes botarlle un ollo na seguinte ligazón:
O poder do ioga. Toca relaxarnos!
Pode que antes viviramos estresados polo ritmo tan acelerado ao que nos viamos obrigados día tras día. Agora, cando supostamente
temos todo o tempo do mundo, incluso para descansar, tamén entramos nun estado
de estrés.
O ioga é unha boa opción que pode axudar a toda
a familia a relaxarse, algo tan necesario nestes momentos. Resulta moi
beneficioso tanto para os nenos e nenas con certas dificultades (TEA, TDAH,
disfemia, etc.) como para aqueles que non teñan. Con esta práctica aprendemos a
tranquilizarnos fronte situacións difíciles e estresantes, como a que estamos a
vivir.
Son incalculables os seus beneficios coma: o reforzamento do nivel de concentración e memoria, control da impulsividade, mellora da conciencia corporal, desenvolvemento da
creatividade, imaxinación e autoestima entre outros moitos. En definitiva,
actúa como calmante do sistema nervioso liberando estados de ansiedade, tensión
e estrés.
Na web podedes atopar multitude de recursos
acerca do ioga. Animámosvos a navegar e atopar aqueles que mellor se adapten ao
voso neno/a, xa que ao que a un neno/a lle pode ir ben a outro non. Dende o
DO seleccionamos algúns, que van dirixidos dende os máis pequenos aos máis maiores. Esperemos que vos gusten. Disfrutádeos!
https://www.youtube.com/watch?v=WamU36hXiNw (nivel principiante)
Comparte con nós outros videos de ioga que che gustaron e cóntanos que tal a experiencia.
RECOMENDACIÓNS BÁSICAS PARA A CONVIVENCIA
Dende Aulas Galegas ofrécennos unha serie de recomendacións para levar a cabo dende os fogares. Recordámolas deseguido:
Estes días non vos esquezades, sobre todo, de disfrutar e compartir momentos de calidade cos vosos nenos e nenas. Crear recordos que de seguro, axudarán a levar esta dura e atípica situación. A psicóloga T. Reigosa deixanos algunhas ideas que aquí recollemos:
Me encantó el corto de piper pero sobre todo el juego de la oca, disfrutamos mucho.
ResponderEliminarGracias por por todo lo expuesto, muy interesante
Moitas grazas! Alegrámonos moito! Seguiremos intentando apoiarvos dende a distancia
EliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar