6º de INFANTIL


NON OLVIDEDES QUE PARA CALQUERA DÚBIDA, PODEDES POÑERVOS EN CONTACTO CONMIGO EN: maria@vinclan.com


LEMBRADE QUE:
OS RETOS SEMANAIS PÓDENSE REALIZAR OS DÍAS QUE QUEIRADES!
TEDES NOS CORREOS INFORMACIÓN MÁIS DETALLADA DAS ACTIVIDADES
PODEDES VER AS FOTOS QUE NOS MANDADES NO BLOG DE CICLO


SEMANA do 15 ao 19 de XUÑO

1. LUNS
Imos facer un debuxo final para ver canto melloramos nos retratos!

2. MARTES
Para celebrar o Día Mundial das Tartarugas coñeceremos a tartaruga Chelo a través dun conto.

3. MÉRCORES
Como os nervios por rematar o curso están a flor de pel, tentaremos relaxarnos cunha sesión de ioga:
OOOMMM MUUU....

4. XOVES
Para a semana conmemórase o Día Mundial da Música e despedirémonos cunha canción super chula para cantar e bailar.

5. VENRES 
O broche final será converterse en detectives para descifrar unha mensaxe segreda!



MOITÍSIMAS GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POLA IMPLICACIÓN E PARTICIPACIÓN NOS RETOS! 

NORABOA RAPACES E RAPAZAS! FIXESTELO XENIAAAAAAL!!



AGORA TOCA DESFRUTAR DO VERÁN 




SEMANA do 8 ao 12 de XUÑO

1. LUNS DE MANUALIDADES
Hoxe celebramos o Día Mundial dos Océanos elaborando o animal mariño que máis nos guste empregando material de refugallo. 
Ademais, acercarémonos un pouco máis á lectura a través do conto "Awi y el mar"Link

2. MARTES DE INVESTIGACIÓN
Desta vez imos indagar un pouquiño máis no deportes dos Xogos Olímpicos e máis concretamente, nos deportes acuáticos
Cal é o teu favorito?

3. MÉRCORES DE EXPERIMENTO
Flota ou non flota? Poderás escoller diversos obxectos de diferentes materiais para averiguar se flotan ou pola contra, afunden. Primeiro faredes as vosas hipóteses para despois comprobalo nun recipiente con auga e finalmente cubrir a folla de rexistro

4. XOVES DE CONTOS
Rematamos os retos de Ana Meilán co conto: "O meu desexo é..."
E ti, qué desexo pedirías?

5. VENRES DE CORES
Hoxe faremos un arco da vella moi moi doce!
 Empregaremos caramelos e quedará super ben!!


Boa semana e a por todas! Porque agora si que xa non queda nada para desfrutar do verán!



SEMANA do 1 ao 5 de XUÑO


1. LUNS DE COCIÑA
Para celebrar o Día Mundial do leite, imos investigar un pouquiño a orixe deste e dos seus derivados para despois, facer unha receita de algo que conteña lácteos! Ummmmm.... que rico!

2. MARTES DE INVESTIGACIÓN
Seguimos traballando aspectos de Reino Unido e desta vez imos investigar sobre a súa moeda.... Empregarán euros?

3. MÉRCORES DE EXPERIMENTO
Un barquiño que será impulsado por xabón... Si, si! Listedes ben!
Con este tempo que fai ímonos a sumerxir!

4. XOVES DE ADIVIÑAS
Imos facer traballar un pouco a cabeza con adiviñanzas... Atréveste a contarnos unha? 

5. VENRES DE CONMEMORACIÓN 
E ti, que fas para axudar a coidar o noso planeta? 
Celebramos o Día Mundial do Medioambiente coñecendo as vosas iniciativas e propostas



FELIZ COMEZO DE SEMANA E DO MES DE XUÑO! 

ÁNIMO 

SEMANA do 25 ao 29 de MAIO


1. LUNS DE TICS E MANUALIDADES
Aproveitando que hoxe é o DÍA DE ÁFRICA imos buscar onde queda este continente e destacar algunha característica deste. E despois, elaboraremos un colar africano, de moitas cores e con material funxible. Animádevos porque son unha chulada! Exemplo  

2. MARTES DE INVESTIGACIÓN
Seleccionaremos 5 palabras en inglés, porque é o idioma do país que estamos representando no Proxecto de ARDIA 2020 e buscaremos e escribiremos o seu significado. Aprenderemos vocabulario e repasaremos o inglés que aprendemos no cole. 

3. MÉRCORES DE CONSTRUCCIÓN
Aproveitando que esta semana se conmemora a Educación Artística, imos a convertirnos en grandes creadores de animaliños. rEmpregaremos pinzas da roupa para crear animais e traballar a motricidade fina. Exemplo 1 Exemplo 2

4. XOVES DE EXPERIMENTOS
Fariña, sal, auga e colorante será o que empregaremos para crear témperas caseiras. Coas vosas pinturas seguro que sairán debuxos xeniales!

5. VENRES DE CONTOS
Continuamos co reto dos contos de Ana Meilán e desta vez leeremos o conto "Ocho patas". Quen se anima a recrear unha nova portada para este conto?


MOITO ÁNIMO E A POR OUTRA SEMANA MÁIS!!


SEMANA do 18 ao 22 de MAIO


1. LUNS DE INVESTIGACIÓN
Hoxe celébrase o Día Internacional dos Museos e imos convertirnos en artistas recreando unha obra de arte de algún autor/a de Reino Unido. 

2. MARTES DE EXPERIMENTOS
Aproveitando que esta semana temos bo tempo, experimentaremos con xeo para averiguar cal é a forma máis rápida de desconxelar un cubito de xeo. 

3. MÉRCORES DE COCIÑA
Para celebrar que hoxe é o Dia Mundial das Abellas, queremos que nos deleitedes cunha receita que conteña mel.

4. XOVES DE CONTOS
Continuamos co reto de Ana Meilán e para esta semana toca ler o conto: "As chaves dos soños".

5. VENRES DE MANUALIDADES
Conmemoraremos o Día da Reciclaxe e a Semana da Seguridade Vial  que se celebraron a semana pasada, elaborando vehículos con materiais de refugallo.

Boa semana 😊


SEMANA do 11 ao 15 de MAIO


1. LUNS DE CONTOS
Tendo en conta que esta é a semana das letras, imos ler un conto do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020
Aproveitaremos para traballar a creatividade e imaxinación e convertirémonos en escritores para recrear un novo final do conto.
Ademáis tamén podedes acceder a este link que ofrece actividades en liña sobre as Letras Galegas.

2. MARTES DE INVESTIGACIÓN
Non podíamos ser menos e visto que está de moda todo o que ten que ver coa cociña... imos poñer o mandil e elaborar unha receita sobre unha comida/postre típico de Reino Unido. Seguro que facedes cousiñas para chupar os dedos... mágoa que non as poidamos probar!

3. MÉRCORES DE EXPERIMENTO
Ovos de dragón? Si, con colorante alimenticio ou azafrán, cambiaremos de cor os ovos... podedes comelos vós ou darllos a algún familiar para meterlle un susto!!
Video exemplo

4. XOVES DE MANUALIDADES
Aproveitando que o sábado 16 é o Día Internacional da Luz, descubriremos como a cor branca está formada por todas as cores do arco da vella. Para iso, propoñémosvos que levedes a cabo o experimento do disco de Newton. Link

5. VENRES DE XOGOS 
Hoxe é o Día da Familia e imos facer un 3 en raia caseiro, con tapóns, fotos, pegatinas... para despois xogar en familia. 
Ademais, para coñecer os distintos tipos de familias que existen, podedes escoitar e ver este conto e despois facer unha árbore xenealóxica para presentarnos a vosa familia. E se vos quedastes con gañas de ler outro conto relacioando coa familia, pinchade aquí.

FELIZ SEMANA DAS LETRAS!


SEMANA do 4 ao 8 de MAIO


1. LUNS DE EXPERIMENTO

A mellor maneira de aprender é a través da práctica e do xogo, por iso desta vez imos investigar os diferentes estados físicos da materia. 
Veremos que pasa se deixamos uns días un vaso con auga e sal. 

A ciencia está nos laboratorios, pero tamén nas nosas cociñas!

2. MARTES DE INVESTIGACIÓN

Esta semana buscaremos os deportes máis populares e destacados de Reino Unido.
Cal non coñecíades? 

3. MÉRCORES DE LÓXICA-MATEMÁTICA

Cal é a torre máis alta que das construido? Canto mide?
Pon a proba as túas habilidades e constrúe unha torre co material que queiras, sorpréndenos!!

Algunha torre ten a altura de un coche? e de unha planta?

4. XOVES DE CONTOS

O segundo código que tendes que descifrar será a través da lectura do conto: "Quien viene esta noche" Enlace

2 de 5! Queda menos para abrir ese tesouro!

5. VENRES DE MANUALIDADES E TICS

O sábado 9 celébrase o DÍA DE EUROPA
A través de Google Earth, localizaremos os países que forman a Unión Europea. 
Cantos son? 
Ademais, aproveitaremos para recrear a bandeira de Europa... coidado con esas estrelas! 


BO COMEZO DO MES DE MAIO 💥

SEMANA DO 27 ao 30 de ABRIL


1. LUNS DE EXPERIMENTO

Desta vez convertirémonos en verdadeiros científicos! Imos crear tinta invisible para escribir mensaxes secretas! 😁

Para iso, necesitaremos zume de limón, un papel e unha lámpada.

O método científico permite potenciar a observación, a creación de hipóteses, a experimentación, o establecemento de relacións...


2. MARTES DE MANUALIDADES

Propoñémosvos facer marionetas ou títeres cos materiais que teñades pola casa. 

Unha actividade creativa que ofrece moitas posibilidades de xogo, permitindo crear historias, situacións, contos... Favorecendo a linguaxe, a imaxinación e a concentración. 


3. MÉRCORES DE INVESTIGACIÓN

Seguimos traballando co Proxecto e desta vez, aproveitando que o mércores 29 é o Día Internacional da Danza, imos investigar sobre os bailes típicos de Reino Unido. 

Animádevos que seguro que aprendedes unha danza en familia 💃

4. XOVES DE CONTOS

Esta semana convidámosvos a desfrutar e viaxar a través do conto de Ana Meilán: "Lágrimas bajo la cama"

Animádevos a participar no xogo dos retos dos 5 contos, para finalmente descubrir o tesouro final!


 A POR OUTRA SEMANA MÁIS, ÁNIMO! 😊😊


SEMANA DO 20 ao 24 de ABRIL



1. LUNS DE EXPERIMENTO

Materiais: un ovo, vinagre e un bote de vidrio con tapa. 

Pon a proba a túa mente e formula todas as hipótesis posibles! QUE LLE PASARÁ AO OVO?

2. MARTES DE INVESTIGACIÓN

Para indagar un pouco máis sobre o país que representamos nas Olimpíadas... Anímovos a buscar información sobre o conto ou escritor máis famoso de Reino Unido. Igual atopades algunha sorpresiña 😛

3. MÉRCORES DE MANUALIDADES

Como a primavera pillounos en casa e sen poder desfrutar dela, imos crear un xardín de flores entre todos e para iso, convídovos a crear flores con diferentes materiais que teñades por casa. Seguro que van saír flores preciosas e de todas as cores!

4. XOVES DE CONTOS

Para celebrar o día do libro, seleccionade o conto que máis vos guste, leédeo e despois facede un debuxo. Ademáis, o equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole, propónvos diferentes actividades que podedes ver no seu enlace. Como por exemplo, facer un marcapáxinas para poñer nos vosos contos!

5. VENRES DE XOGOS

A profe Dori propón un xogo moi divertido para mellorar as habilidades psicomotrices. O CHAN É LAVA! Asique estade ben atentos e procurade non queimarvos!


MOITO ÁNIMO E A DESFRUTAR DESTA SEMANA 😊



VENRES 17 DE ABRIL


👐 COMEZAMOS ESTA ANDAINA COAS MANS NA MASA! 👐

As mestras de infantil propoñémosvos unha actividade que podedes realizar en familia. Para iso, precisades uns ingredientes máxicos que seguro que tendes por casa... auga, aceite, sal e fariña.

Estades listas e listos? Pois preparados para facer plastilina caseira!
Aquí vos deixamos un link para acceder a un video explicativo.

Asique animádevos a pringar esas mans e deixar voar a imaxinación! 😄

Non vos esquezades de madar alguna fotiño para despois poder ver no  BLOG esas creaccións fantásticas que de seguro ides facer.


A POR TODAS!



No hay comentarios:

Publicar un comentario