3º Primaria


Recordade que para calquera dúbida podedes contactar con nós a través do correo: 

3ºB   sheila@vinclan.com

3ºA   silvia@vinclan.com


Recordade tamén que para ver as tarefas diarias de 3ºA entrades na seguinte dirección: https://teach.classdojo.com/#/classes/5d76166f9aaa945255e73f9c/story


VIDEOCHAMADA 3ºB → https://meet.jit.si/terceirovalleinclan











MÉRCORES, 17 DE XUÑO DE 2020

3ºB

Moi bos días miñas nenas e meus nenos!

Que tal estades? Tivestes algunha dificultade na ficha de repaso de Matemáticas? Mañá enviareivos as correccións por este blog, para que corrixades os erros no voso caderno. 

Hoxe serán os últimos exercicios para facer neste curso... polo tanto a collelos con moitas moitas ganas! (podedes rematalos entre hoxe e mañá)

Que pasedes un bo mércores e unha aperta moi grande!


As tarefas de hoxe son as seguintes:

Imos facer uns exercicios de repaso de lingua castelá, que podedes rematar entre hoxe e mañá. No primeiro exercicio só tedes que ler, polo tanto non tedes que copiar nada no caderno. Moito ánimo, que non queda!




No exercicio 4 recordade que os infinitivos dos verbos tiñan que rematar en -ar, -er ou -ir. Por exemplo: cantaba → o seu infinitivo é cantar.





LUNS, 15 DE XUÑO DE 2020

3ºB

Bos días miñas nenas e meus nenos!

Que tal vos encontrades? Agardo que pasarades unha fin de semana estupenda e que collerades de novo moitísimas forzas!

E si, chegamos á última semana deste curso tan estrano. Que rápido pasou verdade? Este fin de curso é moi distinto e, por iso, me quería despedir de vós cunha cartiña que enviei ao correo das vosas familias. Agardo que, xunto con elas, a leades e vos guste moito! É un pouco longa pero valerá a pena lela toda para ver o final ;)

Coma todos os luns envío as correccións ás tarefas da semana pasada. Para velas podedes clicar no seguinte enlace: 



Que pasedes un moi bo luns! 

Unha aperta moi moi grande!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

Xa para ir rematando, imos facer unha ficha de repaso de Matemáticas dalgúns contidos que traballamos este curso. Estas tarefas son para facer hoxe e mañá.  Como sabedes non fai falta fotocopiar a ficha. Podedes facer os exercicios no voso caderno. Clicade no seguinte enlace para ver as tarefas: 







VENRES, 12 DE XUÑO DE 2020

3ºB

Ola miñas nenas e meus nenos!

Que tal estades? Agardo que tod@s sigades moi ben, que levedes as tarefas ao día e que as explicacións xunto cos vídeos vos axuden a entendelas. 

Imos a polo venres e remata así a penúltima semana deste curso tan estrano e diferente. A coller moitas forzas para estes últimos días!

Desfrutade da fin de semana! Unha aperta moi grande!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Matemáticas: 


- Lingua Castelá: 
Imos traballar hoxe coas familias de palabras e para iso podedes ver antes o seguinte vídeo: 










XOVES, 11 DE XUÑO DE 2020

3ºB

Bos días de novo a tod@s!

Como vos encontrades e que tal estades levando estes días? Imos a polo xoves con moitííííísimas ganas! Seguro que estes días xa vos está costando un pouquiño poñervos coas tarefas, pero estamos na recta final e tedes que demostrar todo de vós e traballar para seguir aprendendo! 

A comervos este día cun sorriso!

Unha aperta moi moi grande! Canto vos boto de menos!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Matemáticas: 
Seguimos traballando coas horas e, para iso, podedes ver as explicacións e o vídeos dos días anteriores. Recoméndovos facer o debuxo dos reloxos en todos os exercicios, porque vos facilitará entendelos. 


- Lingua Galega: 

Agora no voso caderno realizade as seguintes tarefas para traballar as palabras compostas: 








MÉRCORES, 10 DE XUÑO DE 2020

3ºB

Moi bos días a tod@s!

Como vos encontrades? Que tal estades levando o confinamento? Non é sinxelo seguir coas tarefas deste xeito, sen poder vernos, sen poder conversar no colexio, sen explicacións na aula... pero vós estádelo facendo xenial! Dende o primeiro día tivestes tod@s unha actitude moi positiva e con moitas ganas de traballar e iso é o mellor! 

Imos a polo mércores cun sorriso e moita felicidade! 

Unha aperta moi grande! 


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Matemáticas: 
Seguimos repasando as horas, polo tanto podedes ver o vídeo do día de onte. Recordade que no reloxo de agullas, a agulla pequena marca as horas e a grande os minutos. No exercicio 28 debedes debuxar un reloxo no caderno, e se movedes as agullas veredes de forma visual os minutos que pasaron.





- Lingua Galega: 
Imos ver os diferentes tipos de oracións: 

Realiza agora, a seguinte tarefa no caderno: 








MARTES, 9 DE XUÑO DE 2020

3ºB

Moi bos días miñas nenas e meus nenos!

Que tal estades? Como ides levando as tarefas? Agardo que as explicacións ou os vídeos vos axuden a entender mellor os exercicios, e que desta forma continuedes aprendendo nas vosas casas.

A coller con moita forza e ganas este martes!

Que teñades un día estupendo e un biquiño enorme para tod@s!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Matemáticas: 
Seguimos repasando as divisións: 
423:6=                      929:7=

E comezamos coas horas e os minutos. Para iso podedes ver o seguinte vídeo e a explicación: 


  • As tarefas a realizar son as seguintes: 

Na segunda tarefa tedes que facer o seguinte (facédela no voso caderno e ENVIÁDESMA AO LONGO DESTA SEMANA, CANDO POIDADES)
Tedes que debuxar o reloxo e escribir como se le a hora de:
- A hora á que espertaches hoxe. 
- A hora á que tomaches o almorzo. 
- A hora á que comeches. 
- A hora a que merendaches. 
- A hora á que te adoitas deitar. 

Ademais se queredes seguir xogando coas horas, podedes clicar nos seguintes enlaces. Seguro que vos gustan estes xogos, aventurádevos!: 







LUNS, 8 DE XUÑO DE 2020

3ºB

Bos días de novo a tod@s!

Que tal vos encontrades? Agardo que desfrutarades moito da fin de semana e que vos divertírades coa familia, amig@s... E agora, aínda que non teñamos que ir ao colexio, a recargar esa mochila da que falamos moitas veces de ganas e ilusión para afrontar este recorrido final!

Hoxe, coma todos os luns, tedes as correccións das tarefas da semana pasada. Clicade no seguinte enlace para poder acceder a elas: 

Seguro que xa o estades facendo porque o vexo cando me enviades as tarefas, pero aínda así recordade que debemos manter unha limpeza no caderno, temos que deixar as marxes sen escribir, facer boa letra e non realizar tachóns!

Que teñades un bo luns! Unha aperta moi grande para vós!

As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Matemáticas: 
Seguimos traballando co diñeiro, pero máis concretamente hoxe imos repasar a multiplicación: 


  • Realizade a seguinte tarefa no voso caderno, e fixádevos que operación hai que facer en cada apartado (suma, resta, multiplicación, división...). Debedes ler varias veces o problema para entendelo ben. 



- Lingua Castelá: 
Hoxe imos ver as partes dunha oración, o suxeito e o predicado. Podedes ver o seguinte vídeo onde tedes unha explicación sobre este contido (ata o minuto 3, logo fala do núcleo do suxeito e do predicado pero iso non o traballamos este ano): 
Un truco para saber cal é o suxeito dunha oración é preguntarlle quen á mesma. Para que o poidades ver mellor imos coller o seguinte exemplo:

Los chinos inventaron la pólvora → Preguntámoslle quen á oración → ¿Quién inventó la pólvora? Los chinos. Polo tanto a resposta "los chinos" é o suxeito desa oración. 

Outro exemplo:
Los alumnos y alumnas celebraron las olimpiadas en el colegio. → Preguntámoslle quen á oración → ¿Quién celebró las olimpiadas en el colegio? Los alumnos y alumnas. Polo tanto a resposta "los alumnos y alumnas" é o suxeito desta oración. 



No seguinte exercicio vós tedes que escribir o predicado da oración. Polo tanto o que xa está escrito (yo, tú, el panadero, mis compañeros y yo...) é o suxeito da oración. 


Moito ánimo!!!





VENRES, 5 DE XUÑO DE 2020

3ºB

Moi bos días miñas nenas e meus nenos!

Xa estamos a venres! Que tal estades, fíxosevos longa esta semana? Agardo que sigades ben de saúde e que levedes o traballo e as tarefas o mellor posible; xa sabedes, con moitas ganas, que é como mellor saen as cousas. 

Sabedes que día é hoxe? O 5 de xuño, no cal se celebra o Día do Medio Ambiente. Clicade no seguinte vídeo que vos explicará moi ben que se entende por medio ambiente: 
Así neste día, gobernos, empresas, persoas importantes ou cidadáns e cidadás reúnense para tratar un asunto tan importante como é o coidado do mundo no que vivimos. Neste ano 2020 o tema central é a biodiversidade, é dicir, a preocupación por todos os seres vivos que habitan no noso planeta (plantas, animais...), debido a que a acción humana moitas veces fai que se vexa alterado o hábitat no que vivimos. Por exemplo con incendios, o consumo excesivo de auga, a tala masiva de árbores, a contaminación... Así que mirade cantas cousas podemos facer para crear un mundo mellor e máis saúdable: 
Que teñades unha moi boa fin de semana! Desfrutade moito, paseade, xogade, correde, utilizade as bicicletas e intentar desconectar ao máximo das tecnoloxías (ordenador, tablet, TV...), que nesta situación que vivimos seguramente o tedes que utilizar moitas horas ao día!

Unha aperta enorme!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Matemáticas:
Seguimos repasando a suma e resta de euros e céntimos. Recordade poñer a coma! Se tedes algunha dúbida podedes ver as explicacións dos días anteriores. 


- Naturais: 
Rematamos este tema aprendendo o que é a metamorfose. 
  • Lectura páxina 76
  • Paxina 76: exercicio 1
Podedes ver tamén estes vídeos sobre a metamorfose nunha rá e nunha bolboreta:











XOVES, 4 DE XUÑO DE 2020


3ºB

Moi bos días de novo a tod@s!

Que tal levades a semana? Xa estamos a xoves, polo tanto collede moitísima forza para estes días que nos quedan de traballo, que o estades facendo xenial! 

Estes días tod@s estivestes traballando un montón, demostrando todo o que sabedes e as ganas que tedes de seguir aprendendo (aínda en situacións excepcionais coma a que nos tocou vivir). Iso chámase perseveranza. Todas e todos vós fostes e sodes persistentes, é dicir, constantes no voso traballo a diario, realizando todas as tarefas que se foron propoñendo, facendo os retos, os collage... Podedes ver o seguinte corto, no cal ides apreciar como ese esforzo e perseveranza, o levou a alcanzar o éxito e a conseguir a felicidade!

Unha aperta moi grande! Que teñades un bo xoves!


As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Matemáticas: 
Seguimos traballando co diñeiro, pero hoxe practicaremos a resta. Recordade poñer a coma na solución, tal como podedes ver na explicación.  

Tamén podedes ver o seguinte vídeo, que vos explica pasiño a pasiño como restar números decimais (a resta aparece a partir do minuto 3 e 33 segundos): 

  • As tarefas a realizar no caderno son as seguintes:  
No exercicio 10 fixádevos con que diñeiro paga José e cal é o precio do obxecto que compra. Logo tedes que facer o mesmo con Carmen, ver con canto diñeiro paga e cal é o precio da grapadora. A partir de aí tedes que calcular canto diñeiro lle terían que devolver a cada un. 




- Lingua Castelá: 


  • As tarefas a realizar no voso caderno son as seguintes: 








MÉRCORES, 3 DE XUÑO DE 2020


3ºB

Ola a tod@s! Moi bos días!

Que tal o martes? Como levades todas estas semanas confinad@s nas vosas casas, sen ir ao colexio, sen ver aos compañeir@s, facendo as tarefas sen o apoio ou a axuda dunha mestra/e...? Xa sabedes que cando queirades podedes contarme todas esas cousiñas, dúbidas ou o que necesitedes. Do que estou segura é que en todo este tempo traballastes coma uns campeóns e unhas campioas, iso no me cansarei de repetírvolo!

Alá imos un día máis!

Unha aperta moi moi grande!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Lingua Castelá: 
Seguimos co que estabamos repasando en galego, a acentuación das palabras agudas, graves e esdrúxulas. Polo tanto para realizar estas tarefas podedes mirar as explicacións/vídeo do día de onte e tamén tedes aquí a mesma explicación: 

  • Realiza os seguintes exercicios no teu caderno: 




  • Clasifica las palabras anteriores en agudas, llanas o esdrújulas. 

- Sociais: 
  • Lectura páxinas 92-93
  • Páxina 92: exercicio 3











MARTES, 2 DE XUÑO DE 2020


3ºB

Bos días de novo a tod@s!

Que tal o pasastes o luns? Como levastes o primeiro contacto co diñeiro nas tarefas de Matemáticas? Xa sabedes que me podedes preguntar calquera dúbida que teñades nas actividades! 

Agardo que teñades un moi bo martes e moito ánimo que vós podedes!

Un biquiño moi grande!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Matemáticas: 
Seguimos traballando o diñeiro, pero agora comezamos coa suma. Fixádevos que facemos unha suma como estivemos facendo ata o de agora, pero temos que poñer a coma!. Podedes ver o seguinte vídeo que vos axudará a entendelo (só a suma):


Agora realizade a seguinte tarefa no voso caderno: 

Se queredes seguir repasando a suma co diñeiro podedes clicar nos seguintes xogos: 
Imos ao supermercado:  Neste xogo primeiro tedes que sumar as cantidades dos obxectos que comprades, para saber cando tedes que pagar. 
Repasamos as moedas e os billetes

- Lingua Galega: 
Imos ver como se acentúan as palabras agudas, graves ou esdrúxulas. Para iso podedes ver o seguinte vídeo: 


Agora realizade no voso caderno as seguintes tarefas: 

No seguinte exercicio tedes que explicar por que levan ou non til as palabras. Por exemplo, compás: é unha palabra aguda porque a súa sílaba tónica é a última (pás). Recordamos que as palabras agudas levan til se terminan en -n, -s ou vogal. Volvendo ao exemplo, a palabra compás é unha palabra aguda que remata en -s, por iso ten que levar til ou acento gráfico.









LUNS, 1 DE XUÑO DE 2020


3ºB

Moi bos días a tod@s! 

Que tal a fin de semana? Seguro que con este tempo o pasastes xenial e desconectastes do traballo que facedes a diario. Pero agora máis que nunca, hai que comezar con moitas ganas e ilusión!

Seguimos aquí un luns máis, pero non é un luns calquera. Hoxe é o 1 de xuño, é dicir, cambiamos de mes (recordade cambiar tamén o mes na data do caderno). Comeza un mes que estou segura que vos gusta moito, porque empeza o verán e, con iso, tamén as vosas vacacións. Pero non vos esquezades que estamos no sprint final e, nel, debedes demostrar todo o que sodes capaces e poñer todo o esforzo da vosa parte para ter unha boa recompensa! Se seguides como o estabades facendo ata agora estou segurísima que teredes unha boa recompensa, porque aprenderedes un montón de cousas máis e nutrirédesvos de moita sabiduría. Polo tanto ánimo para estas vindeiras semaniñas!

Por outra banda, coma todos os luns, envío as correccións dos exercicios da semana pasada. Para velas clicade no seguinte enlace: 



Que pasedes un bo luns! Unha aperta moi grande!


As tarefas son as seguintes: 

- Matemáticas: 
Comezamos hoxe un novo tema que trata sobre o diñeiro, é dicir, neste tema traballaremos as moedas e os billetes do euro.

Podedes ver os seguintes vídeos para saber máis destes contidos:



Hoxe realizaremos as seguintes tarefas. Non tedes que copiar no caderno os debuxos nin as moedas, con poñer a), b)... e o resultado, é suficiente:  



Para repasar e traballar coas moedas e cos billetes, se queredes, tamén podedes entrar nestes xogos: 

¿Contamos monedas de euro y céntimos?
Identifica las monedas
Cuenta el dinero
Junta las monedas y los billetes para poder pagar 
Consigue el precio exacto


- Lingua Galega: 
Imos practicar os verbos regulares e irregulares. Para iso podedes ver o seguinte vídeo e a explicación: 


As tarefas son as seguintes (Lede a seguinte nota! No exercicio 5, fixádevos en se os verbos manteñen ou non a raíz. Se a manteñen son verbos regulares; se a varían son verbos irregulares):




Moito ánimo! Calquera dúbida xa sabedes que podedes facela por correo ou Telegram. 






VENRES, 29 DE MAIO DE 2020


3ºB

Bos días miñas nenas e meus nenos!

Que tal foi esta semana? Fíxosevos longa? 

Seguro que agora xa estades cansos desta situación anormal que nos tocou vivir. Pero sempre que esteades desanimados, pensade que estamos no sprint final. Que só vos faltan unhas semaniñas para rematar o curso e, polo tanto, debedes poñer todo o empeño da vosa parte para seguir aprendendo. Por suposto ata agora estivéstedes traballando e superándovos a vós mesmos cada día!

Que teñades unha moi boa fin de semana, desfrutade un montón!

Unha aperta moi grande!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Matemáticas: 
Rematamos xa coas fraccións, polo tanto imos facer exercicios de repaso. Se queredes recordar ou refrescar algunha información que esquecérades sobre as fraccións podedes ver o vídeo ou as explicacións dos días anteriores. Ademais tedes dúas contas, para repasar a multiplicación e a división. Alá imos: 

4165:2=                         952x8=






- Naturais: 

  • Lectura páxinas 74-75
  • Páxina 75: exercicio 3

Se queredes saber un pouco máis sobre as vacas, podedes ver este vídeo no que vos conta como comen estes animais e que fan coa súa comida (podedes ver ata o minuto 1:50, logo conta cousas máis complexas): 







XOVES, 28 DE MAIO DE 2020

3ºB

Moi bos días a tod@s!

Coma sempre, a empezar o día con moitas ganas! Que tal o mércores? Como vos encontrades? Agardo que continuedes cun sorriso todos os días, coma o que tiñades no colexio. 

Por outra banda, xa me chegaron moitas das vosas lendas e encantáronme! A medida que as vaia corrixindo, coma sempre, vou enviando as correccións. Estades traballando e esforzándovos moito en todas as tarefas que enviades!

A desfrutar do xoves, que xa queda moi pouquiño!

Unha aperta enorme!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Matemáticas: 
Seguimos repasando as fraccións e, se tedes dúbidas podedes consultar os vídeos ou explicacións dos días anteriores:
  • As tarefas a realizar no voso caderno son as seguintes. No exercicio 14 non necesitades copiar os debuxos, con poñer a), b), c)... é suficiente. 



- Lingua Castelá: 


Ejemplo: el verbo abrazar está conjugado con la terminación en -aba. Las formas personales son: 

  • E para practicar isto, realiza no teu caderno a seguinte tarefa: 














MÉRCORES, 27 DE MAIO DE 2020


3ºB

Ola a tod@s, bos días!

Que tal o martes? Espero que vos encontredes moi ben e que non teñades moitas dificultades coas tarefas e, se é así, xa sabedes que podedes comunicarmo! Continuamos un día máis dende as nosas casas, vós seguides sendo uns campeóns e unhas campioas porque aí estades aguantando polo ben de tod@s! Ademais, facer as tarefas vós sós, sen a axuda das mestras/es ou compañeir@s non é sinxelo, pero estádelo facendo e superándovos cada día un pouquiño máis! Facedes un traballo a diario, xunto ás vosas familias, extraordinario!

Por certo, que tal ides co reto dos triángulos? Xa me chegaron algunhas fotos e sodes moi orixinais cos materiais que elixistes. Agora xa sabedes que con distintos materiais podemos facer moitas formas xeométricas. Recordade que aínda tedes ata o venres para enviarme o reto. 

Que pasedes un bo día e unha aperta moi, moi grande!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Sociais: 
Logo de saber como funcionan os concellos, como é a relación entre os veciños e veciñas, como nos comportamos en sociedade... imos informarnos un pouco máis sobre as tradicións ou lendas dos lugares nos que vivimos. 

  •  Lectura páxina 88-89: Tradicións e lendas
  • Páxina 89: exercicio 6. Se non sabedes ningunha lenda do Grove, pode ser de outro lugar, é dicir, unha lenda que vos guste moito. Por suposto tamén serven as que vos conten os vosos familiares. Esforzádevos ao facela (coidade a presentación, boa letra, os marxes e que non haxa tachóns) que logo publicarémolas todas no blog, para que poidades ver as dos vosos compañeiros e compañeiras. (ESTA TAREFA ENVIÁDEMA, CANDO POIDADES, POR CORREO OU TELEGRAM)
Aquí tedes algunhas lendas que podedes ver duns lugares moi fermosos, a ver se vos gustan! Para iso clicade nos seguintes enlaces:





- Lingua Castelá: 


  • Para repasar os sufixos, realizade a seguinte tarefa no caderno: 





MOITO ÁNIMO, VÓS PODEDES!







MARTES, 26 DE MAIO DE 2020

3ºB

Moi bos días a tod@s!

Como levastes o luns? Agardo que comezarades a semana con moita forza e ganas! Alá imos polo martes e con outro reto!

Para hoxe temos outro RETO DOS TRIÁNGULOS. Primeiro mirade o seguinte vídeo para saber un pouquiño máis sobre os triángulos:




Agora que xa sabedes as características de cada triángulo e como se chama cada un, clicade no seguinte enlace que vos explicará que tedes que facer: 



O prazo para enviar o reto dos triángulos é o venres 29 de maio, por suposto se alguén non pode que fale comigo! Xa sabedes que calquera dúbida ou aspecto que queirades comentar podedes facelo a través do correo ou Telegram. 

Un biquiño moi, moi, moi grande! Cantas ganas teño de vervos, seguro que medrastes tod@s un montón!


As tarefas para hoxe son as seguintes: 

- Matemáticas:
Seguimos repasando a lectura, escritura e comparación de fraccións (cal é maior ou menor). Se tedes algunha dúbida podedes consultar os vídeos ou resumos dos días anteriores. Para iso tedes os seguintes exercicios: 

  • Non é necesario que fagades os debuxos no caderno, con poñer a), b), c)... é suficiente. 




- Lingua Galega:
Imos ver as palabras con nh, para iso lede o seguinte recadro que vos dará máis información e facedes o exercicio (a táboa das contraccións) no voso caderno. Fixádevos nos exemplos que vos aparecen e, a partir deles, completades os demais. Estou segura que sodes capaces!






LUNS, 25 DE MAIO DE 2020


3ºB

Bos días nen@s e familias!

Que tal a fin de semana? Como vos encontrades? Agardo que pasárades uns bos días e que desconectarades un montón! Como seguro que xa sabedes, hoxe entramos nunha nova fase do desconfinamento, debido a que os contaxios polo virus van diminuíndo pouquiño a pouquiño. A partir de hoxe xa poderedes ir á praia, saír sen horarios... Alégrome moito por vós que xa estades máis preto da normalidade!

Por outra banda, a continuación tedes un vídeo con todos os vosos collage da materia de Plástica. Son fermosísimos, esforzástesvos e traballastes moito e, cando pasa iso, saen cousas tan bonitas como as que podedes ver. O mellor destes collage é que todos son distintos e orixinais! A que vos gusta ver as vosas producións e traballos?




Ademais coma todos os luns, envío as correccións das tarefas realizadas a semana pasada. Clicade no seguinte enlace para abrilas: 



Que pasedes un bo luns e aproveitade o bo día!

Unha aperta moi grande!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Matemáticas: 

Para seguir repasando as divisións ides realizar estas dúas no voso caderno: 

396:4=              684:6=     

Logo, imos comparar fraccións para saber cal é maior ou menor: 




  • As tarefas a realizar son as seguintes. No exercicio 10 non tedes que copiar os debuxos no caderno, con poñer a), b), c)... é suficiente. No exercicio 9 tedes que escribir a fracción e representala tamén cun debuxo. 





- Lingua Galega: 




  • A tarefa para realizar no caderno é a seguinte: 





Moito ánimo a tod@s!





VENRES, 22 DE MAIO DE 2020


3ºB

Moi bos días miñas nenas e meus nenos!

Como levastes a semana? Pasouvos rápido? Se queredes podedes contarme que tal foi o voso primeiro contacto coas fraccións en matemáticas! 

E pasiño a pasiño, xa estamos a venres! Merecédesvos este descanso despois dunha semana na que traballastes coma uns campeóns e unhas campioas! Polo tanto, disfrutade da fin de semana. Podedes xogar, cociñar, bailar, tocar instrumentos, ler, facer retos, facer exercicio, axudar nas tarefas da casa ás vosas familias... pero sobre todo, ride e pasádeo ben! 

Recordade que aínda podedes mandar o reto das formas de matemáticas (os paralelogramos) e a noticia de Lingua Castelá que fixemos o mércores. Ademais tamén podedes mandar o collage de plástica sobre unha froita, e así o luns poderedes velos todos aquí nun vídeo. 

Descansade moito e collede moitas forzas! Que pasedes unha moi boa fin de semana!

Un biquiño enorme!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Lingua Castelá: Tedes para rematar a ficha de repaso de onte. 

- Matemáticas: 

  • Para non esquecernos das divisións, ides facer o exercicio 4 da páxina 110


Ademais seguimos repasando as fraccións, polo tanto podedes ver o vídeo ou o esquema das fraccións que tedes colgado neste blog onte. As tarefas para facer no voso caderno son as seguintes: (No exercicio 3 non é necesario que copiedes no caderno os debuxos, con poñer a, b, c... seguido da resposta é suficiente)






Moito ánimo a tod@s! 








XOVES, 21 DE MAIO DE 2020


3ºB

Bos días a tod@s!

Xa estamos rematando a semana, así que moito ánimo para estes días que quedan! Que tal o mércores? Xa sabedes que se tedes calquera dúbida nos exercicios me podedes preguntar, ou se me queredes contar como vos encontrades, como levades as tarefas, dificultades que atopades...

Xa recibín algunhas das vosas fotos do reto das formas e ata agora están xenial! Día a día vexo que vos estades esforzando moito, e estou segura que recolleredes moi bos froitos de todo o traballo e implicación que estades poñendo. 

Ánimo a tod@s, que queda moi pouquiño!

Unha aperta moi, moi, moi grande!


As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Matemáticas: 
Hoxe imos ampliar un pouquiño e comezamos coas fraccións. Resultaranvos entretidas, veredes! Clicade no seguinte vídeo para saber máis sobre as fraccións: 



A continuación podedes ver como se escribe ou se le unha fracción:







  • Agora imos practicar coas seguintes tarefas (No primeiro exercicio non tedes que copiar as figuras no caderno, con poñer a letra a, b, c... seguidas das respostas é suficiente)



- Lingua Castelá (ESTAS TAREFAS SON PARA HOXE E MAÑÁ)

Imos facer uns exercicios de repaso de varios contidos que vimos ata o de agora. Os exercicios coma sempre facédelos no voso caderno. 



Como recordatorio, os demostrativos podían ser (este, ese aquel; esta, esa, aquela...) e indicaban distancia: este - preto, ese - distancia media, aquel - lonxe...




Se queredes repasar un pouquiño as fraccións de forma interactiva e lúdica, tedes os seguintes xogos que podedes facer. Para entrar neles deixo os seguintes enlaces. Animádevos!











MÉRCORES, 20 DE MAIO DE 2020


3ºB

Ola nen@s e familias!

Que tal foi o martes? Xa estades facendo o reto das formas? Veña que vós podedes! Se tedes calquera dúbida ao facer o reto preguntádeme que intentaremos resolvela.

Por certo, xa me chegaron moitos dos vosos collage e son preciosos! Recordade que aínda tedes ata o venres para envialo e, o luns, poderedes ver todos os vosos traballos aquí no blog, que sei que vos encanta!

Que pasedes un moi bo mércores e moito ánimo! Cada día estamos máis preto da normalidade, nun abrir e pechar de ollos todo isto xa pasou e todo se convertirá nunha anécdota que podedes contar, veredes ;)

Unha aperta moi grande!

As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Lingua Castelá: 

Imos facer unha noticia como as que podemos ver nun xornal, nunha revista, en internet... Para iso tedes unhas instruccións e uns exemplos que vos van servir para saber que partes ten unha noticia e como a tedes que escribir. Clicade no seguinte enlace para velas:



O enunciado da tarefa é o seguinte:

  • Escribe una noticia sobre algo que te pasara en estes días de cuarentena. 

Se non se vos ocorre nada, podedes inventala. Non ten que ser extensa, con 5-10 liñas é suficiente. Na vosa noticia non é obrigatorio poñer unha imaxe, nin un pé de foto, pero se queredes podedes facer un debuxo. 


ESTA TAREFA ENVIÁDEMA POR CORREO OU TELEGRAM, CANDO POIDADES






MARTES, 19 DE MAIO DE 2020


3ºB

Moi bos días a tod@s!

Como levastes o luns? Agardo que vos encontredes moi ben e que levedes este confinamento o mellor posible, pero sempre cun sorriso moi grande!

A partir de hoxe, cada semana teredes algún reto sobre as formas, que de seguro vos vai entreter. Para iso tedes a seguinte explicación interactiva sobre diferentes contidos que imos ir vendo. Tedes que clicar nos circuliños e sairanvos ventás de información. O enlace é o seguinte: 



Comezamos hoxe cun RETO que me teredes que enviar ao longo desta semana ata o venres, por suposto, os prazos son flexibles. Neste desafío teredes que enviarme fotos de dous obxectos da vosa casa que sexan paralelogramos! Para iso tedes unha explicación sobre os paralelogramos e outras formas. Así que convertídevos en exploradores e exploradoras e a buscar! Clicade no seguinte enlace para saber máis dos paralelogramos:



Calquera dúbida que teñades podedesme preguntar e resolvereivola! 

Estades demostrando en todos os vosos traballos que sodes uns campións e unhas campioas, esforzándovos por sacar todas as tarefas adiante!

Unha aperta moi grande e desfrutade do martes!


As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Matemáticas: 

  • Imos facer exercicios de repaso das divisións e, ampliamos un pouquiño máis. Imos ver as divisións con 4 cifras no dividendo; son case iguais que as que estivestes facendo ata agora. Xa veredes!

  • Páxina 110: exercicio 8. 

- Lingua Castelá: 





  • Para repasar os prefixos, tedes os seguintes exercicios para facer no voso caderno: (No exercicio 4 algunhas palabras xa teñen prefixo, co cal para crear a palabra contraria teredes que quitarllo)









LUNS, 18 DE MAIO DE 2020


3ºB

Bos días miñas nenas e meus nenos!

Que tal a fin de semana? Espero que tiverades tempo para xogar e pasalo ben, saír á rúa un pouquiño e desconectar o que se poida desta situación, que como sabedes vai mellorando pasiño a pasiño. 

Aquí estamos outro luns e imos afrontalo con moita forza e ganas para que o tempo nos sexa moito máis levadeiro. Seguro que aprenderedes un montón!

Coma todos os luns, poño o enlace ás correccións da semana pasada. Xa sabedes, ides facer de mestras e mestres corrixindo os vosos propios cadernos!


Calquera dificultade ou aspecto que me queirades comentar podedes facelo por correo ou Telegram! 

Unha aperta moi moi grande a tod@s! Que pasedes un bo luns!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Matemáticas: Hoxe tedes exercicios para repasar todos os tipos de divisións, polo tanto se o necesitades podedes repasar os vídeotutoriais dos días anteriores ou o libro. 

  • Páxina 110: exercicios 1 e 12

- Lingua Galega: 
  • Facedes os seguintes exercicios sobre os verbos no voso caderno
  • Logo, clasifica os verbos da actividade anterior segundo a súa terminación:
             Terminados en -ar
             Terminados en -er
             Terminados en -ir









VENRES, 15 DE MAIO DE 2020


3ºB

Moi bos días nen@s e familias!

Si, xa é venres e podedes ter un pequeniño descanso! Como vos foi esta semana? Que tal coas tarefas, coas divisións, cos verbos...? Podedes comentarme calquera dificultade que teñades ou o voso progreso tanto por Telegram como por correo! Estarei encantada de saber de vós!

Non sei se sabedes que o domingo é un día moi importante na nosa comunidade, en Galicia, xa que se celebra o Día das Letras Galegas, no cal entre outras cousas se homenaxea a un escritor/a importante da lingua galega. 

Sabedes por que se celebra sempre o 17 de maio? Pois porque este mesmo día, o 17 de maio do ano 1863, coincide coa publicación da obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Esta poeta e escritora galega está considerada unha das máis importantes da súa época e, ademais, estivo moi comprometida sempre con Galicia e co galego. 

Este ano o homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero e para saber máis del, tedes o seguinte scape room. Animádevos a facelo porque mediante un xogo ides coñecer máis cousas sobre a vida de Carvalho Calero! Clicade no enlace:


Tamén vos deixo por aquí un vídeo sobre a súa vida e unha obra que el publicou chamada "As pitas baixo a choiva", seguro que vos gusta!







Que pasedes unha boa fin de semana! Descansade moito, divertídevos e a coller moitas forzas!

Unha aperta moi, moi grande!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 


- Matemáticas: 
  • Lectura páxina 109: explicación das divisións con ceros intermedios no cociente. Ademais tedes o seguinte vídeo con exemplos:

  • Páxina 109: exercicios 34 e 36

Xa sabedes, que calquera dificultade ou problema que teñades coas divisións podedes falarme e resolvereivos as dúbidas!


- Naturais: 
  • Ler as páxinas 72 e 73: animais salvaxes e domésticos
  • Páxina 73: exercicio 1








XOVES, 14 DE MAIO DE 2020


3ºB

Ola miñas nenas e meus nenos! Moi bo día!

Que estamos a xoves xa! Como levades esta semana? Collede con moitas ganas  estes días porque xa vos falta moi pouquiño para ter un descanso na fin de semana. Estades traballando moi ben!

Hoxe tamén vos deixo por aquí algunhas tarefas que non tedes no libro, é dicir, tedes que facer coma onte. Debedes copiar os enunciados e realizar as tarefas correspondentes no caderno. 

Moito ánimo que vós podedes facelo! 

Un biquiño virtual moi grande!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Matemáticas:

  • Tedes a explicación na páxina 108 do libro. Ademais podedes ver o seguinte titorial no cal tedes algúns exemplos: 

  • Páxina 108: exercicio 28



- Lingua Galega: 

Imos ver o presente, pasado e futuro dun verbo. Recordade que os verbos eran as accións que realizamos, por exemplo, saltar, comer, bailar, abrir... 



Agora que sabedes que é o presente, o pasado e o futuro, fixádevos nas seguintes oracións: 



Pasado: Miña irmá bailou nun festival.



Presente: Meu pai cociña unha torta de mazá. 



Futuro: Eu correrei mañá un maratón. 




  • As tarefas a realizar no caderno son as seguintes (No exercicio 1 tedes que clasificar os verbos segundo sexan en pasado, en presente ou en futuro. É dicir, tedes que ver se é unha acción que xa pasou, sería pasado; se é unha acción que está ocorrendo no momento no que se fala, sería presente; ou se é unha acción que se realizará máis tarde, sería futuro)










MÉRCORES, 13 DE MAIO DE 2020


3ºB

Moi bos días familias e nen@s! 

Xa estamos a mércores! Que rápido pasan os días! 

Que tal vos encontrades? Tedes algunha dificultade con algunha tarefa? Xa sabedes que tedes o meu correo ou Telegram e me podedes contar calquera cousiña que necesitedes. 

Para o día de hoxe tedes unhas tarefas de Lingua Castelá que non tedes no libro, é dicir, aquí aparécevos unha imaxe coa tarefa. Como xa vos dixera na videochamada, cando sexa así, tedes que copiar o enunciado no caderno da materia correspondente e realizalo. 

Pasade un moi bo día! Un biquiño moi grande para vós!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Lingua Castelá: 
  • Lectura páxina 145. Ademais tedes o seguinte titorial para axudarvos a entender que é o infinitivo do verbo, o número e a persoa. 

  • Os exercicios son os seguintes:



- Sociais: 
  • Lectura páxina 76 e 77
  • Páxina 76: exercicio 1 e 2.





MARTES, 12 DE MAIO DE 2020


3ºB

Bos días de novo a tod@s!

Como vos encontrades? Podedes contarme por correo ou Telegram se queredes! Onte seguro que xa sabedes que entramos na primeira fase da desescalada, é dicir, que agora xa se pode saír á rúa para certas cousas, volveron a abrir as tendas, ampliaron o horario para pasear en algunhas zonas... pero evidentemente, debemos seguir sendo responsables e saír con cautela. Así esta situación rematara máis axiña! Vós xa salistes algo a pasear? Que sensacións tivestes despois de levar dous meses en corentena? A que foi unha sensación algo estraña?

Por outra banda, xa me chegaron algúns dos vosos collage de plástica! Sodes unhas e uns artistas! Como sabedes, aínda tedes de prazo ata o día 22 de maio. 

Que pasedes unha boa tarde e unha aperta moi grande para tod@s! Que ganas teño de que nos volvamos ver!


As tarefas de hoxe son as seguintes: 

- Matemáticas: Seguimos repasando as divisións coa primeira cifra do dividendo menor que o divisor. Xa sabedes que podedes consultar o titorial de onte.

  • Páxina 107: exercicios 23 e 26. (No exercicio 23 hai que facer máis operacións que unha, é mellor que fagades un esquema ou debuxo no voso caderno que vos axude a entendelo)

- Lingua Castelá: 
  • Lectura páxina 145.
  • Páxina 145: exercicio 3 









LUNS, 11 DE MAIO DE 2020


3ºB


Bos días de novo miñas nenas e meus nenos! 

Como estades? Agardo que pasarades unha fin de semana estupenda, que tiverades tempo para pasalo ben, desconectar e xogar moito. E comezamos outra semana máis nas nosas casas, con moitas ganas e ilusión por seguir aprendendo! 

Coma todos os luns, envío as correccións das tarefas que realizastes a semana pasada, pero hoxe tédelas aquí no seguinte enlace, clicade para velas: 



Moito ánimo a tod@s para afrontar esta semana! Cada día falta menos para volver á normalidade!

Unha aperta virtual moi grande!


As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Matemáticas: 

  • Lectura páxina 107: Primeira cifra do dividendo menor que o divisor. Ademais tedes o seguinte titorial que vos pode axudar:


  • Páxina 107: exercicio 21

- Lingua Galega: 
  • Lectura páxina 146: Os pronomes persoais
  • Páxina 146-147: exercicios 3, 4 e 5.


Xa sabedes que aínda que estedes facendo as tarefas nas vosas casas, debedes ter o caderno e os traballos que fagades ordenados, mantendo unha limpeza e boa letra. Ademais tedes que fixarvos nas faltas de ortografía e intentar non ter tachóns. En Matemáticas recordade que as contas deben estar separadas unhas das outras.Ánimo, que sei que o conseguides!






VENRES, 8 DE MAIO DE 2020



3ºB


Moi bos días a tod@s!

Xa estamos a venres! Non tedes ganas? Como levastes esta semana? Agardo que vos encontredes moi ben, tanto de ánimos como de saúde. Esta situación xa vos dirán @s vos@s familiares ou escoitaredes nos medios de comunicación, que vai a menos. Pero debemos seguir sendo responsables para non voltar atrás!

O que si teño claro é que vós sodes os primeros campeóns e campioas desta batalla! Aguantastes contra vento e marea confinados nas vosas casas, continuastes coas tarefas do colexio e puxestes ganas e ilusión por seguir aprendendo!

Por certo, fixestes o reto voluntario de onte? A que vos fixo pensar, facelo, borrar e volver facelo unha cantas veces? Pois aquí tedes unha posible solución: a → 2; b → 3; c → 6; d → 1; e → 5; f → 4

E para esta fin de semana, se o queredes ver (voluntario), tedes aquí un pequeniño documental sobre os contidos que estamos vendo en Naturais, no cal ides ver diferentes adaptacións de animais ao medio no que viven e algunhas curiosidades. 





Que pasedes unha moi boa fin de semana! Xa sabedes, desconectade, aproveitade para xogar, divertirvos, pasar tempo en familia, cociñar, ler ou o que máis vos guste!

Unha aperta moi grande a tod@s! 



As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Matemáticas:
  • Páxina 106: exercicios 17 e 18 (No exercicio 18 recordade como se calculaba a cuarta parte! Entre que número tíñamos que dividir? Podedes mirar na páxina 97 do voso libro)

- Naturais: 
  • Lectura páxina 70 e 71. Ademais, clicando no seguinte enlace, tamén podedes ver este pequeno vídeo sobre a función de relación nos animais.

  • Páxina 70: exercicio 1

- Plástica: Hoxe tamén tedes unha tarefa de plástica que estou segura que pasaredes un tempo entretidos facéndoa. Tedes de prazo para entregala ata o venres 22 de maio. Logo enviádesme unha foto ao meu correo ou por telegram, farei un vídeo e poderemos velas todas aquí no blog! Sede moi creativos, orixinais e a imaxinar, artistaz@s! Para ver a tarefa clicade no seguinte enlace:









XOVES, 7 DE MAIO DE 2020



3ºB


Moi bos días a tod@s!

Que tal esta semana? Como ides levando as tarefas? Agardo que os titoriais e vídeos que deixo por aquí, vos axuden a realizar as tarefas e, por suposto, a seguir aprendendo. Se me queredes contar as vosas dificultades, algún contido que necesitades repasar ou como vos encontrades nesta situación, xa sabedes que podedes facelo! Agora, imos a polo xoves con un montón de ganas e ilusión!

Hoxe téñovos outro RETO VOLUNTARIO por se queredes pasar un tempo entretid@s e, incluso retar á vosa familia para ver se é capaz de resolvelo! Aquí vai, a facer cálculos!: 





Moito animo meus nenos e nenas! 

Un biquiño virtual moi forte!



As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Matemáticas:
  • Páxina 106: exercicios 13 e 16.
Hoxe imos facer divisións moi similares ás que xa fixemos, veredes que xa sabedes facelas. Como axuda tedes o seguinte titorial:





- Lingua Galega:
  • Lectura páxina 137-138-139
  • Páxina 140: exercicios 1 e 5. 







MÉRCORES, 6 DE MAIO DE 2020


3ºB


Ola miñas nenas e meus nenos! Moi bos días!

Xa estamos a mércores, os días pasan voando! Como estades? Saístes algo á rúa para dar un pequeniño paseo e airear? Seguro que si! Como vedes xa se están levantando algunhas medidas e parece que a situación vai mellorando, por fin! Polo tanto, debemos seguir sendo responsables (vós xa sei que o sodes), para poder terminar axiña con este virus e ganarlle nós esta batalla a el!

Por outra banda, falta algún de vós por enviarme o conto que tivestes que facer o venres. En canto poidades mandádemo para corrixir. Ademais encantoume lelos!

Unha aperta moi grande para tod@s! E moitísimo ánimo! 


As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Sociais: 
  • Lectura da páxina 74 e 75: Vivimos en cidades.
  • Páxina 75: exercicio 6. 
- Lingua Castelá: 

  • Lectura do recadro amarelo da páxina 144.
  • Páxina 144: exercicio 1 e 2 (No exercicio 2, tedes que clasificar os verbos segundo acaban en -ar, -er ou -ir, é dicir, segundo as súas terminacións)
Ademais tedes un vídeo que podedes consultar sobre os verbos:











MARTES, 5 DE MAIO DE 2020


3ºB


Moi bos días a tod@s!

Como vos encontrades? Que tal a realización das tarefas? Agardo que estedes levando este confinamento tan ben como ata agora. O bo é que esta situación é pasaxeira e, dentro de moi pouquiño, xa poderedes saír a xogar e a correr como a vós vos gusta. 

Por certo, xa me chegaron moitos dos vosos contos e están chulísimos! Sodes moi creativ@s e orixinais! En canto os teña corrixidos, xa sabedes que vos enviarei un correo ou unha mensaxe ao Telegram coas correccións, para que vós o fagades no voso caderno. 

Desfrutade un montón do martes e a afrontalo con moita enerxía e ganas! Moito ánimo para tod@s vós!

Apertas moi grandes!


As tarefas de hoxe son as seguintes:


- Matemáticas:

  • Páxina 105: exercicios 8 e 11. (No exercicio 8, recordade que para saber o dividendo dunha división, non tiñamos que facer a proba da división?, pois aí tedes unha pista!)

- Lingua Castelá: 
  • Páxina 146: exercicios 1 e 4. 






LUNS, 4 DE MAIO DE 2020



3ºB


Moi bos días meus nenos e miñas nenas! 

Que tal a fin de semana? Aquí estamos unha semana máis e xa entramos en maio! Que rápido pasan os días verdade? Fai case dous meses que non ides ao colexio, que non nos vemos, que non me contades as vosas aventuras e non sabedes cantas ganas teño de vervos! Pero isto pasará dentro de moi pouquiño, veredes, e quedará nos nosos recordos como unha anécdota máis que contar. E menuda anécdota! 

Xa me chegaron varios vídeos dos vosos retos! Oxalá vos permitira pasar un momento entretidos coa familia. Se vos animades a facelo ensinádemo, que me encantan os vosos coches que me fostes enviando!

Por outra banda, o conto que tivestes que facer o venres teredes que enviarmo, xa que estou segura que fostes moi creativos e teño moitas ganas de ver as vosas historias! Polo tanto nestes próximos días, quen non mo enviou, que o vaia facendo ao correo ou por Telegram!

Hoxe, coma sempre, enviareivos ao correo as correccións de todas as tarefas da semana anterior. Xa sabedes que estou para calquera dúbida, pregunta ou cuestión que me queirades facer, non o dubidedes.

Apertas moi, moi, moi grandes!



As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Matemáticas:
  • Páxina 105: exercicios 7 e 9. 
Para a realización destes exercicios tedes o seguinte titorial que espero que vos axude. Ademais tamén podedes mirar a explicación desa páxina (Non lle facer caso ao que digo no vídeo, de que era o último día da semana, porque non o é!)




- Lingua Galega (imos facer exercicios de repaso do tema):
  •  Páxina 134: exercicios 3 e 4. 


Recordade seguir mantendo unha orde no caderno, intentando facer boa letra, copiando ben os enunciados e coidando a ortografía. Ademais no caderno de matemáticas fixádevos que entre unha división e outra debemos deixar uns 3 ou 4 cadradiños para que non queden todas as contas xuntas! Estou segura que xa o facedes moi ben, simplemente é un recordatorio para que as vosas libretas e os vosos traballos continúen tan ben como o estabades facendo; porque diso se trata, de que todo o que vaiades aprendendo, o utilicedes nun futuro e vos sexa útil!






XOVES, 30 DE ABRIL DE 2020



3ºB


Ola de novo a tod@s!

Que tal levastes esta semana? Aquí estamos un día máis e con este, rematamos as tarefas por esta semana (mañá é festivo)! Desfrutade moito destes días libres, non son como máis nos gustarían, pero tamén podemos buscar cousas para entreternos! E, sabedes que? A nosa cabeciña moitas veces tamén se ten que aburrir, para facela pensar, crear e ter novas ideas!

Hoxe como vos comentei na videochamada tedes un RETO VOLUNTARIO, facer un coche autopropulsado! Que por certo, eu xa o fixen e aquí tedes a proba! É capaz ata de dar curvas!





Se queredes facelo, aquí vos deixo un titorial; é moi sinxelo e ademais faise con materiais reciclados que de seguro temos pola casa. Se vos animades, mandádeme vídeo!






Moito ánimo a tod@s vós, estades demostrando que sodes uns loitadores e loitadoras, para acabar canto antes con este virus! Ata luns!



Unha aperta enoooooooormeeeee!





As tarefas de hoxe son as seguintes:


- Matemáticas:
  • Páxina 104: exercicio 3 → Neste exercicio recoméndovos poñer as divisións en caixa (como facedes sempre) para ver que operación tedes que facer.


- Lingua Galega:



  • O enunciado do exercicio é o seguinte: Inventa un conto no teu caderno seguindo as seguintes pautas

A continuación póñovos as pautas que debedes seguir para facer un conto. Fixádevos que un conto debe ter tres partes (introdución, nó e desenlace) e tamén que información debedes poñer en cada unha delas. A extensión non debe ser máis dunha páxina. Xa sabedes, a ser creativos!



Aquí tedes o enlace ás pautas dun conto, clicade nel e levaravos á páxina!








E por se non vos vai o anterior enlace, poñédes esta páxina no buscador de internet e xa vos levaría tamén:
https://drive.google.com/file/d/16EIdGYf4WKhvwnWfOA91qC0DOhG9_nRi/view?usp=sharing 















MÉRCORES, 29 DE ABRIL DE 2020


3ºB


Moi bos días a tod@s! 

Que tal estades miñas nenas e meus nenos? Xa estamos a mércores e esta semana só teríamos que ir catro días ao colexio, porque o venres é festivo! Máis que merecidísimo tedes este descanso, polo voso traballo día a día e o esforzo e as ganas que lle poñedes sempre!

Como vos comentei na videochamada do venres pasado, esta semana tráiovos un reto, asique estade atentos mañá e a ver quen se atreve a facelo ;)

Un biquiño enorme e virtual para todos vós! Moitíííííííííísimo ánimo, que cada día falta menos para volver á normalidade!



As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Sociais (unha vez que xa sabemos como é a convivencia nun colexio, coa familia e coas demais persoas, investigaremos un pouco sobre o lugar onde vivimos)
  • Lectura páxina 72 e 73.
  • Páxina 72: exercicio 3.
  • Páxina 73: exercicio 5. 

- Lingua Castelá:
  • Lectura páxina 143.
  • Páxina 143: exercicios 1 e 2. 






MARTES, 28 DE ABRIL DE 2020


3ºB


Ola de novo a tod@s!

Que tal estades? Unha semaniña máis nas nosas casas, afastad@s dos amigos e amigas, de moitos familiares e sen poder facer o que máis nos gusta fóra das nosas casas... Nunca pensastes que poderiades estar tanto tempo metidos entre paredes, verdade? Pois si, tedes unha gran capacidade de adaptarvos a calquera situación e de entretervos con calquera cousa. E, como non, tamén entretedes ás vosas familias, que estou segura que ata nos momentos de máis tristeza lle quitades un sorriso! 

Por iso, sodes unhas campioas e uns campeóns! Porque estades facendo un esforzo tremendo para levalo o mellor posible e facer que este virus se acabe axiña. 

Agora moit@s de vós seguro que saídes á rúa a dar un pequeniño paseo. Pero recordade que temos que seguir sendo responsables e manter as distancias de seguridade cas demais persoas, porque así toda esta situación rematará moito antes e poderemos volver á normalidade. 

Por outra banda, como foi o voso primeiro contacto coas divisións facéndoas dunha nova forma? Espero que me contedes nos próximos días! 

Unha aperta xigante, xigantesca!



As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Matemáticas: 
  • Páxina 104: exercicios 2 e 4. 

- Lingua Castelá:
  • Lectura páxina 138-139-140.
  • Páxina 141: exercicios 4 e 5. 






LUNS, 27 DE ABRIL DE 2020

3ºB


Moi bos días meus nenos e miñas nenas!

Xa estamos a luns, outra semana máis e unha menos para volver ao colexio! Que tal a fin de semana? Espero que o pasárades xenial e que tiverades tempo para desconectar, xogar e divertirvos. Por certo, encantoume vervos o venres e que me contárades como levastes a corentena nas vosas casas. A videochamada funcionou xenial e puxémonos ao día de un montón de cousas, que ganas tiña de vervos e que alegría se vía nas vosas caras! 

Recórdovos que hoxe envío por correo as correccións da semana pasada. Agora si, comezamos con algunha tarefa, e para iso xa vos dixen que había que recargar as pilas un montón! Alá imos!

Xa sabedes que calquera dúbida que teñades ou calquera cousa que me queirades contar podedes facelo!

Un biquiño virtual enorme! 



As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Matemáticas: 
  • Lectura da páxina 104: Dividendo de dúas cifras e tedes os seguintes vídeos que vos explican como realizamos as divisións, dunha forma distinta pero moi sinxela!
Se na páxina do blog non vos vai o vídeo, tedes o seguinte enlace: https://youtu.be/LJbibFOgj1g 




  • Páxina 104: exercicios 1.

- Lingua Galega: 

  • Páxina 129: exercicios 4 e 5. 






VENRES, 24 DE ABRIL DE 2020

3ºB


Bos días de novo!

Que tal vos foi a semana? Seguro que vos pasou moi rápido, verdade? Xa é venres! E hoxe que vai pasar? Que nos imos ver nunha videochamada! Como lles expliquei ás vosas familias por correo, o enlace para entrar desde un ordenador á videochamada podédelo ver na parte superior desta páxina (arriba de todo) e dende un móbil, teredes que descargar a aplicación Jitsi Meet e, unha vez que a abrides, poñer o nome da videochamada que é terceirovalleinclan.

Desfrutade moito da fin de semana, desconectade e collede moitas forzas para comezar con moitas ganas a semana que ven! 

Vémonos aquí de novo o luns, moitísimo ánimo! Xa queda moito menos para que todo isto pase e voltemos á normalidade! Mentres tanto tócanos ser responsables e seguir esperando a que os contaxios polo virus vaian a menos...

Xa sabedes, ás 12:00h da mañá podemos vernos e xa me contaredes como levades estes días nas vosas casas! 

Apertas enormes e virtuais para vós!



As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Matemáticas: 
  • Realiza no caderno esta operación:      2634x89 
  • Páxina 98: exercicio 4.
  • Páxina 99: exercicio 14. 

- Naturais:

  • Lectura páxina 68-69.
  • A continuación déixovos un pequeniño documental sobre o nacemento das tartarugas e contestades no caderno ás seguintes preguntas. Estou segura que vos gustará saber un pouco máis sobre a vida delas! 
1. De que forma se reproducen as tartarugas e como se chama ese tipo de reprodución?

2. Durante este tempo de corentena nas nosas casas podemos ver nas noticias que sobreviven máis tartarugas que anteriormente. Por que pensades que é así? Investiga buscando en internet e escríbeo no teu caderno. 




A dirección do vídeo é esta: https://www.youtube.com/watch?v=-xYoJ5JNCvA

Recórdovos que aínda que os enunciados non os teñamos no libro e os vexades aquí no blog, tedes que copialos igual no voso caderno para que logo saibades a que exercicio vos estades referindo. É para ter moito mellor organizado o voso caderno, se non cando quixérades buscar un exercicio volveríamonos tol@s! Sei que sodes capaces de tela organizada e que xa o estades facendo moi ben!







XOVES, 23 DE ABRIL DE 2020

3ºB


Moi bos días de novo a tod@s! 

Que tal estades? Xa sei moito de vós polas mensaxes que me mandades, seguro que seguides xenial! A polo xoves con un montón de gañas! Que si, xa estamos a xoves! Xa vos digo que os días pasan correndo e cando non nos demos conta, xa estamos de novo véndonos nas aulas!  

Estanme chegando todas as vosas tarefas que vos vou pedindo día a día. Non vos preocupedes se non podedes mandarmas ese mesmo día porque os vosos familiares van traballar, mandádesma cando teñan un oco libre, que non pasa nada. 

Por outra banda, como xa me esparaba, as tarefas están moi ben. Seguides traballando un montón, vexo as libretas moi limpas, sen tachóns e ordenadas. Continuade así, porque todo esforzo ten a súa recompensa e, ao final deste trimestre, recolleredes os seus froitos. 

Non sei se sabedes que hoxe, 23 de abril, é o Día do Libro. Na pestaniña deste blog de BLIBIO NA CASA tedes algunha sorpresa, ide vela que vos encantará e veredes a tod@s @s profes! 

Sabedes porque se celebra este día e non outro?
O motivo é porque o mesmo día de hoxe pero fai moitos anos, concretamente, o 23 de abril de 1616 falecían tres dos escritores máis importantes da historia da literatura: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Así dende o ano 1930, celébrase este día para homenaxear a todos os libros e aos seus autores e autoras. 
Xa sabedes, a desfrutar dos libros que máis vos gusten!

Aquí vos deixo un vídeo sobre a biografía de Cervantes. A ver se escoitades no vídeo cal é a súa obra máis coñecida, estou segura que escoitastes falar dela algunha vez!

Por se non vos vai o vídeo , o enlace para buscalo en internet é: https://www.youtube.com/watch?v=HAxjVeqKH_8




Moito ánimo miñas nenas e nenos! 

Espero que vos cheguen os biquiños que vos mando! 



As tarefas de hoxe son as seguintes (como sempre, o luns enviarei por correo as correccións aos exercicios desta semana):


- Matemáticas: 

  • Páxina 97: exercicio 38 (recordade como se calcula a metade, o tercio e o cuarto que aparece nesa mesma páxina)
  • Páxina 98: exercicio 6 → Neste exercicio escribides as divisións como o facemos sempre, que vos será máis sinxelo para ver que operación tedes que facer. Intentádeo, que seguro que sodes capaces!



- Lingua Galega:

  • Lectura páxina 128 do libro de texto. 
  • Páxina 128: exercicios 1, 2 e 3 (No exercicio 1 facedes a táboa no caderno)
A continuación tedes unha axudiña para aprender os determinantes posesivos en galego. 












MÉRCORES, 22 DE ABRIL DE 2020

3ºB


Bo día meus/miñas nen@s! 

Como ides? Xa sei, polos correos que me mandades, que estades tod@s moi ben e pasando este confinamento da mellor maneira posible. Ademais tamén sei que estades traballando un montón (non o dubidaba) e que seguides coas tarefas a diario. Non me canso de decírvolo que sodes uns campeóns e unhas campioas por esforzarvos desa maneira! Seguide así!

Como xa vos comentarían as vosas familias, venres ás 12:00h da mañá, imos facer unha videochamada! Por fin nos imos ver! En principio ía ser tamén coa aula de 3ºA, pero ao final imos facer a primeira videochamada só coa nosa aula, para que poidamos escoitar e entendernos mellor. Xa tedes o enlace á videochamada ao principio de todo, neste blog!

Que teñades un bo mércores e moito ánimo!

Biquiños enormes para vós!



As tarefas de hoxe son as seguintes:

Aínda que teñades que enviarme tarefas, vós facédelas sempre no caderno correspondente. Recordade ter boa letra e manter o caderno limpo e con orde para organizarvos mellor!


- Sociais (Logo de ver o importante que é convivir no colexio, imos ver agora a convivencia coas demais persoas)
  • Lectura páxina 84 e 85.
  • Páxina 85: exercicio 6 - Neste exercicio tedes que investigar sobre algunha asociación ou ONG e buscar información sobre a quen axuda. Poñédevos mans á obra! (ENVIÁDESME UNHA FOTO POR CORREO OU TELEGRAM)
- Lingua Castelá: 
  • Páxina 135: exercicios 6, 7 e 8.


MOITO ÁNIMO!







MARTES, 21 DE ABRIL DE 2020

3ºB


Veña, a levantarse con ganas! Moi bos días meus/miñas nen@s e familias!

Que tal comezastes a semana? Xa estamos a martes, os días pasan correndo e cada día falta menos para que nos volvamos ver! 

Como vos foron as tarefas de onte? Espero que xenial! Continuade repasando moito as táboas de multiplicar que son importantísimas e tamén lendo moito. Xa que agora non podemos viaxar, podemos facelo a través dos libros e, de seguro, vos levaran a vivir aventuras apaixonantes e a coñecer personaxes nunca vistos!

Como vos comentei onte a través dun correo, irei poñendo por aquí as tarefas que me tedes que enviar e hoxe temos unha! (Pode ser a través do correo electrónico ou tamén a través de Telegram, que é moi sinxelo, similar ao whatssap). 

Moitos biquiños para vós! 



As tarefas de hoxe son as seguintes:


- Matemáticas: 
  • Páxina 97: exercicios 35, 36 e 37. 
Podedes darlle ao seguinte enlace e levaravos a un xogo para practicar a metade, o tercio, o cuarto, o doble, o triple... 



- Lingua Castelá:
  • Lectura páxina 130: ler o recadro amarelo e o exercicio 1 e 2 (estes non hai que facelos no caderno, só lelos)
  • Páxina 131, o enunciado do exercicio será: Escolle UNHA SOA imaxe do exercicio 5 e descríbea. (ESTA TAREFA ENVIÁDEMA AO TELEGRAM OU POR CORREO)
Como axuda para este exercicio tedes a seguinte descrición. Lédea e facedes igual que no exemplo (Non tedes que separala por partes como aparece no exemplo; vós tedes que separala por párrafos, é dicir, no primeiro párrafo describides que é, no segundo párrafo describides como é... tal como aparece na columna da dereita). 










LUNS, 20 DE ABRIL DE 2020

3ºB


Moi bos días nen@s e familias!

Que tal a fin de semana? Comezamos unha nova semana con moitas gañas! 

Fixádevos, xa fai máis dun mes que estamos en corentena sen saír das nosas casas e os días cada vez pasan máis rápido, co cal iso quere dicir que xa falta moito menos para vernos! Sodes @s que máis estades conseguindo parar este virus e facedes tod@s un gran esforzo para iso, que eu persoalmente vos agradezo un montón! Espero que esta fin de semana recargarades a mochila de moita ilusión e gañas por aprender e... seguramente esta semana teñamos SORPRESA! Xa vos contarei...

Por outra banda, coma todos os luns, envíovos ao correo as solucións aos exercicios da semana pasada! Xa sabedes que para calquera dúbida tedes o meu correo! 

Que teñades un bo luns e comezo de semana! Moito ánimo!

Unha aperta xigantesca!



As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Matemáticas: 
  • Páxina 96: exercicio 32 (Nese exercicio tedes que calcular o dividendo das divisións. Sabemos cal é o cociente, o divisor e o resto... e se facemos a proba da división que obteriamos? Fixádevos cociente x divisor + resto = dividendo. Polo tanto, xa sabedes, teredes que facer a proba da división para saber cal é o número do dividendo!)
  • Páxina 98: exercicios 11 e 12. 

- Lingua Galega:

  • Ler o recadro verde da páxina 131.
  • Páxina 131: exercicios 4 e 5.


Recórdovos, aínda que xa sei que o sabedes, que hai que manter unha orde e limpeza nos cadernos. Recordade poñer ben a data (en galego ou castelán segundo a materia), sen tachóns, con boa letra, poñer a páxina e o número dos exercicios para saber onde están os exercicios que estamos facendo... Ademais intentade non ter faltas de ortografía, revisade o que escribides e se vedes algunha corrixídela. Isto é moi importante para vós, porque vos axuda a organizar e ser responsables co voso traballo. Estou segura que o estades facendo moi ben, tal como o estabades facendo no colexio! 







VENRES, 17 DE ABRIL DE 2020

3ºB


Bo día de novo a tod@s! 

Xa estamos no venres! Que tal vos foi a semana? A que vos pasaron moi rápido estes días? A min tamén! Espero que vos encontredes xenial e que estedes entretidos facendo as tarefas día a día. 

Nas tarefas de hoxe ides ter que facer un esquema. Tal como facíamos co Lapbook no colexio, recordade que para facer un esquema debemos seguir estes pasos:

  1. Ler o texto e entendelo.
  2. Anotar a idea principal (o título).
  3. Colocar as ideas secundarias relacionadas co título: non podemos poñer exactamente o mesmo que no libro, é dicir, as frases deben ser cortas e contar só o máis importante para poder entender a información. 
  4. Elaborar o esquema utilizando liñas, frechas... Tamén podemos decoralo con cores. Ademais recordade que o título podémolo poñer en maiúsculas ou cunha letra nun tamaño máis grande para diferencialo. 
Calquera dúbida ou cousa que me queirades contar xa sabedes que tedes o meu correo!

Que teñades unha boa fin de semana e divertídevos moito! 

Apertas enormes, enormes, enormes!




As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Matemáticas: 
  • Páxina 98: exercicios 3 e 10. (Para facer o exercicio 3 podedes consultar a páxina 96 do libro ou o vídeo explicativo que aparece no mércores día 15 de abril. Se aínda así tedes dificultades non dubidedes en escribirme!)
- Naturais: 
  • Ler as páxinas 66-67: facer un esquema da páxina 66 no caderno tal como vos expliquei anteriormente. Como xa levamos unhas semanas sen facer un, a continuación tedes un exemplo deste esquema igual  aos que faciamos na aula.  

  • Páxina 67: exercicios 4 e 5. (O exercicio 4 podedes facelo sen táboa)

Tamén vos deixo un vídeo que vos axudará a entender moi ben este tema dos animais e repasar o anterior das plantas. Nel ides ver información e curiosidades sobre os animais que de seguro vos gustarán. Botádelle un ollo! ;)





MOITO ÁNIMO MIÑAS CAMPIOAS E MEUS CAMPIÓNS! ESTÁDELO FACENDO XENIAL!






XOVES, 16 DE ABRIL DE 2020

3ºB


Moi bo día meus nen@s! :)

Que tal vos encontrades? Como estades levando as tarefas? Agardo que os vídeos que vos mando vos sexan de axuda e non teñades grandes dificultades e, calquera dúbida que queirades preguntar, xa sabedes que tedes o meu correo. Tamén me podedes escribir para contarme calquera anécdota dos vosos días, para dicirme como vos sentides, para mandar fotos como estivestes facendo ata o de agora ou que se vos ocorra!

Apertas moi grandes para vós!


As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Lingua Castelá: 
  • Lectura do recadro amarelo da páxina 128.
  • Páxina 128-129: exercicios 2, 3 e 5. 
- Sociais: 
  • Lectura páxina 69: Estou segura que todo o que vos explica nesta páxina vós xa o estades facendo nas vosas casas, asique xa sabedes, colaborar nas tarefas da casa é moi importante para axudar ás nosas familias!
  • Lectura páxina 70: realizar o exercicio 2 desta páxina. (Poden ser normas para o recreo, normas para a aula, normas para a chegada ao colexio, normas para o momento de saída...) 
A continuación tedes un corto (un vídeo pequeniño) para entender o importante que é a convivencia. Escoitar as opinións dos demais sempre é moi importante, porque así conseguimos arranxar as nosas diferenzas. Xa veredes que perigoso é ás veces non chegar a un acordo, non ser capaz de entendernos e pensar que o que dicimos nós é a única verdade. 






MÁNDOVOS MOITO ÁNIMO!









MÉRCORES, 15 DE ABRIL DE 2020

3ºB


Bo día nen@s e familias! 

Que tal levastes o primeiro día de "cole" despois das vacacións? Seguro que xenial! Mándovos moito ánimo e levantádevos todos os días coas ganas de querer comer o mundo! 

Alá imos polo mércores; xa vedes que esta semana é cortiña e, cando non vos deades conta, xa estamos de novo en venres.

Unha aperta xigantesca e recordade que vos boto MOITO de menos!


As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Matemáticas: 
  • Páxina 96: copiades no voso caderno o esquema da proba da división e o recadro amarelo que aparecen nesta páxina.
  • Páxina 96: exercicios 30 e 31. 
Para a realización destes exercicios podedes consultar esa páxina do libro e tamén este vídeo que vos deixo a continuación:



- Lingua Galega: 
  • Lectura da páxina 130.
  • Páxina 130: exercicios 1, 2 e 3. 






MARTES, 14 DE ABRIL DE 2020

3ºB


Moi bos días de novo, meus/miñas nen@s e familias!

Que tal estas vacacións un tanto “estrañas”? Agardo que estiverades xenial, que desconectarades do traballo do colexio un pouquiño e que pasarades moito tempo xogando, cociñando, lendo, en familia ou facendo o que máis vos guste. Vós gañastes estas vacacións merecidísimas, traballando moi duro os meses anteriores.

Esta situación non nos pode servir para estar tristes e deprimidos, pois temos que pensar que SEMPRE hai persoas en situacións moito peores e que aínda así, quitan as forzas de onde sexa para saír adiante. Pensádeo ben, se estamos desanimados imos arranxar algo? Pois claro que non! Polo tanto, temos que estar o máis alegres e content@s posibles, xa que esa é a única forma de converter os momentos tristes en momentos divertidos, e que así o tempo nos pase moito máis rápido!

E agora si, alá imos polo terceiro trimestre! Quédanos o sprint final desta carreira. Anímovos a que poñades o máximo de vós nesta última etapa; que vos demostredes que podedes facelo moito mellor aínda (sempre se pode mellorar); que poñades unhas ganas inmensas para aprender e, desa forma, que vos superedes a vós mesm@s! Porque tedes tod@s capacidades, habilidades e coñecementos de sobra para poder levalo a cabo, pero non esquezades a actitude; quitade de onde sexa forza, empeño e ganas para levar o tempo que nos queda sempre cun sorriso! Esa sería a actitude que desexo que teñades!

Non vos conformedes cun “polo menos aprobei” ou “polo menos non tiven que repetir esta tarefa”, que a preguiza (pereza) non sexa máis forte que vós, demostrade o que valedes; porque si, todas e todos vós valedes un montón!

E desa maneira, despois destes meses traballando moi duro, ao final do terceiro trimestre, teredes na vosa vida un saco cheo de cousas: da amizade de compañeiros e compañeiras, do cariño das mestras e mestres, de moitas vivencias que pasamos xunt@s na aula e agora de forma virtual a través das tecnoloxías, da experiencia que gañastes con moito esforzo e, como non, de novos coñecementos e aptitudes que fostes adquirindo, para seguir avanzando e conseguir logros como o fixestes ata agora.

Aínda nos quedan uns cantos meses para vivir aventuras xunt@s. Non sabemos cando nos volveremos ver, pero o que si sabemos é que cada día falta menos! E aínda que agora mesmo non utilicedes a mochila, cargádea de ilusión e entusiasmo por aprender! Veña que comezamos!

Apertas enormes para vós! 


As tarefas de hoxe son as seguintes:

- Matemáticas: 
  • Páxina 95: exercicio 27 (Para comprobar se as divisións son exactas teredes que realizalas no caderno e ver se o resto é 0 ou non. Recordade que para ser exacta o resto tiña que ser 0)
  • Páxina 98: exercicio 2. 
- Lingua Castelá: 
  • Lectura da páxina 126: Los pronombres personales. (Máis abaixo tedes unha explicación e uns exemplos que podedes consultar por se tedes dúbidas)
  • Páxina 126-127: 2, 4 e 6. 

Outros exemplos poderían ser: 

- Khayleena ha llamado para recordarnos que empieza el teatro → Ella ha llamado para recordarnos que empieza el teatro (sustituimos "Khayleena" por el pronombre personal "Ella").

- Mis amigas y yo hicimos una revista para el colegio → Nosotras hicimos una revista para el colegio (sustituimos "Mis amigas y yo" por el pronombre personal "Nosotras").

- Eloy, Roi y Denís están jugando en el jardín → Ellos están jugando en el jardín (sustituimos "Eloy, Roi y Denís" por el pronombre personal "Ellos").





VENRES, 3 DE ABRIL DE 2020

3ºB


Bo día a tod@s nen@s e familias!

Como vos foi o xoves? Espero que estedes xenial e que continuedes cas tarefas como ata agora, que o estades facendo de luxo! 

Antes de nada aquí tedes a solución ao RETO de onte. Pareceuvos difícil? A que vos fixo pensar un pouquiño? A solución é: séntanse á esquerda o neno "pelirrojo" (6 anos), no centro o neno moreno (9 anos) e á dereita o neno rubio (12 anos).  

Hoxe remata o segundo trimestre e non nos podemos despedir en persoa antes destas mini-vacacións, asique fágoo por aquí! Durante estes días aproveitade para descansar esa cabeciña, que traballáchedes moi duro durante este tempo e así á volta volveremos con moita máis forza! 

Aínda que non poidades saír da casa pensade que hai un montón de cousas que facer para estar entretid@s: xogar, pintar, facer manualidades, ler, axudar a cociñar, facer postres, escribir se vos gusta, aprender trucos de maxia, ver documentais... e mil cousas máis!

Para hoxe só tedes que facer o DIARIO do día 3 de abril, e rematamos con el! Polo tanto contádeme como vos sentistes estes días, as vosas frustracións, que vos gustaría estar facendo... Recordade que o traballo e o esforzo son as mellores ferramentas para superarvos a vós mesm@s! E só con iso ides conseguir grandes resultados e recompensas!

Finalmente, noraboa a tod@s polo traballo deste trimestre e pola vosa boa evolución ao longo del! 

Unha aperta xigante, xigantesca!




XOVES, 2 DE ABRIL DE 2020

3ºB


Bo día meus nen@s!

E así, pasiño a pasiño, xa é xoves! Un día menos! Que tal onte? Agardo que vos fora todo xenial e que, na medida do posible, estedes entretidos nas vosas casas. Recordade ler libros que a vós vos gusten, porque a través dos libros tamén viaxamos a lugares maravillosos e coñecemos a personaxes que nos poden contar un montón de historias!

E se vos gustan os retos, aquí vos deixo outro RETO VOLUNTARIO. Eu tívenlle que dar mil voltas á cabeza e facela pensar! E vós? Convertídevos en grandes acomodadores e acomodadoras de cine!




Moitos biquiños enormes! Vós podedes! Ánimo!



As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • O DIARIO do xoves, 2 de abril de 2020.

- Matemáticas: 
  • Lectura da páxina 95.
  • Páxina 95: exercicio 25 e 26. No exercicio 25 tedes que realizar as divisións no caderno e despois ver cales son as súas partes, para poder completar a táboa. (Podedes intentar facer a táboa, que de seguro vos sae xenial e as divisións facédelas fóra da táboa, non as borredes, é dicir, deixádelas no caderno)
- Lingua Castelá: 
  • Lectura da páxina 125.
  • Páxina 125: exercicio 3. 






MÉRCORES, 1 DE ABRIL DE 2020

3ºB


Bo día nen@s e familias!

Xa estamos no mércores e hoxe comeza abril! Que tal vos foi onte? Fóronvos doadas de facer as tarefas? Contádeme o que queirades por correo!

Para hoxe non temos reto, pero se vos gustan mañá teredes outro! A solución do reto de onte é: Lili 11 anos, Rosi 14 anos (11+3=14) e Toto 7 anos (a metade de 14 é 7, que é o mesmo que se dividimos 14:2=7). 

Por certo, moitísimas gracias polas fotos das pancartas que me estades enviando! Sodes uns/unhas artistaz@s e están bonitísimas!

Unha aperta enorme! Recordade que cada día que pasa, é un día menos para volvernos a ver!


As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • O DIARIO do mércores, 1 de abril de 2020.

- Naturais: (Comezamos tema novo, polo tanto poñede na libreta o título do tema 5)
  • Lectura da páxina 64-65.
  • Copiar no caderno os cadros brancos da páxina 65 (animais vertebrados e invertebrados).
  • Páxina 65: exercicios 6, 7 e 9. 






MARTES, 31 DE MARZO DE 2020

3ºB


Bo día de novo a tod@s!

Que tal este luns? Resultáronvos doadas as tarefas? Agardo que si, seguro que as estades facendo xenial. Pois, como vos dicía onte, o tempo pasa voando e alá imos polo martes!

Hoxe se o queredes facer propoño outro RETO VOLUNTARIO, xa sabedes que non é obrigatorio, pero podedes facelo se vos aburrides, para entretervos, para facer pensar á vosa familia ou porque si! Aquí vai!




Un biquiño enorme para tod@s e moitísimo ánimo! Vós podedes!



As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • O DIARIO do martes, 31 de marzo de 2020. Espero que me contedes como vos sentides, con quen vos gustaría estar, que cousas vos gustarían facer cando acabe a confinamento nas casas, que botades de menos... e todo o que vós queirades!

- Matemáticas: 
  • Lectura da páxina 94. Tamén nos pode axudar o vídeo e o titorial das divisións do luns pasado. 
  • Páxina 94: exercicios 19 e 22. As divisións facémolas coa resta porque nos axuda a entender o que facemos, non de forma simplificada como explica o libro. É dicir, nós facemolas desta forma en todos os exercicios, veredes como vos é máis sinxelo: 

- Lingua Castelá: 
  • Lectura da páxina 120, 121 e 122. 
  • Páxina 123-124: 1, 5, 6 e 9.
Nestes exercicios de Lingua Castelá imos traballar os poemas. De seguro, xa sabedes como se escribe un poema, pero botádelle un ollo ao que vos poño a continuación para saber cales son as súas partes máis importantes. 










LUNS, 30 DE MARZO DE 2020

3ºB


Bo día de novo miñas nenas e meus nenos!

Que tal este fin de semana? Alá imos con outro luns e, con esta, xa van tres semanas dende que facemos as tarefas na casa! Mirade que rápido pasa o tempo. Dentro de moi pouquiño, cando non nos demos conta, xa estamos no cole de volta!

Sodes uns campións e unhas campioas! Estades facendo un traballo increíble nas vosas casas. Non é doado facer as tarefas sós, sen axuda, sen a motivación de estar cos demais compañeiros e compañeiras traballando... e vós estádelo conseguindo! Continuade así como ata agora!

Como seguramente xa saibades, estes días de confinamento, moitas persoas debuxan un arco da vella coa frase TODO SAIRÁ BEN para adicarllo a todas aquelas persoas que seguen traballando nestes días e tamén a vós, aos nenos e nenas. Sen dúbida, merecédelo un montón, xa que estades sendo responsables sen saír das vosas casas, axudando a que o virus non se propague máis. Así mándovos o meu mural, que espero que vos guste moito, xa que foi feito con todo o meu cariño! 






Hoxe como RETO VOLUNTARIO propoño que vós tamén fagades un mural con esa frase, da forma que vos queirades e utilizando calquera material. Logo pasádesme a foto por correo e poderédelas ver todas neste blog. Así os vos@s compañeiros e compañeiras poderán vervos aínda que sexa nas pantallas! Animádevos!

Por outra banda, a partir de agora colgarei as solucións aos exercicios para que vós sós os vaiades corrixindo no caderno. Estas solucións serán colgadas á semana seguinte de facer os exercicios!

Recordade ter as libretas ordenadas, con boa letra, copiando ben os enunciados, sen faltas de ortografía e sen tachóns. Acordádevos tamén dos renglóns que debemos deixar en branco no caderno. Agardo que cando as corrixa estean perfectas! Que sei que sodes capaces e xa o estades facendo!

Ata mañá! Un biquiño enorme!

As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • O DIARIO do luns, 30 de marzo de 2020.

- Matemáticas: 
  • Realiza estas operacións no teu caderno:
       5632-4689=         4562+879+1253=             4253x67=
  • Páxina 93: exercicios 15, 17 e 18.
- Lingua Galega: 
  • Lectura da páxina 127.
  • Páxina 127: 2, 3 e 4.






VENRES, 27 DE MARZO DE 2020

3ºB


Bo día de novo a tod@s!

Que tal estades? Que cousas facedes estes días na casa? Aproveitade para axudarlle a facer cousas á vosa familia e, así, estádesvos entretendo ao mesmo tempo que ides ter contentos a papá, a mamá, avoas, avós, tías/os... Podedes facer a cama, poñer a mesa, recoller a louza ou lavala... e un montón de cousas máis. 

A que non vos parárades a pensar que no voso día a día utilizades as operacións matemáticas moitííííííísimas veces? Cando poñedes a mesa, por exemplo estades facendo unha división: eu collo 4 pratos e teño que repartilos entre 4 persoas, polo tanto tocaralle un prato a cada unha. E fixádevos, cando lle añadides cola-cao ao leite estades facendo unha suma! E se facedes unha pizza, a cortades en anacos iguais e lle quitades un, estades facendo unha resta! A ver se vós encontrades máis situacións do voso día a día nas que facedes operacións matemáticas e contádemas no diario!

Que tal o reto de onte? Tivestes que pensar moito? Diso se trata! Pois alá vai a resposta: 




Luns poñereivos outro reto! Preparádevos! Gústanvos este tipo de retos? Comentádeme o que queirades por correo. 

Que pasedes unha boa fin de semana. Moito ánimo e moitos biquiños!



As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • O DIARIO do venres, 27 de marzo de 2020: Recórdovos que no diario non tedes que poñerme todo o que facedes dende a mañá ata a noite, se non serve con que reflexedes as cousas máis importantes que facedes ou que vos pasaron ese día. Incluso se un día non tedes moitas gañas de escribir, que pode pasar, podedes contarme o mesmo pero nun debuxo. Podedes ser creativos, facer os títulos con letras dobres e bonitas, colorealas da forma que queirades, pegar pegatinas... o que se vos ocorra para que o voso diario sexa o mellor! 

- Lingua Galega: 
  • Lectura da páxina 124 (ler o exercicio un e a columna da dereita: Máis palabras).
  • Páxina 125: exercicios 5, 7 e 9. 

- Matemáticas: 
  • Lectura da páxina 93; tamén vos pode axudar o titorial das divisións e o vídeo que foron colgados neste blog o luns. 
  • Páxina 93: exercicios 13, 14 e 16. 






XOVES, 26 DE MARZO DE 2020


3ºB


Bo día meus nen@s e familias!

Que tal estades? Agardo que todo vos vaia ben e teñades moita saúde e cariño para dar e recibir! Imos polo xoves, e xa levamos preto de dúas semanas dende que non imos ao colexio, fíxadevos que rápido pasan os días! 

Que tal cos exercicios de onte? Tivestes algún problema ou dificultade? Non dubidedes en mandarme unha mensaxe ao meu correo se é así, e resolvereivos todas as dúbidas que poida por aquí. 

A solución ao reto de onte é a seguinte: o número que había que adiviñar é o 48 (a suma de 4+8=12, o 8 son as unidades e o 4 son as decenas, entón as unidades son o dobre das decenas, pois 8 é o dobre de 4).

Se queredes seguir convertíndovos en grandes pensadoras e pensadores, a continuación tedes outro RETO VOLUNTARIO e para este necesitades palillos:



Non facer trampas, tedes que utilizar todos os palillos! É dicir, non se trata de quitar dous palillos para facer catro cadrados idénticos, se non de mover só dous palillos. Pero tedes que utilizalos todos!


Que pasedes un bo xoves e unha aperta enorme, enorme, enorme!


As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • O DIARIO do xoves, 26 de marzo de 2020.  

- Lengua Castellana:

  • Páxina 116-117: exercicios 1, 6, 7 e 8 (Podedes consultar as páxinas 109, 110 e 112 do libro de texto) e rematamos o tema 6! 
  • Fíxadevos no exercicio 7: primeiro hai que clasificar os determinantes demostrativos do texto segundo a distancia que indiquen (cerca-distancia media- lonxe), e logo, hai que copiar o texto no caderno cambiando o NÚMERO dos determinantes demostrativos. É dicir, os que estean en plural téñoos que cambiar a singular e viceversa. Por exemplo: Esta tienda es la que te comenté → Estas tiendas son las que te comenté. 

- Matemáticas (Recordade seguir repasando as táboas):
  • Realiza no teu caderno as seguintes multiplicacións: 
                         5647x7=                9872x36=
  • Lectura da páxina 92. Tamén podedes consultar o titorial e o vídeo do luns.
  • Páxina 92: exercicios 9, 10 e 12. Para o exercicio 12 tedes o seguinte titorial:


É dicir, para comprobar se un número é divisor de outro témolos que dividir e ver se a división é exacta ou non. Se a división é exacta, o número polo cal o dividimos sería o seu divisor. Agardo que non teñades grandes dificultades á hora de realizalo e non dubidar en preguntarme por correo calquera cousiña!






MÉRCORES, 25 DE MARZO DE 2020


3ºB


Bos días de novo nen@s e familias!

Que tal estades estes días? Alá imos polo mércores con moitas gañas! Agardo que as tarefas vos estean resultando doadas de facer e que non teñades grandes dificultades e, se as tendes, non pasa nada! Á volta corrixiremos todos os exercicios e resolveremos todas as dúbidas que vos puideran xurdir. Aínda así, non dubidedes en escribirme ao correo e todo o que poida resolver por esta vía online fareino.

Fixestes o reto de onte? Seguro que pasastes un tempo entretidos. Pois hoxe tráiovos outro que tamén é VOLUNTARIO. Se queredes intentalo e darlle voltas á vosa mente, xa sabedes!

A solución do reto de onte podería ser esta que vos poño a continuación, aínda que hai varias solucións posibles. Polo tanto, aínda que a vosa sexa distinta non ten porque estar mal. Logo vémola na aula.

Unha solución ao reto de onte é:




O reto de hoxe, que vos vai facer pensar, é o seguinte (Recordade a posición das unidades e das decenas):




Que pasedes un bo mércores! Moito ánimo e un biquiño enorme!



As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • O DIARIO do mércores, 25 de marzo de 2020.  

- Matemáticas:

  • Lectura da páxina 92. Podedes ver tamén os recursos do luns (vídeo e titorial das divisións) porque vos poden ser útiles á hora de entender como se fai unha división.
  • Páxina 92: exercicios 7, 8 e 11.

-  - Sociais: 
   
   Comezamos o tema 5, polo tanto poñede na líbreta o título do tema, é dicir, Tema 5: Vivimos en comunidade. O tema 4 acabarémolo na aula xa que estabamos facendo unhas maquetas e unhas fichas que agora mesmo nos é imposible rematar.
  • Lectura das páxinas do comezo do tema 5: A escola de Sibusiso, e realización dos exercicios 1, 2. 
  • Lectura da páxina 68.
  • Páxina 68-69: exercicios 2 e 5.




MARTES, 24 DE MARZO DE 2020


3ºB

Bo día de novo!!

Que tal onte coas divisións? Se queredes podedes mandarme un correo contándome a vosa primeira impresión sobre as divisións e como vos resultaron os exercicios (se vos pareceron fáciles, complicados, se precisábades axuda, se pensades que vos gustan as divisións, se non vos gustaron nada...). Ademais podedes contarme que tal o estades pasando dende que non nos vemos, que cousas facedes... 

Estes días, nos que ás veces vos aburriredes na casa, podedes facer divisións de forma práctica. Por exemplo, podedes coller 10 froitas e repartilas en 2 bolsas a partes iguais. Cantas froitas meteríades en cada bolsa? Sobraría algunha? Desta forma estades dividindo sen darvos conta e, incluso, podedes facer a división en papel para ver que é verdade o que estades realizando! Así saberíades cales son as partes da división que vós estades facendo: o divisor, o dividendo, o cociente e o resto. (Podedes mandarme fotos ou vídeos ao meu correo ensinándome o que facedes e eu encantada de velos!)

A partir de agora, algúns días, poñereivos por aquí retos que son VOLUNTARIOS, é dicir, non é obrigatorio facelos. Pero asegúrovos que vos poden resultar divertidos e incluso podedes facer pensar ás vosas familias para que o fagan con vós! Animádevos! 

O reto de hoxe é o seguinte: 




Este reto se o queredes facer podedes realizalo na libreta de Matemáticas, nun folio en branco, no diario.... onde queirades! E estade atent@s porque ten trampa, fíxadevos nas liñas!

Unha aperta enorme a tod@s! Bótovos un montón de menos!


As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • O DIARIO do martes, 24 de marzo de 2020.  

- Matemáticas:
  • Lectura da páxina 91 (tamén podedes mirar os recursos que puxen onte neste blog). 
  • Páxina 91: exercicios 4 e 6 (Nestes exercicios debedes facer un debuxo para entendelas mellor, igual que como fixéchedes onte cos outros exercicios). Pero fixádevos, que esta vez cando repartimos, sempre sobra algunha froita ou obxecto.

- Lingua Galega: (Poñemos na libreta o título TEMA 7)
  • Lectura das páxinas 119, 120 e 121. 
  • Páxina 122: exercicios 1, 2, 4 e 9. 

Aínda que sempre o repito, recordade copiar os enunciados con boa letra, sen faltas de ortografía, deixando as marxes e intentado que a libreta estea limpa, sen tachóns. Estou segura que o estades facendo xa. 






LUNS, 23 DE MARZO DE 2020


3ºB


Moi bo día a tod@s!

Que tal foi a fin de semana? Quen nos diría que unha cousiña tan pequena, como é un virus, nos tería separados tanto tempo. Estades a vivir unha situación difícil, que seguramente non entendades moi ben, pero cando sexades máis maiores quedará nos vosos recordos como unha anécdota que podedes contar e, que sen dúbida, vos fixo moito máis fortes e grandes persoas. Agora é cando máis necesitamos darnos conta do importante que é axudarnos, ser bos e boas cos demais, desfrutar en familia ou cos amigos dun paseo, valorar o importante que é ter alguén con quen compartir momentos de xogos... 

Pero recordade que se somos responsables e poñemos o noso gran de area, conseguiremos saír desta! Estou segura de que non falta moito!

Por certo, espero que me esteades contando no diario como son os vosos días e que cousas facedes, para logo poder comentalas con todas as vosas compañeiras e compañeiros na aula. 

Mándovos as tarefas para este día e comezamos coa DIVISIÓN, que tantas gañas tiñades na clase! Adxunto un tutorial que o podedes mirar cando queirades. Tamén vos poño o enlace a un vídeo, por se queredes miralo e entender mellor como se fan. E ademais, podedes mirar a explicación do libro. Agardo que con estes recursos non teñades ningún problema para poder entender as divisións. É sinxelo, pero fai falla moita práctica! Estou segura que as conseguiredes facer!

Unha aperta moi grande!



As tarefas son as seguintes:

  • O DIARIO do luns, 23 de marzo de 2020. 

- Matemáticas:
  • Lectura da páxina 90. 
  • Páxina 90: exercicios 1 e 3 (Nestes exercicios debedes facer un debuxo para entendelas mellor, é dicir, se vos di que tendes que repartir 12 noces en 3 bolsas, debuxades 3 bolsiñas no caderno e repartides a partes iguais as 12 noces nas bolsas. Desa forma xa sabedes cantas noces tendes que poñer en cada bolsa e, polo tanto, xa saberedes o resultado da división). 
Póñovos o seguinte esquema para que saibades como se realizan as divisións e o enlace ao vídeo é: https://www.youtube.com/watch?v=9QFj4-oERIc (APRENDER A DIVIDIR - ¿Qué es dividir?









MÉRCORES, 18 DE MARZO DE 2020

3ºB

Moi bo día a tod@s!

Como estamos neste terceiro día? Estádesvos aburrindo? Preferiades ir ao colexio e estar cos amig@s? Xogastes moito coas vosas familias? Espero que todo iso o contedes no diario! Agardo que todo vos vaia ben, ao igual que ás vosas familias. 

Mándovos as tarefas do último día desta semana e aproveitade para repasar as táboas de multiplicar, estou segura que o estades facendo! Ata o próximo luns.

Unha aperta enorme!

Para calquera dúbida urxente podedes contactar comigo a través do correo: sheilacespon@edu.xunta.es

As tarefas son as seguintes:

  • O DIARIO do mércores, 18 de marzo de 2020. 

- Sociais:
  • Lectura da páxina 54.
  • Páxina 54 e 55: exercicio 6 (Sinalade no caderno cales son as partes máis importantes dunha paisaxe de chaira).

- Matemáticas:
  • Realiza no teu caderno as seguintes operacións:


   2345x67=          1786x3=        23456+8796+7965=       1287-879=

  • Páxina 84: exercicio 8 e 11.

-Lingua Castelá:
  • Páxina 116: exercicios 3, 4 e 5. (Para o exercicio 4 podedes mirar o modelo da descrición de obxectos de Lingua Galega, que foi colgado neste blog o luns 16, e tamén ler a páxina 114 do libro de Lingua Castelá). 




MARTES, 17 DE MARZO DE 2020

3ºB

Bos días de novo a todas e a todos! 

Que tal o primeiro día con actividades? Agardo que ben! Alá imos polo segundo día con tarefas, recordade que facendo cousas o tempo pásanos moito máis rápido e, de paso, seguimos tendo a mente activa. Para o día de hoxe propoño as seguintes actividades.

Non esquezades seguir co diario, para logo coméntalo na aula con todas e todos vós! Eu tamén vos teño moitas cousas que contar!

Apertas enormes!

As tarefas son as seguintes:

  • O DIARIO do martes, 17 de marzo de 2020. 

-Lingua Galega:
  • Facemos a lectura do tema 6 (Páxina 103, 104 e 105)
  • Páxina 106-107: 1, 3, 4 e 8.


-Naturais:
  • Páxina 58 (similar ao exercicio 2): Debuxa no teu caderno as etapas da xerminación dunha semente e describe coas túas palabras cada unha desas partes.


-Matemáticas
  • Realiza as seguintes operacións no teu caderno:

       4566x5=           7896-5468=            9438x42=          8961-7321=
  • Páxina 79: exercicio 12.
  • Páxina 83: exercicio 40.






LUNS, 16 DE MARZO DE 2020

3ºB

Bos días a tod@s! 

Agardo que tivérades unha boa fin de de semana, aínda que tivera que ser na casa. Aproveitade para falar coa vosa familia, divertídevos, xogade a xogos de mesa, podedes facer manualidades... Estade tranquil@s, como falamos na aula esta situación serve para non seguir propagando este virus e seguro que se tod@s poñemos da nosa parte, o conseguiremos!

 A partir de hoxe continuaremos coas tarefas escolares por este medio. Cada día colgarei neste blog as actividades que debedes realizar para seguir coa materia que estábamos dando. Estade atent@s ao curso, xa que nesta mesma páxina poñeremos as tarefas de 3ºA e 3º B, pero especificarase ao comezo de que curso se trata. 

A maioría dos exercicios serán do libro e teredes que realizalos na libreta copiando os correspondentes enunciados. Ademais recordade poñer no caderno a data de cada día. 

En canto aos exercicios que non sexan do libro, estarán colgados neste blog, e teredes que copiar os seus correspondentes enunciados no caderno e realizalos como facemos normalmente. Se tivésedes dúbidas, non vos preocupedes, xa que á volta corrixiremos todos os exercicios resolvendo os problemas que foran xurdindo e explicando as dúbidas que tivérades. 

Esta semana só ten 3 días lectivos (xa que o xoves 19 e o venres 20 non tiñamos clase), polo tanto só se colgarán as tarefas correspondentes aos días lectivos. 

Por último, A TAREFA QUE PROPOÑO PARA TODOS OS DÍAS É UN DIARIO, onde teredes que contar como vos sentides (se estades content@s, tristes, se tedes unha sensación estraña no corpo...) e podedes expresar as cousas que facedes durante o día. Non ten que ser longa a explicación, escribide o que consideredes oportuno. Tamén poderedes facer un debuxo ou poñer imaxes, o que vós queirades, deixade voar a vosa creatividade! Cada día recordade poñer a data.

Un saúdo enorme e agardo vervos pronto!

As tarefas son as seguintes: 

  • O DIARIO do Luns, 16 de marzo de 2020. 

- Matemáticas:
  • Realiza as seguintes multiplicacións no teu caderno:
        3297x5=       4291x6=          2149x32=            3287x72=

  • Páxina 78: exercicios 8 e 9.    
- Lingua Galega: 
  • Se non tes rematados os exercicios do último día apuntados na libreta, fainos. 
  • Seguindo a páxina 110 do libro e o exemplo da descrición dun obxecto colgado a continuación neste blog, realiza o seguinte exercicio no caderno: Inventa un obxecto que che pareza curioso e estraño e descríbeo no caderno. Logo realiza o seu correspondente debuxo.




 Naturais: 
  • Lectura da páxina 50.
  • Páxina 50: exercicios 1 e 3.