4º Primaria


correos electrónicos para comunicarvos con nós. Podedes utilizado para o que queirades: preguntarnos dúbidas, contarnos o que estades a facer...
___________________________________


VIDEOCHAMADAS MARTES E XOVES
4º A ás 16:30
4º B ás 12:00

________________________

AVISO PARA 4ºB
IMPORTANTE 
O XOVES 18 TAMPOUCO PODO ESTAR PRESENTE NA VIDEOCHAMADA POIS VOLVO A TER UNHA REUNIÓN NO COLE A MESMA HORA. Sintoo Luis.


Venres 19/06/2020

Ola a todos e todas! 
Non vou poñer tarefas. Tan so o vídeo dos autorretratos para que xoguedes a adiviñar a quen pertence cada un.
Tamén agradecer a aqueles e aquelas que mandáchedes os vosos debuxos. Son fantásticos e moi creativos! 
Estou moi contenta xa que a maioría participáchedes e enviastes todos os traballos propostos. Desexo que vos guste o vídeo.

E con esto despídome ata setembro que nos veremos no cole.
Disfrutade do verán!!!

Moitos bicos.😘😘😘

Manoli




Semana do 15/06/2010

E chegou a última semana de curso! Este ano é un pouco rara pois non temos excursión nin festival pero si que temos as mesmas ganas de sempre de empezar as vacacións.
Pero antes de descansar tócanos facer un último esforzo, esta semana precisamos dun lapis, dunha goma e ducha regra pois imos traballar xeometria. A xeometría é a parte das matemáticas que estuda as rectas, os planos, as figuras, os ángulos... Estou seguro que vos acordades do que vos estou falando por si se nos olvidou algo ou simplemente para refrescarnos as ideas mirade estes vídeos.


Refrescadas as ideas... esta semana imos traballar cunha xogo que seguro que a maioria xa coñecedes, é o tangram.

Aquí vos deixamos unhas fichas de traballo, están organizadas por orde de dificultade.
Luns 15 de Xuño de 2020

Última semana, chicos e chicas, e xa toca descansar e que disfrutedes dun merecido descanso neste verán!

Para avanzar un pouco máis esta semana na unidade que estamos traballando, imos a realizar as seguirntes tarefas.

👉 Lectura do punto 2: Descubro as rochas seres inertes.
Despois desta lectura fai un breve esquema dos tipos de rochas.

👉 Lectura do punto 3: O reino vexetal.
Exercicios:












Tentade facer o que podades. 


Chic@s! Sabedes xa que me toca despedirme. Xa me despedín como profe de Música, despídome tamén desde este recanto da vosa titoría, xa que foron moitas horas as que compartimos en ciencias!! Agardo que teñades un gran verán!! Quérovos moito e me sinto moi orgullosa de todos vós!! Apertas e bicos...

A profe Olga

💚
___________________________________

Semana do 15/06/2010

E chegou a última semana de curso! Este ano é un pouco rara pois non temos excursión nin festival pero si que temos as mesmas ganas de sempre de empezar as vacacións.
Pero antes de descansar tócanos facer un último esforzo, esta semana precisamos dun lapis, dunha goma e ducha regra pois imos traballar xeometria. A xeometría é a parte das matemáticas que estuda as rectas, os planos, as figuras, os ángulos... Estou seguro que vos acordades do que vos estou falando por si se nos olvidou algo ou simplemente para refrescarnos as ideas mirade estes vídeos.


Refrescadas as ideas... esta semana imos traballar cunha xogo que seguro que a maioria xa coñecedes, é o tangram.

Aquí vos deixamos unhas fichas de traballo, están organizadas por orde de dificultade.
Ficha 1
Ficha 2
Ficha 3
Ficha 4

Linguas

Para esta semana uns exercicios divertidos. Podedes imprimir as fichas que atoparedes aquí:

 ou xogar online premendo no enlace seguinte:


Solucionarios da semana pasada:




Venres 11/06/2020

Lengua Castellana

Comprensión lectora. Una lectura y unos ejercicios de la misma. Lo ideal sería que imprimierais la ficha y realizarais los ejercicios en ella. En caso de no poder imprimirla no pasa nada, no es necesario copiar los enunciados, simplemente poner el número del ejercicio y listo.

Mércores 10/06/2020

Tarefas para hoxe:

L. Galega
Comezamos tema novo. Teredes que:

  • Facer a portada do tema 10
  • Contestar as preguntas 1 ao 6 da comprensión lectora.
No exercicio 6 mándavos describir a Lía, recordade que temos que escribir, alomenos tres parágrafos. No 1º facer a descrición física, no 2º falar do carácter e forma de ser e no 3º diremos cales son os seus gustos e afeccións. Facédea bonita, lerémolas o xoves. 


Matemáticas
 Resolvede o exercicio 2 da páx. 161 no caderno. Mirade o debuxo e lede a información. 








Martes 9 de Xuño de 2020

NATURAIS

Entramos na recta final e damos por finalizada a Unidade da Saúde, agardando que sacaramos conclusións beneficiosas, que nos axuden a levar unha boa alimentación así como un estilo de vida saudable.

Para esta semana e xa para rematar estas tarefas a través  do blogue, imos a comezar a Unidade dos "Seres vivos. As plantas". Para elo imos a tentar resumir a traballo de forma que poidamos quedarnos co esencial e así non nos quede a medias. Hoxe vos subo estas tarefas e para o venres quedarán subidas as próximas para deixar terminado este traballo. Grazas a todos os que me enviades o voso traballo. 

👉 Lectura do punto 1. Os seres vivos e inertes (os seres vivos, clasificación dos seres vivos, os seres inertes)

Exercicios:
(Pinchade nas imaxes para agrandalas)










Martes 09/06/2020

Hoxe rematamos o tema de Sociais e como faremos sempre tócanos facer o esquema e o resumo. Lembrade que tendes as instrucciones na páxina 46 exercicios 1 e 2.

Luns 08/06/2020

Ola! Comezamos a penúltima semana do curso. Que rápido pasa o tempo, verdade?  Así que faremos un último esforzo e logo a disfrutar dunhas merecidas vacacións de verán. Ánimo!
As tarefas para hoxe son:

Lengua castellana
Como xa fixéchedes a portada e lestes a lectura, hoxe toca responder no caderno ás preguntas da comprensión lectora, que podedes atopar no seguinte enlace.
Facede os exercicios 1, 2, 3, 4, e 6


Matemáticas
Hoxe comezamos tema novo: a capacidade e a masa. Facede a portada e resolvede os exercicios 1 e 2 da páx. 157 e o 2 da páx. 159, sobre unidades de capacidade.
Vaivos ser moi doado xa que é o mesmo que a lonxitude. Para os que teñan dúbidas mandámosvos un vídeo.



Plástica
Hoxe propoñemos o último traballo de plástica. Teredes que facer un autorretrato. Ufff, que difícil!!!  Para nada!, xa veredes que ben vos saen os vosos retratos si seguides as indicacións que van no enlace, lede ben as instrucións.


Para axudarvos podedes ver este vídeo



E por último o vídeo dos vosos debuxos de simetría, que quedaron moi chulos, a ver se vos gustan...


Venres 5/06/2020

Ola, Outra semana máis fazendo un bo traballo na casa, tendes que seguir así xa que logo cherna as vacións!!!

Lingua Galega. Tema rematado = resumo e repaso. Páxina 180 exercicios 1, 3 e 4.

EXERCICIOS L. GALEGA


Matemáticas. Uns poquitos problemas. Da páxina 153 hai 6 exercicios de problemas que van dende o 7 ata o 12, pois ben de esos 6 nacemos a metade ou o que é o mesmo 1/2 dos problemas. 1/2 de 6 = 3 problemas.

Lengua Castellana. Soamente imos facer a portada no caderno do tema 10 e a lectura.


Solucións Tarefas mércores 30



Mércores  3/06/2020

Lengua Castellana. Rematamos o tema e con el tócanos facer o resumo e o esquema final. Para elo imos facer os exercicios 1 e 2 da páxina 196.
Tamén imos facer o exercicio 4 desta mesma páxina. Este tendes que envialo ao correo dos profes. Tendes que subliñar as palabras que hai que engadir no texto.


Matemáticas. Resolución de problemas. Son tres exercicios da páxina 151: o 10 (so imos facer un problema, así que elexide o que máis vos guste) os exercicios 11 e o 12 enteiros. Lembrade que non é necesario copiar os enunciados pero si os datos, operacions e solucións.

Solucións 
Matemáticas: venresluns
Lingua Galega: venres e luns
Lengua Castellana: luns

Martes 2/06/202

Sociais

Ola! Hoxe en sociais imos taballar un a ampliación do tema, para saber un pouquiño máis do visto ata agora. Imos ler as páginas 44 e 45 e depois facer os exercícios 1, 2, 3 e 4. A solución destes exercícios están relacionados con cada unha das cinco lecturas.

NATURAIS

Luns 1 de xuño de 2020

Bos días a todos e a todas!
Benvido Xuño! Recta final...💪

Como repaso da Unidade da Saúde e para dala por finalizada, imos a facer estos dous exercicios. Para ver as imaxes en grande, pinchade nelas!! Para facer a sopa de letras, só tedes que localizar as palabras visualmente e ordenales na libreta.
























Apertas,

Olga


Luns 01/06/2020

Ola! Hoxe comezamos o mes de xuño. Xa nos atopamos na recta final .  Pedímosvos a tod@s  un último esforzo para conseguir rematar ben o curso. Ánimo que non queda nada!
As tarefas para hoxe son:

Matemáticas

  • Lede na páxina 152 "Saber hacer".
  • Resolvede os exercicios 1 e 2 no caderno.

Lede atentamente as preguntas e fixádevos ben na información. Son moi doadas de contestar. Se non queredes copiar as preguntas poñede os puntiños e redactade ben a respostas.

Lingua galega

Imos traballar "As formas impersoais do verbo".

  • Copiade o recadro da páxina 176 con vermello.
  • Resolvede no caderno os exercicios 1,2,3,4 e 5 das páxinas 176 e 177.
O enlace para a páxina é este:


Por si non recordades as formas impersoais do verbo, podedes ver estes vídeo. (Están en castelán, pero a información válenos).





Plástica

Que tal vai ese traballo de simetría? Estou esperando os que me faltan para rematar o vídeo, así que si non acabáchedes o debuxo poñédevos con el. 
Publicarei o vídeo o venres e poñerei o último traballo de plástica.
Ánimo!!




Venres 28/05/2020

Xa estamos a venres! A semana remata e so queda o último esforzo. Animo!

Lingua Galega

Hoxe imos traballar un pouco de ortografía. Palabras con h e sen h. Imos copiar os lembras das páginas 178 e 179 e facer os exercicios 1,3,4,5 e 6 das mesmas páginas.


Preparade o ditado da páxina 179 para farelo na próxima videochamada.

Lengua Castellana

Continuamos co traballo de ortografía, pero esta vez cos verbos con y. Copiamos os lembras e hacemos os exercicos 1 ó 6 das páginas 190 e 191. Son moi facilitas, xa veredas!

Mércores 27/05/2020

Ola, veña ánimo que ya estamos a mediados de semana!!!

Lingua Galega

Un pouquiño de repaso de palabras derivadas e primitivas e dos sufixos. O primeiro que imos facer é ler a páxina e depois copiar no caderno o lembra.


Agora imos facer os carro exercícios desta páxina.

Matemáticas

Imos facer uns problemiñas coas unidades de medidas. Lembrade que non é preciso copiar os enunciados peso si que tendes que ser ordenados e presentar os problemas con claridade. Estes exercicios tendes que enviárnolos ao correo electrónico.

Páxina 143, 145 e 147 exercicios 5 de cada páxina.

Martes 26/05/2020


Ola, moi bo día tod@s. As actividades para hoxe son de Sociais e son moi sinxelas. Imos ver que son os minerais e as rochas, a súa definición, orixe, diferencias, propiedades, clasificacións... Para elo o que temos que facer e ler as páxinas 42 e 43 do libro. Unha vez leido imos ver estes vídeos que nos va axudar a comprender ainda máis o tema de hoxe.

Temos que ter claro que as rochas e minerais son seres inertes pois non cumplen ningunha das funcións vitais. Os Minerais están formados por un único elemento e e clasifícanse atendendo as súas propiedades: forma, brillo, dureza e cor.
Os Minerais

As rochas (non chamarlle pedras) habitualmente están formadas por máis de un miniera. Suelen clasificarse segundo a súa orixe: magmática, sedimentaria e metamórfica. No seguinte vídeo podes saber máis.
As Rochas


Unha vez visto os vídeos e leido o tema imos facer dous esquemas, un dos minerais e as súas propiedades e outo das rochas e o seu orixe.


Luns 25/05/2020

Ola, bos días. 
Xa estamos rematando o mes de maio, cada vez temos máis cerca o final deste curso tan raro que nos tocou vivir. 
Estamos moi agradecidos ás familias que tanto están colaborando para que os seus fillos e fillas sigan aprendendo.  
E como non, agradecemos aos nosos alumnos e alumnas a súa dedicación e o seu interés por facer as cousas ben. Sodes uns campións e unhas campioas. Seguide así!!!

As actividades para hoxe son:

L. castelá
Veremos os graos do adxectivo, que xa traballamos en lingua galega. 

  • Lede a viñeta e o recadro amarelo da páxina 188. 
  • A continuación faredes os exercicios 1 ao 4 da páxina 189.

 Mándovos o enlace a esas páxinas.


Tedes un vídeo explicativo.Antes de nada mirádeo.




Plástica

Que tal ides cos debuxos de simetría? Xa recibín algúns. Espero que nesta semana me mandedes todos os que faltan.
Déixovos o vídeo cos traballos  de puntillismo. Aínda faltan algúns por mandar o seu debuxo. Grazas a tod@s  que enviaron  debuxos.
 A ver se vos  gustan.😄



Venres 22 de maio de 2020

NATURAIS


👉 Lectura atenta do punto 5 "CONSELLOS RELACIONADOS COA ALIMENTACIÓN"

      Despois desta lectura respondemos:

✔ Cantos dentes tes agora? Cantos che faltan para ter 32?
✔ Por que é importante coidar os dentes?
✔ Lembras cando che caeu o primeiro dente? Que tipo de dente era? Explica a experiencia nunha pequena redacción.
✔ Tiveches algunha vez dor de barriga? Lembras que cha provocou? Cantos días che durou a dor? Leváronte ao médico?
     

💪Ánimo e coma sempre... agardo as vosas respostas!! 💫
🙏Grazas a todos os que me enviades os vosos traballos!!

Apertas da profe Olga 💛

_______________________



Venres 22/05/2020


Matemáticas.


Continuamos coas unidadesimos de medidas. Esta vez coas medidas máis grande có metro: o dam, hm e o km. Imos facer só a primeira fila dos exercicios 1, 2, 3 e 4 da páxinas 146 e 147.
Tamén imos facer un pouco de cálculo. Exercicios 1 e 6 da páxina 153. Estes dous exercicios tendes que enviárnolos ó correo electrónico.

Solucións tarefas mércores


Matemáticas         Lectura Lingua Galega


Xoves 21/05/2020

Correccións dos exercicios de matemáticas e l. castelá do luns.

Matemáticas          L. castellana         Letras Galegas 



Mércores 20/05/2020

Lingua Galega
Hoxe imos empezar cun novo tema e con el tócanos facer a portada, a lectura e os exercicios 1, 2, 3, 4 e 6.

Matemáticas
Continuamos coas  medidas de longitud e hoxe imos traballar cunha moi pequeniña que se chama o milímetro. Para elo imos facer os seguintes exercícios das páginas 144 e 145: 1 (só a terceira columna), 2 (só a primeira fila), 3 e 4.

Martes 19/05/2020

Bo día! No día de hoxe imos traballar un pouco en sociais co mapa do relevo que fixemos a semana pasada. Imos facer o ejercicio 3e o 4 da páxina 40 do libro.

Luns 18/05/2020

Ola! Bos días!Que tal a fin de semana?

 Despois do día das Letras Galegas comezamos unha nova semana. Agora xa sabedes un pouquiño máis do escritor homenaxeado este ano. Gustouvos o conto das pitas? A que é moi divertido? E seguro que o pasáchedes xenial co xogo dos enigmas.

Comezamos co traballo para este luns.

Matemáticas

Imos traballar o metro, decímetro e centímetro. (Podedes volver ver o vídeo se non vos acordades). 

  • Primeiro lede atentamente o recadro azul da páxina 142. 
  • Logo resolvede os exercicios 1, 2, 3 e 4  das páxinas 142 e 143. (Nos exercicios 1 e 3 faredes so a primeira columna de cada apartado, os demáis  completos).
  •  Mirade os exemplos para saber como resolver os exercicios e facédeos como veñen alí.

L. castelá


En  castelá imos traballar as palabras compostas. Aquí tedes o enlace á páxina:

Lede as viñetas. Copiade no caderno o cadro amarelo, non esquezades a data e o título.

Facede os exercicios 1, 2, 3 e 4 da páxina 187


Plástica

Antes de nada dicirvos que me encantan os traballos de puntillismo que mandáchedes. Aínda me faltan algúns que espero me cheguen esta semana. Seguro que estades desexando velos. Quero comezar co vídeo, veña non tardedes en envialos os,-as que faltades.

Estas dúas semanas traballaredes A simetría. Aquí vos deixo un enlace coa información e exemplos que podedes escoller.


Mandade os traballos cando estén rematados. Facédeos bonitos !!!


Venres 15/05/2020

Como xa sabedes o próximo domingo é 17 de maio, é unha data moi importante pois este día celébrase o Día das Letras Galegas. Coma cada ano faise unha homenaxe a un escritor/a importante das nosas letras. Este ano RICARDO CARVALHO CALERO

Seguro que estades a preguntarvos quen era. Pois aquí podedes comprobalo.


Aquí tendes un vídeo dun cole de Ourense donde os nenos e nanas nos contan a vída e a obra Carvalho Calero.



Podedes ler este estupendo conto titulado As pitas baixo a choiva


Un pouquiño de música?


@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@
Un pouquiño de traballo non? 
Aquí tendes tres textos pequeñitos sobre Carvalho Calero e a súa obra. Le os textos e contesta as preguntas que están a continuación. as actividades podédelas facer, coma sempre, ou imprimindo o documento ou facundo os ejercicios no caderno. Si elexides esta última opción lembrade que non é preciso copiar os enunciado,  só poseed o número e a ficha.
@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@

E como premio polo vos traballo un xogo de enigmas chulísimo. Quen chegará ao final?


Xoves 14 de maio de 2020

NATURAIS

Despois de traballar anteriormente os hábitos saudables no que respecta á alimentación e ao estilo de vida, imos a traballar nesta semana en algo moi importante: os alimentos. Para iso imos a levar a cabo a seguinte tarefa:


👉 Lectura atenta do punto "A CONSERVACIÓN E O ENVASADO DOS ALIMENTOS".

      Despois desta lectura respondemos:

      ✔ Cales son os productos frescos que nos podemos atopar nun supermercado? 
      ✔ Que métodos se utilizan para conservar os alimentos e en que consisten?
      ✔ Elixe 2 alimentos envasados que teñas na túa casa. Observa o envase e responde: 

          📌 Como é o envase? 
          📌 Leva información sobre os seus nutrientes? 
          📌 Indica se o alimentos é saudable e explica por que. 
         📌  Localiza a data de caducidades ou de consumo preferente e descobre en que se diferencian!


Ánimo e coma sempre... agardo as vosas respostas!!

Apertas da profe Olga
                    

Volcáns!!!

Aquí vos deixo un par de enlaces para que vexades os vídeos que as compañeiras e compañeiros de 4ºA e B fixeron dos volcáns: SofíaKeira, Cayetana volcán e lámpada de lava, Sabela lámada de lava e volcánIvánRaúlHugo e lámpada de lavaClara volcán 2Óliver e Valeria

Mércores 13/05/2020

Lingua Castelá

Hoxe imos empezar cun novo tema e con el tócanos facer a portada. Xa sabemos que os libros de texto quedaron no cole pero non vos preocupedes pois no seguinte documento podedes ver a as primeiras páxinas.

Lectura Tema 9

Que temos que facer?
  1. Portada do tema no caderno.
  2. Ler, unha, duas, tres... veces a lectura que leva por título "La unión hace la fuerza
  3. Facer os exercicios da lectura que se atopan na última páxina do documento. Son os exercicios: 1, 2, 3, 4 e 8.
  4. O exerccio 8 hai que facer unha descripción, respetactando as pautas que se indican en dito exercicio. (ledeo ben porque este tedes que enviárnolo)
Matemáticas

En matemáticas tamén comezamos un novo tema, o tema 10: A lonxitude. Queremos que fagades a portada do tema no caderno e uns exercicios, pero antes de facelos tedes que ver estes vídeos que vos poñemos a continuación.








Xa víchedes os vídeos? A que son chulos? 
Pois agora ides facer os exercicios 1 e 2 da páxina 141. A ver que tal vos saen. Corrixímolos o xoves.

Mandámosvos as correccións de matemáticas e de galego:



Martes 12/05/2020

Aviso para o alumnado de 4º A
Recórdovos que debido a que comezamos a traballar na secretaría do colexio polas mañás, temos que cambiar o horario da videoconferencia de 4º A. A partires de mañá farémola ás 16:30 h. Vémonos!!
(Os de 4º B manteñen o horario que tiñan ata agora 12:00 h) 

Bo día!!! Hoxe imos traballar un pouquiño en sociais. Pero antes de nada quero felicitarvos a todos e todas polos videos dos volcáns que nos enviáchedes. Están xenial!!!

Ben xa sabemos as definicións dos accidentes xeográficos. Sabemos o que é unha montaña, unha cordilleira, unha serra ou unha depresión...  Pois hoxe tócanos estudar os máis importantes de España. Primeiro vos propoñemos un vídeo que por medio dunha canción nolos ensina. Fixádevos ben nos nomes e nos tipos de accidentes xeográficos.


Vale e agora que xa sabemos cales son os máis importantes imos facer un pequeno traballiño que consite en facer un mapa de España, aqui vos deixo un mapa físico mudo para imprimir. Chámase físico porque é do relevo e mudo porque non trae nomes. Si non podedes imprimilo non vos preocupedes podesdes calcar o que ven na páxina 43 do libro. Unha vez que teñamos o mapa coloreado e bonito imos escribir o nome dos principais elmentos tal e como aparecen neste vídeo.


Cando o teñades listo enviádenos unhas fotos ou videos ensinándonos o voso traballo. Moito ánimo! Seguro que vos queda xenial.


Luns 11/05/2020

Bos días!! Comezamos semana de plena primavera, anque un pouco revolta. As tarefas de hoxe van ser de :

Matemáticas

Unhas fichas de repaso do tema 9, que poderedes imprimir, pero se non tedes impresora facédeas no caderno poñendo o número do exercicio e as respostas. Fixádevos ben e consultade o libro cando non recordedes algo. 
Tédelas neste enlace:


Língua Galega

Faredes os exercicios 1 e 4 da páxina 152 do libro.

Lede os recadros do tema antes de completar o resumo do exercicio 1. Facede logo o esquema do ex. 4 con boa letra, moi limpo e con boa presentación. 
Cando o rematedes  mandádenos unha foto ao noso correo. (luis@vinclan.com e manoli@vinclan.com) Esperamos o traballo esta semana!!!



Venres 7/5/2020

Bo día!!! Hoxe imos traballar o seguinte:

Matemáticas
Uns problemiñas de repaso do traballado no curso. Páxina 139 exercicios do 9 ó 12. Lembrade que non é necesario copiar o enunciado pero si que tendes que ser organizados e tendes que presentalo ben no caderno. Poñede os datos, as operacións e as solucións.

Lingua Castelá
Imos facer o resumo da unidade. Lembrade que é o exercicio 1 da páxina 162. Coma sempre procurade presentalo limpiño e sen faltas de ortografía.


Xoves 7 de Maio

NATURAIS

Parabéns a todos aqueles alumnos/as de 4ºA que me enviástedes as tarefas!! Os que ainda non rematástedes, temos tempo! Ánimo!!

Para esta semana:

- Facemos a lectura da Páx. 26 "FACTORES QUE AFECTAN Á SAÚDE". Aquí vemos como a alimentación é un factor importantísimo, , así como o estilo de vida que levemos normalmente. Ámbolos dous factores foron determinantes na época de cuarentena que pasamos, xa que ao pasar moito tempo nas casas poidéronse ver afectados dalgún xeito.

- Despois desa lectura atenta, facede unha reflexión sobre o voso estilo de vida e a vosa alimentación neste tempo que levamos prácticamente sen sair e como vos afectou ese cambio de estilo de vida. Para facer esta tarefa poderes enviarme unha pequena redacción: Ben escrita na libreta (foto) ou ben redactada nun mail. Procurade falar por un lado da ALIMENTACIÓN e polo outro lado do ESTILO DE VIDA. A extensión procurade que non baixe das 20 liñas. 

Moito ánimo e moitas apertas!

Olga

Mércores 06/05/2020

Ola! Bos días. Este mércores imos traballar:

L. galega 



Estudaremos as palabras que se escriben con b e con v. Prestade atención ao que din os recadros, lédeos con calma antes de nada. Logo facede no caderno o seguinte:

-Poñede a data e o título. Debaixo copiaredes con vermello o recadro da páxina 148.

- A continuación faremos os exercicios do 1 ao 5 das páxinas 148 e 149. ( Antes de facer os exercicios 4 e 5 relede o recadro da páx. 149).

Escribide con boa letra e sen faltas de ortografía.

Plástica
Que tal ides co traballo de puntillismo? Facédeo con calma. Mándovos o vídeo cos trabalos anteriores para que os vexades. Espero que vos gusten.







Solucións das tarefas do luns nos seguintes enlaces:






Martes 05/05/2020

Ola. hoxe tócanos un pouquiño de Sociais. Pero antes de empezar co traballo de hoxe quero recordarvos que sodes moitos os que ainda non enviáchedes as tarefas de sociais e naturais da semana pasada.

Primeiro vos propoño un pequeno vídeo para repasar as principais definicións dos accidentes xeográficos que vimos o outro día e que tiñades que escribir na tarefa de Soci.

Agora temos que ler as páxinas 38 e 39 do libro. Lédeas varias veces e si non entendedes algo preguntádeme. Unha vez lido mirada estes vídeos que nos explican moi ben o tema.

AS PLACAS DA CODIA TERRESTRE
OS VOLCÁNS
EROSIÓN, TRANSPORTE E SEDIMENTACIÓN

Para rematar propóñovos un destes 4 experimentos para facer volcans caseiros. Son moi doados de facer e quedan superchulos. Si os facedes mandadenos o video que estaremos encantados de velos!

Luns 04/05/2020

Bos días! Comezamos unha nova semana. 

Plástica

Mandamos un novo traballo de plástica, dispoñeredes de dúas semanas para rematalo. Traballaredes o puntillismo. No seguinte enlace atoparedes a información , o material necesario e ideas para realizalo. Ánimo, que estades feit@s uns e unhas artistas. A crear!!!


O mércores xa poderedes ver o vídeo do traballo anterior. Vai quedar precioso!


Matemáticas

Lede Programar horarios , da páxina 138. Fixádevos ben nas táboas e logo resolvede no caderno os exercicios 1, 2 e 3.
Facede tamén os problemas 6, 7 e 8 da páxina 139 (Podedes copiar datos e pregunta).


L. Castellana

Trabajaréis verbos que se escriben con H. Leed y copiad los cuadros amarillos de las páginas 156 y 157. Fijaros bien en las palabras homófonas con y sin h. 

Haced los ejercicios del 1 al 5 de las págs. 156 y 157.
Leed los dictados de la página 157. El martes haremos un dictado en la videoconferencia.

_____________________________________________________________________________


Para esta ponte vos propoñemos un escaperoom virtual, é un conxunto de retos que tes que ir superando para poder acabar o obxectivo. É ideal para facer en familia. Estou seguro que o ides conseguir!!!






Xoves 30/04/2020

NATURAIS

* Lembrade que os alumnos/as de 4ºA enviades as tarefas de Sociais e Naturais á profe Olga.

Despois de ler "Pepa a moa", podedes contarme por que pensades que é importante facer visitas ao dentista? Sabedes que outro nome recibe un dentista? Espero as vosas contestacións ao correo (Profe Olga 4ºA)

Este tema nos ven moi ben, dado o momento de saúde mundial que estamos a vivir. Seguro que todos e todas o colledes con ganas para aprender!!

LECTURA DOS SEGUINTES PUNTOS:


  1. A saúde e a enfermidade 
          - Que é a saúde
          - Tipos de enfermidades
          - Como se transmiten as enfermidades infecciosas 

Tarefa despois da lectura:

Contádeme despois de saber o que sabemos tras a lectura, como catalogamos ao coronavirus (se é una bacteria, un virus, un protozoo, un fungo...) e todo o que saibades (contaxio, etc). Enviademe unha pequena redacción que podedes escribir en papel, grabarme en audio, en video, redactar nun mail... como vos sexa máis fácil. 

Ánimo e apertas!

A profe Olga


*****************************

Sociais
Hoxe imos empezar co tema do relevo. Aquí vos explicó un poco o que é a litosfera e os principias accidentes xeográficos. Cada número se corresponde cunha definición.


Un pouco de traballo. Tendes duas opcións: si podedes imprimide este debuxo para colorealo ou en caso de non ter impresora debuxalo nun folio. Unha vez pintado o debuxo imos copiar as 12 definición dos distintos elementos que conforman o relevo da terra. Isto é como un minimural. Cando o tendes listo enviádeo aos nosos correos para ver como vos quedou.

Solucionario dos exercicios do mércores
Mércores 29/04/2020

Bos días, xa sabedes que o venres será festivo, polo tanto estas son as tarefas do que queda de semana.
Recordarvos que tedes que mandar o conto e o traballo de plástica aos nosos correos, se aínda non o enviáchedes. 

Non é necesario mandar foto de todos os exercicios que facedes, tan so de aqueles que vos vaiamos pedindo. 

A maioría correxímolos con vós nas videoconferencias e deixamos no blog os solucionarios de todo o que imos mandando para que vós mesmos poidades corrixir.

Matemáticas

Comenzamos con el dinero. Para repasar los billetes y monedas que tenemos, ved el siguiente vídeo.



Ahora resolveréis en el cuaderno los ejercicios 3 y 4 de la página 133 del libro. (Del ejercicio 4 haréis solo el primer punto, del ej. 3 haremos todo).

Leed y pensad las respuestas de los ejercicios 1 y 2. Los haremos oralmente, entre todos el jueves.

L. Galega
Traballaremos sobre o verbo, podedes ver os vídeos do luns por se esquecíchedes algo. No seguinte vídeo tendes un resumo do contido que aparece no libro.



Copiade con bolígrafo vermello so o primeiro recadro verde (páx. 146), lede o da páx. 147.

Resolvede no caderno os exercicios 1,2,3,4 e 5 das páxinas 146 e 147. Podedes resumir os enunciados.

Solucionarios dos exercicios do luns.



O xoves tede preparados os libros e os cadernos para corrixir os exercicios. Vémonos!!




Martes 28/04/2020

Sociais e Naturais. 

Nestas duas materias esta semana imos empezar a traballar novos contidos, como sempre faremos as portadas de Sociais do tema 3 O relevo e as rochas e leeremos texto da páxina 36 "As montañas de Michelangelo"; en Naturais faremos o mesmo: portada do tema 2 A saúde e leeremos o texto "Pepa, a moa" que se topa na páxina 22.

*** Sodes moitos e moitas os que ainda non enviachedes o conto de língua galega do venres pasado. por favor enviado canto antes os correos dos mestres.

Luns 27/04/2020

Ola rapaces e rapazas! Que tal os paseos de onte? Seguro que estades moi cansos pero non vos preocupedes: moito ánimo que esta semana é máis curta porque só ten 4 días de cole pois o venres é festivo.

Matemáticas

Hoxe imos empezar ó revés, vouvos dar os resultados antes dos exercicios que imos facer: 18 anos = 3 lustros e tres anos, 120, 430 anos = 4 siglos e 30 anos, 3, 1 siglo e 40 anos, 144 anos = un siglo e 44 anos. Están desordeados así que cuando remates as tarefas podes comprobar estes resultados para saber si os tes ben feitos.


Agora un pouco de teoría. Podedes copiar esta táboa no caderno ou a da páxina 130 do libro.

Mira estes vídeos porque manche servir como explicacións, o que non quita que teñas que les as páxina 130 do libro de mates.




-> Agora un pouquiño de traballo no caderno. Copiar o lembr da Páxina 130 e facer os exercicios 4 e 5 da Páxina 131.

Lengua Castellana

Antes de empezar os aconsejo que veáis este vídeo para repasar un poquito los verbos.

Verbos haber, ser y estar. Estos tres verbos son irregulares y se diferencian de los que ya conocemos (verbos regulares) en que su raíz cambia y su terminación no siempre es igual que la de los otros verbos de su conjugación.


RAIZ
TERMINACIÓN
Verbos regulares
No cambia
Es igual que la de los otros verbos de su conjugación
Verbos irregulares
Cambia
No siempre es igual que la de los otros verbos de su conjugación



-> Antes de hacer los ejercicios y una vez visto los vídeos explicativos leer los cuadros de las páginas 154 y 155 y después hacer los ejercicios 1,3 y 4. 


Como levades o conto que vós propuxemos o venres? Supoño que xa o tendes listo. Lembrádevos de enviarnos unha foto ao nosso correo. Maña martes tendeos rematados asi os podemos ler e compartir cos nosso companheiros e compañeiras.

Informática

Hoxe si que vós propoño un reto de verdade pois non vós vou dar ninguna instrucción. 

O paseo pola natureza

  • Al pulsar en los botones izquierda y derecha el sprite animado se desplaza a izquierda y derecha respectivamente. 
  • Al salir del escenario por la derecha aparece por la izquierda y viceversa. 

Descarga de activos: reto2

CANDO O REMATEDES, COMPARTÍDEO E MANDÁDEME UN EMAIL PARA QUE O POIDA VER.

Veña intentádeo a ver que o consigue! Para a semana que ven douvos a solución.
_________________________________________________________


Venres 24/04/2020

Ola rapaces e rapazas! Xa chegamos ao venres e para rematar o menú do mércores tan so falta a sobremesa, así que vola imos poñer moi saborosa

Lingua Galega (tarefas para a fin de semana)

Recordades que se celebrou no día de onte? Claro O DÍA DO LIBRO, e que mellor maneira de celebralo  que vendo un vídeo dun conto e convertíndonos en escritores e escritoras. 
Mirade este vídeo.



Gustouvos? Pois agora escribide un conto bonito, en lingua galega,  facédelle unha ilustración e cando o teñades listo mandádenos unha foto do conto.

Para que recordedes as partes do conto fixádevos nesta imaxen, e recordade que tedes que escribir como mínimo tres parágrafos, ben separadiños para que se distingan ben. Usade un bonito vocabulario e introducide conectores, non vos esquezades.



Mandamos a s correccións das tarefas destes últimos días, para que miredes se tedes ben as respostas.

solución matemáticas luns e mércores (están na última páxina)





E por último para que disfrutedes dos traballos de plástica que fixeron algúns dos compañeiros, mándovos este vídeo. Son moi bonitos. Os que non os enviaron poden facelo e engadímolo no seguinte vídeo.




    Que teñades un bo fin de semana. Bicos!!!


Mércores 22/04/2020

Ola nen@s! Xa estamos a metade de semana. O menú para hoxe é moi sixcelo e custa de dous pratos:

Lengua         Matemáticas

Lembrade que mañá xoves volvemos ter videochamada as 12:00. En caso de ter algunha dúbida apuntadea nun papel para que non se vos esqueza e tende a man as tarefas desta semana para correias todos xuntos. Sede Puntuais!!!!

________________________________________
Pois non estivo nada mal a videoconferencia de hoxe, pese aos atrancos que a tecnología nos puxo. Creo que podemos darlle unha boa nota a charla. Despois desta proba intentaremos facelas con máis frecuencia. Ya vos iremos contando.
Moitas grazas por participar


Luns 20/04/2020

Moi boas!!! Todos quedamos moi content@s despois de vernos 
as caras o venres . Temos que repetir a experiencia, parécevos?
Mentres tanto temos que seguir facendo algunha tarefa 
para non esquecer o que sabemos, así que aí vos van.


Matemáticas ( tarefas para luns e martes)

Ides facer unha ficha de repaso de números decimais. Xa sabedes. se non podedes imprimila 
 facédea no caderno.

L. Galega 

No seguinte enlace vaivos a corrección da ficha que mandamos o xoves.




Plástica (traballo para dúas semanas)

Xa vos dixera que poríamos un traballo esta semana. Imos facer un collage. 
Como rematamos fai pouco a Semana Santa e seguro que tivéchedes algún ovo de chocolate
 ides decorar con recortes de papel un ovo, facédeo moi bonito e cando rematedes mandade
ao meu correo unha foto do voso traballo.
No seguinte enlace mándovos información e unas plantillas  duns ovos que podedes imprimir 
ou debuxar vós outros.

Espero ter pronto o resultado do voso traballo. A decorar!!!



Un SUPERTRUCO DE MAXIA feito por CAYETANA


@@@@@@@@@@@@

Xa vai sendo hora de vernos as caras.


Que vos parece si facemos unha videochamada conxunta? Así nos vemos e podemos falar de todo o que nos pete.

Cando?

Pois a data escollida vai ser o venres día 17 as 12:00 da mañá.

Quen?

Tódolos nenos e nenas de cuarto, tanto de A coma de B.

Como?

Utilizaremos a aplicación jitsi.org. É moi doada de utilizar, non precisa rexistro de usuario e é segura pois a comunicación está encriptada.

Como fago para conectarme?

O primeiro que teño que saber é a dirección do chat onde se vai facer a reunión. Sempre vai empezar asi meet.jit.si/aquivaionomedareunión, é dicir, nós temos que entrar escribindo a seguinte dirección meet.jit.si/cuartovinclan

Para conectarme podo utilizar un ordenador portatil (esta é a opción recomendable) co navegador google chrome. Abro o navegador e na barra de direccións escribo a dirección meet.jit.si/cuartovinclan. Si é a primeira vez que entramos vainos pedir que lle demos permiso ao micrófono e a cámara, dámoslle a que sí.


Pincha na imaxe para vela ampliada


Si queremos entrar mediante móbil ou tablet temos que instalar a aplicación jitsi meet. Esta é válida tanto para ios coma android. Imos a tenda de aplicacións correspondente e a instalamos.


Pincha na imaxe para vela ampliada

videochamada do venres vai a ser unha proba para intentar implementala e utilizala con todos vós a miúdo.

Vémosnos e escoitámos o venres!!! Sede puntuais. Podedes facer probas antes para comprobar o correcto funcionamento.


Xoves 16/04/2020

Agora unhas tarefas para estes dous días e rematamos a semana. Seguro que estades desexando que chegue o venres para ver a todos os compañeir@s. 

Ánimo que chega rapidiño!

Matemáticas (tarefas para xoves e venres)

Antes de nada mandamos a solución dos problemas do martes para que fagades unha autocorrección,
xa sabedes como faciamos sempre no caderno, se algo está mal borrámolo e poñémolo ben con vermello. So tedes que premer no seguinte enlace.
Solucionario problemas

E agora un pouquiño de traballo. Unha ficha doad, doada!!!



Lingua galega (tarefas para xoves e venres)

Para repasar algo do que xa demos faredes unha ficha que podedes imprimir, os que teñades impresora,  ou  facer  no caderno si non podedes imprimila.
Xa sabedes, premede no enlace.


Informática

Primeiro vos deixo a solución do último reto que fixemos, este si que era difícil é?


Pinchade neste enlace e vos levará ao exercicio resolvo https://scratch.mit.edu/projects/385511655

Aquí o reto de hoxe, este é moito máis fácil. Nel aprenderemos a que os fondos se movan.
Así é como vos ten que quedar.


Arquivos necesarios para a tarefa


@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@


 Un turquino de maxia?


RETO ACEPTADO!!!


Vémonos o venres. Chao!

_____________________________________________________________


Boas!!! Xa estamos de volta. Que tal esas estranas vacacións? Espero que moi ben. Pola nosa parte temos que decirvos que vos botamos moito de menos.

Durante estos próximos días, e a espensas de que a Consellereía actualice as instrución sobre como proceder no tercero trimestre, continuaremos realizando tarefas de repaso e reforzó.

Martes 14/04/2020

Lengua Castellana (actividades para martes e mércores)

Lectura e uns pequenos exercicios de comprensión da mesma. O ideal é que imprimades esta ficha na casa e fagades alí os exercicios, pero no caso de non ter impresora non hai problema, facede os exercicios no caderno únicamente indicando o número do exercicio e a que lectura corresponde.


Matemáticas (actividades para martes e mércores)

Comezaremos por resolver uns problemas que seguro que vos
resultarán moi faciliños. Aquí van, so tedes que premer no enlace:



________________________________________________________________

Moitos de vós estades tendo dificultades para enviarnos vídeos por medio dos correos. Iso débese a que o correo non permite incluir arquivos moi pesados. A solución pode ser que esos vídeos os subades ao Google Drive e compartir o enlace por medio do correo electrónico.

Tutoriales de  google -> Subir vídeos a Drive          Compartir vídeos en Drive


Este titorial está gravado con iPhone, entendo que con Android os pasos son semellantes.
__________________________________________________

Venres 3/04/2020

Moi boas. Xa chegou este día tan esperado. Hoxe comezamos unhas merecidas vacacions!!! Iso si un pouco raras pois toca pasalas na casa, pero seguro que algo inventardes para que sexan xeniais.

Lembrade que esta tarde recibieres as notas da 2ª avaliación pola aplicación AbalarMobil. 

Esta semana non ides recibir tarefas, pero si tendedes algo pendente aproveitade para poñervos ao día.

Volvemos a lernos o martes 14 de abril e esperamos que pronto a vernos. Por iso vos propoñemos  utilizar este blog, durante as vacacións, para colgar vídeos ou fotos que nos enviedes, así os vosos compis e os profes podemos vernos. (familias: si nos enviades vídeos ou fotos autorizades compartilas só neste blog).

Veña animádevos!!! seguro que hai un montón de cosas que nos queredes contar, ensinar... escribídenos a Manoli ou a Luis.
______________________________________________
Que non o dixen no vídeo pero reto a tódolos menos e nenas de 4ºA e B


Estevo ensínanos un trucazo!!!

 Sofía facendo o reto
Sofía facendo o reto

    
UN POUCO DE MAXIA FEITA POR KEIRA. Moi Chulo!!!



______________________________________________________________________

Mércores 1/04/2020

Bo día nen@s e familias!!! Xa queda pouquiño para as vacións de semana santa. Un último esforzó.

Matemáticas (actividades para o que resta de semana)

Hoxe vós propoñemos o traballo de matemáticas “on-line”. Son tarefas de repaso de cálculo e resolución de problemas.

Un páxina web que xa coñecedes para mellorar o cálculo mental mentres xogamos. É superdivertido pero tendes que ser moi rápido para gañar. O chulo é que podedes xogar con otros nenos e nenas ao mesmo tempo.

Tendes xogos de Sumas-Addition, de Restas-Subtraction, Multiplicacións-Multiplication, Divisions-division, Decimais-Decimals, Fraccións-Fractions e moitos máis que podedes explorar. 

Uns exerciciós de cálculo?

E agora uns problemas. Os primeiros seguro que vos sonan pois xa os fixemos en clase coa axuda de fichas. Esta vez son para facer co ordenador e incluso podedes comprobar se o fixéchedes ben!


Lengua Castellana (actividades para o que resta de semana)

O luns vós propuxemos facer un cartel onde anunciabades a chegada dun mago a túa vila. (páxina 152 ex 11) Hoxe vos propoñemos ser periodistas e or iso pedimos que fagades una noticia explicando a actuación do mago. 

Podedes falar da actuación do luns MAZÁ SALTARINA ou desta que vós traemos hoxe BOTE sobre CARTA
Para axudarvos a escribir mellor a noticia podedes seguir as indicacións no exercicio 12 da páxina 152.
Aquí tendes unha gran maga compañeia vosa que quere ensinarvos un truco chulo.

Lingua Galega (actividades para esta semana)
Lectura e uns pequenos exercicios de comprensión da mesma. O ideal é que imprimades esta ficha na casa e fagades alí os exercicios, pero no caso de non ter impresora non hai problema, facede os exercicios no caderno únicamente indicando o número do exercicio e a que lectura corresponde.


SOCI E NATU

Estamos recibindo moitos dos vosos traballos e temos que dicir que están xenial. Etanos encantando. Que ganas temos de que nolos presentedes diante dos vosos compañeiros.

Aqueles nenos e nenas que non nolo enviáchedes ainda recordade as nosas dirección de correo olga@vinclan.com e a luis@vinclan.com

Mentres non empezamos cos temas novos un par de xogos para repasar os ríos

1 2 3
Uns vídeos do ciclo da auga 1 e 2

E de natu uns vídeos dos órganos dos sentidos. Seguro que algún xa os víchedes pois estanos votando na tv, en Clan.
______________________________________________________________________
LUNS 30 /03/2020
Ola, bos días nen@s e familias!

Estamos moi contentos de como estades respondendo tod@s á realización das tarefas, vemos que tanto as familias como o alumnado estades moi pendentes delas. Sabemos que moitos de vós tedes acceso ao blog e as estades recibindo sen problema. Que ben!

Comezamos esta terceira semana pensando que xa queda menos para voltar ao cole e pasalo ben cos amigos e amigas.

Despois do menú tan saboroso da fin de semana toca a mandar tarefas novas para que non vos aburrades.

Unha aperta para tod@s.
MATEMÁTICAS (actividades para luns e martes)
 Imos comezar o tema 9 : “Tiempo y dinero”. Vaivos resultar moi doado, xa que
o traballamos o curso pasado, xa veredes.
-Facede a portada , ben bonita, como facedes sempre.
-Lede na páx. 128 “El reloj digital”, o recadro azul.
Para axudarvos a recordar a lectura das horas nun reloxo dixital, tamén as
horas, os minutos e os segundos, envíamosvos uns vídeos:


Facede os ex. 1, 2, 3 e 4, das páxinas 128 e 129. (No ex. Nº 4 non é necesario copiar as preguntas, poñede os puntiños azuis e redactade a resposta)

L. GALEGA (actividades para luns e martes) 
Ides traballar o verbo, xa o viramos en castelán, recordades? A ver si entendedes 
ben todo.

-Mirade a viñeta da páx. 146 e lédea. Lede tamén os recadros verdes das páxinas 146 e 147 e facede un esquema que recolla as ideas principais. Podedes facelo  nun folio de cor, si tedes pola casa, logo pegádeo no caderno, xa veredes que bonito queda. 

A continuación facede os seguintes exercicios
-Páxinas 146 e 147 exercicios 1 ao 5.

Como traballo voluntario podedes facer o taller de gramática, non tedes que escribilo, podedes formar os verbos unindo as pezas do crebacabezas e tratar de completar o diálogo.

Animadevos a preparar vós outras pezas do crebacabezas, con outras formas verbais, separando a raíz e a terminación ou desinencia. Á volta servirannos de repaso. 

A ver que tal vos quedan!
L. CASTELÁ (actividades para luns e martes)
Xa rematáchedes a comprensión lectora? Tivéchedes algún problema? Se alguén non rematou todas as  preguntas, acabádeas primeiro e logo pasade ao seguinte.

Hoxe tócannos as palabras homófonas, recordades o que son? Seguro que tod@s xa o sabedes, démolas en galego. Para que as recordedes podedes ver este vídeo e logo facer os exercicios.

Lede as viñetas e o recrado.

Copiade con vermello o recadro amarelo (non esquezades poñer o título)
Ides facer os exercicios 2,3 e 4 da páx. 153 (sería bo que vos axudarades dun 
dicionario)

E agora cando rematedes os exercicios anteriores teredes que inventar un cartelmirade o   Ex. 11 da páx. 152. Podedes facelo nun folio e pegalo no caderno.

E agora outro  truco de maxia, para que  fagades na casa. Ides convertirvos nuns e nunhas  mag@s estupend@s!
PLÁSTICA

Que tal vai o traballo de plástica? Rematáchelo xa? Bueno facédeo con calma, daremos unha semana máis para dar tempo a que o rematedes tod@s, encantaríame
ver o bonitos que quedaron, os que poidades mandádeme una foto ao meu correo.

Para a próxima semana un encarguiño:
Ide buscando pola casa revistas, xornais, restos de papel de envolver agasallos, folios de cores, ou calquer outro papel que teñades por aí… que os ides necesitar para o próximo traballo.
INFORMÁTICA

A semana pasada cuando vos enviei o traballo de informática, había un pequeño erro no link para descargar os arquivos necesarios para facer o traballo. Moitas grazas por avisarme pois fóchedes mitos de vós, quen mo dixo por medio do correo electónico.


Esta semana seguiremos co traballo proposto a semana pasada e aquí tendes os  arquivos necesarios para descargar.

Naturais e Sociais

Os traballos que propuxemos hai duas semana xa teñen que estar listos. Moitos de vós xa o fixéchedes pero ainda faltan menos e nenas por enviarnos esos traballos a olga@vinclan.com e a luis@vinclan.com e nos en cantaría velos. Por iso necesitamos que nos enviedes fotos dos mesmos ou mellor ainda, vídeos expoñendo o voso traballo.

Ata o mércores. Biquiños para tod@s

_________________________________________________________________________

Venres 27/03/2020

Bo día!!! Xa case estamos na fin de semana…
Hoxe de menú temos soamente dous pratos:

Matemáticas (actividades para hoxe)

De entrante temosvos preparados uns pequeniños problemas ao natural. Moi moi faciliños onde temos que fixarnos ben nas operación con números decimais. Como sempre non é preciso que copiedes o enunciado no caderno pero si os datos, operación e solución.


Lingua Galega (actividades para hoxe)

De segundo e como prato principal temos una lectura ao forno cunha temática moi actual e uns pequenos exercicios de comprensión da mesma. O ideal é que imprimades esta ficha na casa e fagades ali os exercicios, pero no caso de non ter impresora non hai problema, facede os exercicios no caderno únicamente indicando o número do exercicio e a que lectura corresponde.


E de POSTRE hoxe temos un estupendo truco de maxia para que o poidades aprender e así fardar un pouquiño ;-) 


Como sempre estaríamos encantados vervos como o facedes pero antes tendes que practicar un montón.


Naturais e Sociais

Os traballos que propuxemos a semana pasada xa teñen que estar casi listos. A olga@vinclan.com e a luis@vinclan.com en cantaríanos velos. Por iso necesitamos que nos enviedes fotos dos mesmos ou mellor ainda, vídeos expoñendo o voso traballo.

LIBRO DE LECTURA 4ºB 
Xa debedes de estar rematando ou xa está rematado o libro "Escarlatina, a cociñeira cadáver".

________________________________________________________________

Mércores 25/03/2020

Matemáticas (actividades para mércores e xoves)

Imos rematar os problemas que temos pendentes. Para facilitar a vosa labor non é necesario copiar os enunciados, simplemente poñer o número do exercicio e a páxina no que se atopa. Iso si, tendes que por como en cada problema os datos, as operación e a solución. 


  •    Páxina 121 exercicios 13,14 e 15. E como reto o exercicio 16. Seredes capaz de resolvelo? (pista: poñer as fraccións en número decimal)
  •        Páxina 122 exercicio 1
  •        Competa no caderno as seguintes series fazendo a operación indicada.
+ 1,25
24,3




- 3,7
125




x 0,2
0,089






Lingua Galega (actividades para mércores e xoves)

As palabras derivadas e os prefixos.
Isto xa o temos estudado en lingua castelá así que vai estar chupado. Só temos que repasar un pouco a teoría para refrescarnos e listo!!!

Aquí tendes un pequeno VIDERO EXPLICATIVO

Intenta facer o mesmo que aparece no vídeo. So precisas un ataco dun folio dobrado en tres partes: unha para a palabra primitiva, outra para os prefixos- e outra para os -sufixos. Eres capaz de facer a actividade que che indicamos ao final do vídeo. Podes quitarle unha foto en enviárnosla ao correo. Encantaríanos velo!!!


  • Agora a traballar un pouco… Páxina 145 exercicios 1,2 e 3.

Lengua Castellana (actividades para mércores e xoves)

Imos volver a ler a lectura do tema 8 para logo facer os exercicios de comprensión lectora da páxina 151. Exercicos 1 ó 8.

Audio de la lectura.

Aquí tes os pasos para facer o truco de magia da lectura.
Si queres saber como é posible que sempre acertes aquí tes a explicación.

Coñeces algún outro truco de maxia? Estaríamos encantado que nolo contases. Mándanolo ao correo e publicarémolo no blog para que os teus compañeros/as vean como fas maxia.

LUNS 23 DE MARZO.


Bos días rapazas e rapaces! Que tal o fin de semana?

Hoxe toca volver a facer as tarefas da escola, aínda que desde as vosas casas. Seguro que botades un pouquiño de menos aos amig@s, vir ao cole…, bueno pensade que xa pasou unha semana e xa nos queda menos para que esto remate. Os profes tamén vos botamos de menos e estamos desexando que volva a normalidade para todos.

Tratade de facer cousas diferentes e ocupar o tempo, para non aburrirvos. Non esquezades practicar o baile que colgou a profe Noe.

Portádevos ben, sede bos cos vosos pais, avós e avoas e  coidádevos moito. O mércores poremos novas tarefas.

Biquiños para todos e todas.

L. CASTELLANA (actividades para luns e martes) 
Facede a portada do tema 8. (Non esquezades poñer o título)
• Lede a lectura do tema 8 un par de veces.
• Copiade as palabras do vocabulario e o pon atención, e escribide una oración con cada palabra do vocabulario.
• Redactade unha carta a unha amiga ou amigo, imaxinando que non sabe o que está ocurrindo e contádelle o que está pasando, por que estamos todos metidos nas nosas casas, que facedes cada día para non aburrirvos… 

Non esquezades as partes dunha carta: lugar e data, saúdo, corpo da carta, despedida e firma. 


MATEMÁTICAS (actividades para luns e martes) 
Facede o repaso acumulativo da páxina 123, exerc. do 1 ao 7 
• Resolvede os problemas da páxina 123, do 8 ao 13. 
 Podedes copiar o enunciado enteiro ou soamente os datos e a pregunta. Non esquezades que os datos non son so os números, son frases curtiñas.  Mirade este vídeo , para que vos axude a resolvelos. 

vídeo: ”Pasos para resolver un problema de matemáticas” 


• Lede o cadro azul sobre os gráficos de barras e resolver os exercicios 1 e 2 

L. GALEGA (actividades para luns e martes) 
Facede a portada do tema 8 (Non esquezades poñer o título).
 • Lede a lectura do tema 8 un par de veces. 
• Copiade as palabras do vocabulario e o pon atención, e escribir una oración con cada palabra do vocabulario. • Contestade as preguntas de comprensión lectora da páx. 140 exercicios do 1 ao 8 

Non vos esquezades de copiar os enunciados con boa letra, sen faltas de ortografía, deixade marxes e non fagades tachóns. 
Os alumnos e alumnas de 4ºA, que non levaron ningún libro de lectura, poden ler algún que teñan na casa, cada día un capítulo estaría ben. 


PLÁSTICA ( actividade para esta semana) 

Por si vos aburrides propóñovos facer un debuxo con cores cálidas e frías. 
Para que as recordedes envíovos una roda de cores. 
Tamén mando uns exemplos de debuxos que podedes copiar ou mellor aínda inventar vós outros. 

Abride este enlace e verédelos. 

https://drive.google.com/open?id=11nJqLJHkBzNAPo7EbToSWHx3kC9o_2hu 

Pintade co que teñades na casa: lapis de cores, ceras, rotuladores… O debuxo facédeo nun folio, si non tedes, nun caderno. Non esquezades repasar con negro. 
Seguro que sae precioso! 

SOCIAIS E NATURAIS 
Continuade cos traballos iniciados á semana pasada 

INFORMÁTICA (tarefa para esta semana)

Reto da semana. Acordádevos de entrar na páxina web de scratch co vos usuario e contrasinal. Fixádevos no uso das maiúsculas e minúsculas para poder acceder sen problemas.
Hoxe traballaremos:
1. Clonación de sprites. 
2. Bloques personalizados. 
3. Bloque aleatorio. 
4. Perspectiva isométrica.
PINCHANDO NESTA IMAXE TENDES AS INSTRUCIÓNS 





                        Ata o próximo mércores!!! 




Mércores 18/03/2020

Moi boas rapaces!!! Si, xa sabemos que nos botades moito de menos😜. Como levades as tarefas? Supoño que ben porque para vós deben de estar chupadas. 

Hoxe comezaríamos una ponte (pequenas vacacións), pero como xa sabedes non vai ser posible gozalas como tiñades pensado. Por iso vos propoñemos una serie de actividades de ocio que podedes facer en familia. 
Si facedes algún destes xogos facédenolo saber con fotos, vídeos...

Tamén vos deixamos uns correos electrónicos para comunicarvos con nós. Podedes utilizado para o que queirades: preguntarnos dúbidas, contarnos o que estades a facer...

manoli@vinclan.com
olga@vinclan.com
luis@vinclan.com



Moi boas nenas e menos de 4º!!! Estamos de Vacacións? Pois por desgraza non, e por iso temos que seguir traballando. Iso si, o cole non o vamos ter que ver nunha tempada. 😅

Como imos comunicarnos?
De entrada, este blog será a forma que teñamos de comunicarnos Manoli, Olga e Luis con vós. 

Que actividades teño que facer?
Esta, seguro que é a parte máis divertida. Neste blog iremos enviando as actividades a realizar dividíndoas por materias.

Cando fago as tarefas?
Está claro que na casa non temos un timbre que nos indica o cambio de clase e por iso tendes que ser moi responsables. Tedes que intentar manter as rutinas de traballo. As actividades que se vos van enviar non son para facer nun só día, así que tedes que organizar o traballo para ir facendo un pouco todos os días.

Onde fago as tarefas?
Cada tarefa farase no caderno correspondente a cada materia. Lembra escribir con boa letra, respectando as marxes, poñendo a data para saber os exercicios que facemos cada día e así organizar mellor o nos traballo... vamos, o que hacemos sempre en clase.
Para os traballos de Sociais e Naturais empregade os materiais que teñades por casa. 

Como podo correxir?
As correccións ímolas deixar para cando volvamos ó cole.

E se teño dúbidas?
No caso de que non saibas resolver algún exercicio non te preocupes, intenta pedir axuda na casa. De non conseguir resolvelo, copia o enunciado e deixa un esparzo en branco. Á volta entre todos conseguirémolo!

Exames?
Disto non te tes que preocupar, esquecémonos deles ata a volta ó cole.


16/03/2020


SOCIAIS E NATURAIS (tarefas para as videiras duas semanas)

Tanto en sociais coma en naturais imos facer sendos traballos que poden ser presentados en calquera formato: muráis, lapbook, libro… O material que empreguemos para realizar os traballos será o que teñamos na casa.


Os sentidos (naturais)
Tedes que traballar os seguintes puntos mediante explicacións, debuxos, fotos…
·      Funcións vitais.
·      Os sentidos: órganos, partes e como funcionan.
·      Coidados.

A auga na terra (sociais)
Tedes que traballar os seguintes puntos mediante explicacións, debuxos, fotos…
·      A hidosfera
·      A auga salgada na terra
·      A auga doce na terra
·      As mareas e as correntes
·      curso do río
·      Os principais ríos de España 
Utilizade os libros e os cadernos para axudarvos.
Tanto para os traballos de sociais e naturais hai que traballar os puntos marcados. Si queredes a eses podedes engadille máis pero sempre relacionados co tema.


LINGUA GALEGA (actividades para esta semana)

·      Exercicios de comprensión lectora do texto “O importante é participar”
Podedes descárgalo pinchando no título do texto. 
As actividades podédelas facer na ficha, no caso de que poidas imprimir o documento, ou no caderno de lingua anotanto o número do exercicio a resover.
·      Actividades de repaso do Tema 7. Páxina 134 exercicios 1, 2, 3 e 4.
·      As nenas e nenos de 4ºA farán as actividades de ortografía da páxina 130 relacionadas co uso do X e do S. Copiarán o lembra e farán as actividades 1-5.

LENGUA CASTELLANA (actividades para esta semana)

·      Exercicios de comprensión lectora do texto "¡Cuidemos la vista!”
Podedes descárgalo pinchando no título do texto. 
As actividades podédelas facer na ficha, no caso de que poidamos imprimir o documento, ou no caderno de lengua castelá anotanto o número do exercicio a resover.
·      Actividades de repaso do Tema 7. Páxina 144 exercicios 1, 2, 3, 4 e 5.

MATEMÁTICAS (actividades para esta semana)

·      Actividades de repaso do tema 8 páxina 120 exercicios 1-15 (as nenas e nenos de 4ºB rematar os exercicios 1,2 e 5 que fixemos a metade).
· 
LIBRO DE LECTURA 4ºB Cada día leeremos un pouquiño do libro "Escarlatina, a cociñeira cadáver" un capítulo diario estaría xenial.