laurarios@vinclan.com
_______________________________
Semana do 1 o 5 de xuño
"Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
___________________________________
25/05/2020
___________________________________________
16/05/2020
Semana do 1 o 5 de xuño
Este venres 5 de xuño é o día do
medio ambiente.
É moi importante coidar e amar o
noso planeta e a nosa terra. Manuel María, nun dos seus máis fermosos poemas expresa
verdadeiro amor a Galiza. Temos unha boa semana por diante para telo moi
presente.
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!"
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!"
___________________________________
25/05/2020
CONCURSO XOGA COAS MANCIÑAS
Este concurso da visibilidade as persoas con diversidade
sensorial e dinamiza a nosa lingua.
Todos podedes participar! Deixamos no seguinte enlace as
bases do concurso. Como no se le moi ben resumímolas a continuación.
→ O alumnado deberá realizar un retrato dunha persoa
relevante con diversidade funcional.
→ O retrato será tamaño A4 e nel figurará o nome da persoa retratada.
→ O alumnado de primaria ademais escribirá un pequeno texto sobre a persoa retratada que non debe ocupar máis dun folio. Será en lingua galega. Infantil soamente faría o retrato co nome.
→ As familias deberá autorizar a divulgación do material.
→ Enviar aos traballos a: mancinhas@organizacionxoga.org antes do 8 de xuño.
→ O retrato será tamaño A4 e nel figurará o nome da persoa retratada.
→ O alumnado de primaria ademais escribirá un pequeno texto sobre a persoa retratada que non debe ocupar máis dun folio. Será en lingua galega. Infantil soamente faría o retrato co nome.
→ As familias deberá autorizar a divulgación do material.
→ Enviar aos traballos a: mancinhas@organizacionxoga.org antes do 8 de xuño.
Na pestana de Orientación podedes coñecer a Malala, unha
moza maravillosa que quedaría xenial nos vosos retratos.
___________________________________________
16/05/2020
FELIZ DÍA DAS LETRAS
Todos os anos OZOCOgz
fai unha carauta do homenaxeado polas Letras Galegas. Traémosvos a versión en
branco e negro para que a pintedes como máis vos guste.
Abaixo tendes a
ligazón ao pdf para que poidades baixala e imprimila.
____________________________________________
15/05/2020
Hoxe deixámosvos tres obras preciosas de dous compañeiros e unha compañeira. Durante este curso traballaron o libro "As pitas baixo a choiva" de Carbalho Calero. Este autor é o homenaxeado este 17 de maio como xa sabedes. Dende aquí dámoslle as grazas aos tres, por estes bonitos traballos e por axudar durante todo o curso a dinamizar a lingua no noso centro.
Feliz día das letras galegas a todos, que o día das nosas letras sexa cada día.
ADRIÁN 6ºA
AROA 3ºA
JACOBO 5ºA
MOITAS GRAZAS
___________________________________________________________
13/05/2020
A Real Academia das Letras celebra A
Primavera das Letras. Invitámosvos a mergullarvos na páxina para compartir este
festexo.
Nela poderedes atopar información sobre este 17 de maio, sobre Carvalho
Calero e sobre a súa obra. Tamén
poderedes realizar tarefas divertidas e ata descargar un marcapáxinas.
Actividades descargables:
Actividades en rede:
________________________________________________________________
12/05/2020
Boas camaradas!
Seguimos coa celebración das LETRAS
GALEGAS. O día das nosas letras debe ser cada día pero esta semana presumiremos
un pouco máis de lingua.
Deixámosvos un link para ler o conto “As
pitas baixo a choiva” de Carvalho Calero. Como xa sabedes, este é o autor homenaxeado
este 17 de maio.
Agardamos que vos guste!
________________________________________________________
11/05/2020
O próximo domingo 17 de maio, celebraremos o Día das Letras Galegas, e o escritor homenaxeado neste ano 2020 é Ricardo Carvalho Calero. Queremos comezar a semana compartindo diferentes materiais para traballar a súa vida e obra.
O Seminario Galán nos ofrece recursos para coñecer un pouquiño máis a este autor. Podedes consultalos nos seguintes enlaces organizados por cursos:
__________________________________________________
23/04/2020
Ola de novo! Xa chegou, xa está
aquí o Día do Libro!
Para que vexades como se fai,
imos deixarvos un vídeo cos pasos, é moi, moi sinxelo e seguro que vos
divertides facéndoa! Envíadenos os vosas taciñas, seguro que vos quedan xenial!
____________________________________________________________
22/04/2020
Boas camaradas,
Como vai todo? Agardamos que ben. Estades facéndoo xenial.
Seguimos con propostas para conmemorar o día do libro e ocorréusenos
que un bo libro pode ser un bo amigo durante o confinamento. Quizais un libro
vos poida divertir, entreter e facer soñar. Soamente hai que dar co libro
axeitado. O Diario Nós danos a opción de ler libros gratis dende o ordenador.
Se alguén se anima deixamos o enlace para que lle botedes un ollo.
Outra cousiña que pensamos que vos podería gustar é o
deseño de portadas. Cal é o teu conto ou libro favorito en galego? Animámoste a
que deseñes unha portada alternativa para ese libro.
Isto é todo até o momento.
Saúde e terra
____________________________________________________________
21/04/20 laurarios@vinclan.com
Boas camaradas,
Queríamos compartir con tod@s o traballo de Xiana García de 1º A.
Noraboa Xiana! Quedou moi chulo! Moitas grazas!
En breve colgaremos novas actividades. Oxalá vos animen a participar. Unha aperta!
Saúde e Terra
____________________________________________________________-
17/04/20 laurarios@vinclan.com
Benvidos camaradas!
Benvidos camaradas!
Agardamos que vós e todas as persoas que queredes esteades
ben. Sabemos que a situación non é fácil
e tamén vos botamos moito de menos. Pero temos a certeza de que o estades
facendo xenial e de que queda menos para que todo isto remate.
Este equipo, como xa saberedes, esta formado por un grupo
de mestras que propoñen actividades na nosa lingua. Somos a profe Dolo, a profe
Lorena, a profe Silvia, a profe Cris, Sandra e a profe Laura.
O día 23 de abril é
o día do libro, por iso estes días vamos a colgar neste blog algunha cousiña
que nos pareceu interesante para conmemorar esta data. Agardamos que vos
gusten, que vos axuden a pasar o tempo e que as disfrutedes moito. Elixide as
que máis vos gusten. Comezamos coas dúas primeiras:
-
Facer un marcapáxinas. Deixámosvos dous modelos moi chulos
de Ardia 2020.
-
Razóns para ler. Podedes contarnos as vosas razóns para
ler e colorear o debuxo da ficha.
Se non tedes tinta na impresora podedes copiar e debuxar
vos mesmos. Seguro que quedan xenial.
Saúde e Terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario